Peter Benenson

avogado británico, fundador de Amnistía Internacional.

Peter James Henry Solomon Benenson, nado en Londres o 31 de xullo de 1921 e finado en Oxford o 25 de febreiro de 2005, foi un avogado británico, fundador de Amnistía Internacional.

Infotaula de personaPeter Benenson
Nome orixinalPeter James Henry Solomon Benenson
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1921 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 2005 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Secretary-General of Amnesty International (en) Traducir
1961 – 1966 – Eric Baker (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónBalliol College, Oxford (pt) Traducir
Eton College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , Activista polos dereitos humanos , político , xurista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAmnistía Internacional Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiFlora Solomon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
...A súa vida foi un testamento valente do seu compromiso visionario para loitar contra a inxustiza no mundo... el sacou á luz a escuridade das prisións, o horror das cámaras de tortura e a traxedia dos campos de concentración de todo o mundo.

Irene Khan, secretaria xeral de Amnistía Internacional 2005

Traxectoria editar

Peter Benenson estudou historia na Universidade de Oxford. O seu gusto pola controversia aflorou axiña, cando formulou unha queixa diante do director da súa escola pola deficiente calidade da comida escolar, o que deu lugar a que se lle enviase unha carta á súa nai, na que se lle advertía sobre as "tendencias revolucionarias" do seu fillo. Aos 16 anos lanzou a súa primeira campaña: Acadar apoio escolar, durante a Guerra civil española, para o comité de Axuda a España, que axudaba os orfos da guerra civil española, sen dúbida influenciado pola lectura de Arthur Koestler Spanish Testament, na que se describían os horrores da represión franquista. El mesmo afillou un bebés e contribuíu a sufragar a súa manutención. Logo adicou atención á situación dos xudeus que fuxían da Alemaña de Hitler. A pesar de certa oposición, conseguiu que os seus amigos de colexio e as súas familias recadaran 4.000 libras esterlinas para traer dous mozos alemáns xudeus á Gran Bretaña, co que probablemente salvou as súas vidas.

Incorporouse ao exército británico, onde traballou na oficina de prensa do Ministerio de Información. Despois abandonou o exército e principiou a exercer a avogacía. Afiliouse o Partido Laborista e converteuse en membro destacado da sociedade de avogados laboristas. O congreso de sindicatos británico enviouno a España como observador de xuízos de sindicalistas a comezos dos anos cincuenta. Benenson horrorizouse do que presenciou e nun dos xuízos elaborou unha lista de denuncias que expuxo ó xuíz. O xuízo resolveuse coa absolución dos acusados, unha excepción na España fascista daqueles anos. Estas actividades comezaron a atraer unha reputación internacional.

No ano 1961, con corenta anos, le un xornal no metro de Londres e chámalle poderosamente a atención un artigo; nel cóntase a traxedia de dous estudantes portugueses encarcerados por brindar pola liberdade. Sete anos de prisión foi a pena na Portugal do ditador Salazar. Benenson non aturaba a cólera que lle produciu aquilo. Saíu do metro e entrou na igrexa de Saint Martin in the Fields. Alí rezou a "todos os deuses de todos os mundos" e chegou a unha triste conclusión: "A loita dun só home non vale nada".

Os membros da sección portuguesa de Amnistía Internacional levaron a cabo unha minuciosa investigación sobre as persoas detidas e procurando nos arquivos do Ministerio do Interior descubriron que Ivone Lourenço e outro estudante amigo seu foron os únicos condenados a sete anos de prisión naquela época. Ivone Lourenço, lembra a chea de mensaxes de solidariedade que chegaron de todo o mundo; porén, nega ser unha das persoas detidas, e prefire dicir que "ese estudante é unha lenda sen nome". Seis meses despois escribiu a David Astor, redactor do xornal The Observer de Londres, e que publicara o artigo o 28 de maio de 1961 na primeira páxina, facendo un chamado á acción internacional. Expuña os casos de oito presos políticos encarcerados polas súas crenzas relixiosas ou ideas políticas. Entre eles figuraba o doutor Agostinho Neto, poeta e médico angolano que posteriormente chegaría a ser o primeiro presidente do país independente de Angola. Ao doutor Agostinho Neto, para reprimilo nas súas actividades políticas, as autoridades azoutárano diante da súa familia e encarcerárono reiteradamente.

Inspirado no vivido, Peter Benenson resolveu no que pronto foi coñecido como "a república da conciencia": un movemento cidadán que abarcaba todo o mundo e cuxo obxectivo era poñer ao descuberto e facer fronte ás inxustizas dos gobernos. O nome da organización foi Appeal for Amnesty ("Chamamento pola Amnistía") do que logo, un ano despois se convertería en Amnistía Internacional. Iniciada en Londres por un grupo de avogados, escritores e editores que compartían a convicción expresada por Voltaire: "Detesto as túas ideas, pero estou disposto a morrer polo teu dereito a expresalas".

Durante os primeiros anos, Benenson traballou incansablemente para o novo e florecente movemento, aportando boa parte da indispensable axuda económica, participando persoalmente nas visitas de investigación a diversos países e desempeñando un importante papel en todos os asuntos da organización. "Naqueles tempos máis tarde estabamos dando os nosos primeiros pasos e faciamos camiño ao andar. Probabamos todas as técnicas de publicidade e estabamos moi agradecidos pola axuda que nos proporcionaban os xornalistas e os equipos de televisión de todo o mundo, que non só nos enviaban información cos nomes dos presos senón que, sempre que podían, ofrecían espazo para os artigos sobre presos. Considero que foi o traballo publicitario de Amnistía Internacional o que conseguiu a súa popularidade, no só para os lectores de todo o mundo, senón para os gobernos. E iso é o que importa."

Fundou unha sociedade para persoas que, comoael, padecían da enfermidade celíaca. Na década dos oitenta converteuse en presidente da acabada de crear asociación de cristiáns contra a tortura, e a principios dos noventa organizou axuda para os orfos da Romanía de Ceaușescu.

Nunca perdeu o seu entusiasmo por Amnistía Internacional e a mediados dos oitenta volveu desempeñar un papel activo no movemento como voceiro e activista. Non obstante, non sempre estivo de acordo coa política da organización. Por exemplo, desaprobou publicamente a decisión de non adoptar como preso de conciencia a Mordechai Vanunu, o cidadán israelí encarcerado por revelar o programa de armamento nuclear do seu país.

Cando se cumpría o vinte e cinco aniversario de Amnistía Internacional, Benenson tivo unha idea: prendeu unha candea con arame de espiño enroscado en Saint Martin in the Fields. Foi o símbolo que se convertería no logotipo da organización. "A candea", dixo entón Benenson, "a primeira vez que a prendín tiña en mente un vello proverbio chinés: é mellor acender unha candea que maldicir a escuridade... A candea non arde para nós, senón para quen non puidemos rescatar da prisión, para quen foron tiroteados de camiño ao cárcere, para quen foron torturados, para quen foron secuestrados, para quen "desapareceron". Para eles é esta candea". O artigo escrito en maio de 1961, constituíu a acta fundacional de Amnistía Internacional.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar