Gerard Carlton "Pete" Lovely, nado en Livingston (Montana) o 11 de abril de 1926 e finado en Tacoma o 15 de maio de 2011, foi un piloto de carreiras e empresario estadounidense.

Infotaula de personaPete Lovely
Biografía
Nacemento11 de abril de 1926 Editar o valor em Wikidata
Livingston, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 2011 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Tacoma, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O 9 de novembro de 1957, Lovely gañou a primeira carreira realizada en Laguna Seca, pilotando un Ferrari.[1] Lovely participou en 11 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutando o 10 de maio de 1959. Non logrou puntos de campionato. Foi coñecido principalmente na súa carreira de Fórmula Un por competir con varios automóbiles privados en eventos do Campionato do Mundo (normalmente participou baixo a bandeira de "Pete Lovely Volkswagen"), incluíndo un híbrido feito a partir dun Lotus 69 de Fórmula 2 equipado cunha especificación de Fórmula Un, 3.0L Cosworth DFV motor V8. Logo da súa retirada de Fórmula Un, participou en varios tipos de carreiras nos Estados Unidos ata os anos 80. A andaina nas carreiras de Lovely durou máis de 50 anos, e continuou participando nos eventos Vintage e Históricos nos anos 2000.

Carreira profesional editar

Lovely inaugurou "Pete Lovely Volkswagen", un concesionario de Volkswagen en Fife, Washington en 1954 e dirixiuno durante 34 anos. Tamén foi propietario de "Pete Lovely Racing" que restauraba coches de carreiras vintage.[2]

Lovely morreu en Tacoma, Washington.

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Puntos
1959 Team Lotus Lotus 16 Climax 4 en liña MON
NSC
500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0
1960 Fred Armbruster Cooper T45 Ferrari 4 en liña ARX MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA
11
NC 0
1969 Pete Lovely Volkswagen Inc. Lotus 49B Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE ITA CAN
7
USA
Ret
MEX
9
NC 0
1970 Pete Lovely Volkswagen Inc. Lotus 49B Cosworth V8 RSA ESP MON BEL NED
NSC
FRA
NSC
GBR
NC
ALE AUT ITA CAN USA
NSC
MEX NC 0
1971 Pete Lovely Volkswagen Inc. Lotus 69 Special Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN
NC
USA
NC
NC 0

Notas editar

  1. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009. Consultado o 2009-10-07. 
  2. Hamai, Kiyoshi. "lovelyvisit". gglotus.org (en inglés). Consultado o 2018-07-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar