Peter Wyon

gravador inglés de moedas e medallas
Para outros membros desta familia de medallistas ingleses, véxase a páxina de homónimos Wyon

Peter Wyon, nado en 1767 e finado en Birmingham en 1822, foi un deseñador de moeda, gravador de cuños e medallista inglés.

Peter Wyon
Nacemento1767 e 1769
Falecemento1822
  Birmingham
ÁreaDeseño e gravado de moedas e medallas.
Obras- Moedas privadas e locais (tokens) británicas.
- Medallas británicas.
NacionalidadeBritánica
ProxenitoresGerge Wyon.
FillosWilliam Wyon.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Peter Wyon pertencía a unha familia orixinaria de Colonia, e instalada en Birmingham, cunha longa tradición de gravadores de cuños iniciada polo seu avó.[1] O seu pai era George Wyon (finado en 1795), un gravador de cuños e prateiro que traballara para Matthew Boulton desde 1775.[2][3]

Peter herdou as habelencias do seu pai como gravador, xunto co seu irmán máis vello, Thomas, e ambos tiveron negocios xuntos durante un tempo curto en 1796. Cando o seu irmán decidiu marchar a Londres en 1800, Peter decidiu permanecer en Birmingham traballando con Boulton na súa factoría de Soho.[3][4]

Peter Wyon casou con E. Avery, irmá da esposa do seu irmán Thomas. O seu fillo, William Wyon, continuou a estirpe de medallistas e chegou a ser gravador xefe da Royal Mint, de Londres.[3][4]

Peter Wyon formou parte da Royal Birmingham Society of Artists.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Flynn, B. (2014). RBSA: A Place for Art: The story of the Royal Birmingham Society of Artists. Birmingham. Páxinas 52, 24. ISBN 978-0993029400
  2. "Wyon, George (III)". En Forrer, L. (1916). Páxina 587.
  3. 3,0 3,1 3,2 Forrer, L. (1916).
  4. 4,0 4,1 Carlisle, N. (1837). Páxinas 33, 36.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar