Peto real

especie de paxaro

O peto real (Dendrocopos major) é unha ave da familia dos petos (Picidae). É o peto máis común en Europa.

Peto real

Macho adulto


Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Neoaves
Orde: Piciformes
Familia: Picidae
Subfamilia: Picinae
Tribo: Dendropicini
Xénero: Dendrocopos
Especie: D. major
Nome binomial
'Dendrocopos major'
(Linnaeus, 1758)

Sinonimia

Dendrocopos submajor
Dryobates major

Descrición editar

O peto real mide uns 23 cm. de longo e as súas ás acadan os entre 34 e 39 cm. de envergadura. Pesan entre 60 e 90 g. A plumaxe é negra na parte superior do corpo, con dúas grandes manchas brancas nas ás. A parte inferior do corpo e gris amarelada, co ventre de cor vermella. Os machos teñen unha mancha vermella na caluga. As meixelas son de cor branca, e están separadas da gorxa por unha lista negra. As plumas inferiores da cola son vermellas brillantes, que é negra, agás as dúas plumas exteriores de cada lado, que son negras e brancas. O peteiro é da cor do xisto, e as patas son grises averdesadas.

Teñen unllas moi afiadas e curvas nos dedos agatuñadores, ó casqueiro das árbores.coas que se suxeitan ó cortizo das árbores. Dúas unllas están dirixidas cara a adiante e dúas cara a atrás. A súa pel e moi grosa para protexe-lo das picaduras dos insectos. Unha ligazón flexible entre a ampla base do peteiro e o cranio, absorbe as vibracións producidas cando fai furados na madeira co bico. Os fortes músculos que controlan a cola, facilítanlle a estabilidade e a posición vertical mentres esta a perforar as árbores. Para evitar que poida respirar o po de madeira producido cando fai os buratos, os orificios nasais están cubertos por plumas finas.

Distribución xeográfica editar

O peto real aniña en toda Europa, agás en Grecia, en Irlanda, en Islandia, no norte da Escandinavia e no norte e no sur de Rusia. Tamén aniña no norte e leste de Asia. Aparece tamén nos montes Atlas no noroeste de África, en Anatolia, o Cáucaso e o norte de Irán. As poboacións das zonas máis ó norte son polo menos parcialmente migratorias. O resto son sedentarias. Na Península Ibérica é bastante abondoso, aínda que é máis común no interior que na beiramar.

Poboación en Galicia editar

O peto real é bastante común en Galicia, aniña dende a beiramar ata os 1400m de altura, sendo máis común no interior que nas zonas costeiras. Está clasificado como ave de interese especial.

Hábitat editar

É un dos petos menos especializados, o que lle permite acceder a biótopos máis variados: vive tanto en bosques de folla caduca como perenne, pero ás veces aparecen mesmo en parques e en terras de cultivo, se dispoñen de árbores as beiras dos camiños, vexetación plantada como cortaventos ou pequenos grupos de árbores. Habita mesmo en zonas verdes dalgunhas cidades. O seu hábitat óptimo son os bosques con árbores vellos e mortos.

Alimentación editar

Aliméntase basicamente de insectos adultos e larvas que captura na casca das árbores, atrapándoos coa súa lingua longa e pegañenta.. No inverno, perante a escaseza de insectos comen froitos secos, bagas e sementes. Despois de arrincar das árbores pinas e outros froitos de casca dura lévanos a un burato axeitado nunha pola que utilizan para suxeitalos e abrilos. Estes mesmas "ingres" utilízanas para rompela casca dura de escaravellos grandes. Ocasionalmente tradean caixas de facer niños e comen os ovos ou as crías doutros paxaros.

Sons e chamadas editar

O son que mellor permite localizar ós petos e o que fan cando furan na madeira co seu bico, mentres procuran alimento. Unha serie rápida, duns dous segundos de duración, de entre 10 e 15 golpes serve tamén para atraer a atención das femias. Estas series poden escoitarse xa durante o inverno. Os machos comezan o seu repique axiña que teñen acabado o furado para face-lo niño, e aproveitan calquera corpo que lles faga de caixa de resonancia, coma troncos ou polas ocos, para amplificalo. O bater do bico do macho contra a madeira que, o longo do ano, está composto de series de entre 10 e 20 golpes, faise durante a época de aparellamento máis frecuente e componse de series máis longas.. Tamén se deixan escoitar as femias, para se facer notar cando se atopan no territorio dun macho. As cerimonias de cortexo serven, coma noutras especies de animais solitarios para evitar agresións, aínda que nela se inclúen xestos de ameaza como amosar o peteiro aberto e ourizar as plumas.

A chamada do peto real e un "kick" ou "kiks".áspero que poden repetir ata 120 veces por minuto para marca-lo seu territorio.

Reprodución editar

 
Dendrocopos major

Coma tódolos petos fan os niños en furados que constrúe el mesmo. Para facelos prefire árbores de madeira branda e árbores vellas e podres. Comeza varios buratos antes de acabar o definitivo. Poñen entre 4 e 7 ovos brancos que chocan entre 11 e 13 días. Os polos son alimentados 3 ou catro semanas,. Na segunda fase da cría os niños son doados de localizar polos chíos continuos dos pitos pedindo alimento.

Nomes noutras linguas editar

  • Parella de petos reais alimentando aos seus polos en Gotland
    Alemán: Buntspecht
  • Danés: Stor flagspætte
  • Español: Pico picapinos
  • Inglés: Great Spotted Woodpecker
  • Finés: Käpytikka
  • Francés: Pic épeiche
  • Italiano: Picchio rosso maggiore
  • Neerlandés: Grote bonte specht
  • Noruegués: Flaggspett
  • Ruso: Bolxoi piostry diatel
  • Sueco: Större hackspett

Galería de fotos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. BirdLife International (2012). "Dendrocopos major". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.