Peso mexicano
Peso mexicano
Código:MXN
Ámbito: México
Símbolo:$
Fracción:100 centavos (¢)
Moedas:5,10, 20, 50 centavos
1, 2, 5, 10, 20, 100 pesos
Billetes:20, 50, 100, 200, 500, 1000 pesos
Emisor:Banco de México
Taxa de troco:
10-08-2011
1 EUR = 17,4604 MXN
1 USD = 12,162 MXN
Troco actual

O Peso Mexicano é a moeda oficial de México.

Características editar

Está dividido en 100 centavos. O símbolo utilizado para o peso é $, e o do centavo é ¢. O código ISO 4217 do peso mexicano é MXN. Debido a que o nivel de exportacións de México é moi elevado, o peso mexicano é unha das quince divisas máis cotizadas do mundo.

A institución que se encarga da emisión e o control do peso é o Banco de México (Banco de México). Circulan billetes de 1.000, 500, 200, 100, 50 e 20 pesos e moedas de 10, 5, 2 e 1 pesos e de 50, 20, 10 e 5 centavos. Tamén hai emisións especiais de moedas de 20, 50 e 100 pesos, de escasa circulación.

Historia editar

As moedas de peso foron fabricadas dende o 11 de maio de 1535 pola Casa de Moeda de México en prata. Polo seu valor en prata, o peso foi utilizado non só á Nova España senón internacionalmente, e pódense atopar pesos á China ou ás Filipinas. O 1785, despois da independencia dos Estados Unidos, o peso converteuse na moeda de curso legal de toda a América do Norte, e foi a base do sistema do dólar americano, que non foi fabricado senón até ao 1792, e o cal utilizou o símbolo do peso, $. O peso foi aceptado como a moeda de curso legal aos Estados Unidos até ao 1857 e ao Canadá até ao 1858.

A diferenza do resto das nacións latinoamericanas, durante a maior parte do Século XX o peso mexicano foi unha divisa moi estábel, porén, despois da crise mundial do petróleo dos anos setenta e oitenta, o peso devaluouse en diversas ocasións. O 1993 introduciuse un novo sistema monetario coñecido como o Nuevo peso, "Novo peso", que substituía os "Antigos" pesos a razón de 1 novo peso por cada 1.000 antigos. Non obstante iso, o adxectivo "novo" non é utilizado dende 1996. Hoxe en día México, por medio dunha ampla política de abertura comercial, tense convertido nunha potencia exportadora, o cal ten feito que o peso sexa unha moeda moi estábel e unha das 15 moedas máis cotizadas do mundo.

Moedas que estiveron en circulación editar

Na derradeira serie de pesos anterior a 1992 emitíronse moedas con faciais comprendidos entre 1 centavo e 5,000 pesos. Nas distintas épocas, tanto as aliaxes como os tamaños e os valores mudaban as súas características técnicas, principalmente á inflación da década de 1970 e 1980. Estas moedas aínda poden ser trocadas polo seu equivalente en pesos actuais en 414 centros de troco dentro do país, so certas regras.

Moedas actualmente en circulación editar

Denominación ($) Data de inicio de circulación Metal Forma Diámetro Deseño ao anverso Deseño ao reverso
Anel Centro
5 centavos 1992 a 2002 Aceiro Inoxidábel
Circular
15.5 mm Escudo Nacional Estilización dos raios solares do anel dos Quincunces da Pedra do Sol.
10 centavos 1992 Aceiro Inoxidábel
Circular
17 mm Escudo Nacional Estilización do anel do Sacrificio da Pedra do Sol.
20 centavos 1992 Bronce - Aluminio
Dodecagonal
19.5 mm Escudo Nacional Estilización de Ácatl, (13) Décimo terceiro día da Pedra do Sol.
50 centavos 1992 Bronce - Aluminio
Dodecagonal lobulada
22 mm Escudo Nacional O Anel da aceptación da Pedra do Sol
1 peso 1992 Aceiro Inoxidábel Bronce - Aluminio
Circular
21 mm Escudo Nacional O Anel do resplandor da Pedra do Sol
2 pesos 1992 Aceiro Inoxidábel Bronce - Aluminio
Circular
23 mm Escudo Nacional O anel dos días da Pedra do Sol
5 pesos 1992 Aceiro Inoxidábel Bronce - Aluminio
Circular
25.5 mm Escudo Nacional O Anel das serpentes da Pedra do Sol
10 pesos 1992 a 1995 Bronce - Aluminio Prata Sterling
1/6 Onza
Circular
28 mm Escudo Nacional O círculo da Pedra do Sol
1997 Alpaca
2000 a 2001 Ano 2000 O Círculo da Pedra do Sol
20 pesos 1993 a 1995 Bronce - Aluminio Prata Sterling
1/4 Onza
Circular
32 mm Escudo Nacional Miguel Hidalgo y Costilla
2000 a 2001
Cuproníquel
Ano 2000 Señor da Lume
Octavio Paz
50 pesos 1993 a 1995 Bronce - Aluminio Prata Sterling
1/2 Onza
Circular
38.5 mm Escudo Nacional Nenos Heroes
100 pesos 2003 Bronce - Aluminio Prata Sterling
1/2 Onza
Circular
39 mm Escudo Nacional Motivos dedicados aos 32 Estados de México
2005 (80) Octoxésimo Aniversario do Banco de México
(400) Cuadrinxentésimo Aniversario da 1ª Edición de O Enxeñoso Fidalgo Don Quixote da Mancha
(470) Cuadrinxentésimo Septuaxésimo Aniversario da Casa de Moeda de México
(100) Centésimo Aniversario da Reforma Monetaria de 1905
2006 (200) Bicentenario do Natalicio de Benito Juárez

Billetes editar

Serie actual ou Billetes tipo F (2006-2010)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
20 pesos Azul 120 x 66 mm Benito Juárez Pirámides de Monte Albán
50 pesos Rosa 127 x 66 mm José María Morelos Acueduto de Morelia
100 pesos Vermello e amarelo 134 x 66 mm Nezahualcóyotl Tenochtitlán
200 pesos Verde 141 x 66 mm Sor Juana Inés de la Cruz Hacienda de Panoayansmall
500 pesos Marrón 148 x 66 mm Diego Rivera Frida Kahlo
1.000 pesos Violeta 155 x 66 mm Miguel Hidalgo Universidade de Guanajuato

Billetes conmemorativos do 2010 editar

O Banco de México puxo en circulación o 23 de setembro 50 millóns de billetes de 200 pesos conmemorativos do Bicentenario da Independencia de México, e 50 millóns de 100 pesos para celebrar o Centenario da Revolución Mexicana.[1] Hai que sinalar que estes billetes conmemorativos non substituirán aos que actualmente están en circulación, senón que coexistirán con eles, e o Banco Central os retirará cando teñan concluído a súa vida útil.

Billetes conmemorativos do 2010
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
100 pesos Vermello e amarelo 134 x 66 mm Tren que transportaba tropas revolucionarias Parte do mural "Del porfirismo a la Revolución"
200 pesos Verde e vermello 141 x 66 mm Miguel Hidalgo co Estandarte da Virxe de Guadalupe Anxo da Independencia

Taxas de troco editar

  • 1 EUR = 18,86 MXN (4 de agosto do 2009)
  • 1 USD = 13,11 MXN (4 de agosto do 2009)

Notas editar

  1. "Presentan billetes conmemorativos del Centenario y Bicentenario". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 10 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar