Petros Márkaris, nado en Istambul o 1 de xaneiro de 1937, é un tradutor, dramaturgo, guionista e narrador grego, coñecido especialmente polas súas novelas policíacas protagonizadas polo comisario Costas Kharitos.

Infotaula de personaPetros Márkaris
Biografía
Nacemento(hy) Bedros Markaryan Editar o valor em Wikidata
1 de xaneiro de 1937 (87 anos)
Istambul Turquía Turquía
Datos persoais
ResidenciaKypseli, Athens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeGrecia (1974–)
Turquía Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoArmenians in Istanbul (en) Traducir e gregos en Turquía Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt. George's Austrian High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , escritor , tradutor , guionista , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPoesía, narrativa, tradución
Influencias
Pseudónimo literarioPetros Markaris Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca, lingua grega moderna, lingua alemá e lingua grega Editar o valor em Wikidata
Premios
Pepe Carvalho

IMDB: nm0548316 Allocine: 41341 Allmovie: p239983
Musicbrainz: a9c715d3-d34a-4a07-ad30-c9c8769df87e Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Turquía nunha familia cristiá, de pai armenio (comerciante) e nai grega (ama de casa). Estudou secundaria no colexio austríaco de San Xurxo de Istambul, e despois estudou Economía en Grecia, Turquía, Alemaña e Austria antes de se especializar na cultura alemá e adicarse á tradución de autores como Bertolt Brecht, Thomas Bernhard ou Arthur Schnitzler. Foi moi eloxiada a súa tradución de Fausto de Goethe.

Reside en Atenas desde a década de 1950. Como membro da minoría armenia, durante moitos anos non tivo cidadanía ningunha; obtivo a grega logo da caída da Ditadura dos Coroneis e o retorno da democracia en 1974, xunto co resto dos armenios que vivían en Grecia.[1]

Comezou a súa carreira literaria en 1965 como dramaturgo, coa peza Η ιστορία του Αλή Ρέτζο. Desde entón escribiu teatro, guións cinematográficos -coescribiu cinco filmes canda o director Theo Angelopoulos- e a súa famosa serie detectivesca do comisario Charitos, traducida a varios idiomas. Creou o detective Costas Kharitos, un desenganado policía ateniense, para facer unha representación crítica —que el cualifica de brechtiana—, da sociedade actual, logo de escribir durante varios anos os guións da serie televisiva Anatomía dun crime.

Obra editar

Narrativa editar

  • Νυχτερινό Δελτίο (1995)
  • Άμυνα ζώνης (1998)
  • Ο Τσε αυτοκτόνησε (2003)
  • Βασικός Μέτοχος (2006)
  • Παλιά, Πολύ Παλιά (2008)
  • Ληξιπρόθεσμα Δάνεια (2010)
  • Περαίωση (2011)
  • Ψωμί, Παιδεία, Ελευθερία (2012)
  • Τριημερία (2015)

Cine editar

Premios editar

  • VII Premio Pepe Carvalho (2012) por Ληξιπρόθεσμα Δάνεια.[2]
  • Medalla Goethe (2013)

Notas editar

  1. Petros Márkaris, Κατ΄ εξακολούθηση, Εκδ. Πατάκη 2006, p.48.
  2. "Petros Márkaris gana el VII Premio Pepe Carvalho", artigo de Rosa Mora en El País, 3 de outubro de 2011 (en castelán).