A pesca con mosca é unha modalidade de pesca na que a isca é unha mosca artificial realizada artesanalmente con plumas e que leva un anzol.

A troita, unha das capturas máis común desta modalidade de pesca

Consiste en arrebolar a mosca sen ningún tipo de chumbo cuns rápidos movementos cara a atrás e adiante, e ten que caer suavemente na superficie da auga, coma se fose un auténtico insecto que acaba de caer aínda vivo sen saber o que lle agarda debaixo da auga, presto a dar un chimpo ao aire e atrapalo entre a dentame. As capturas son normalmente troitas.

O máis semellante á pesca con mosca que se practicaba en Galicia pode ser o Floreo, posiblemente orixinario da Terra Cha[Cómpre referencia]. Se ben a modalidade da pesca con mosca vén importada de países como Inglaterra ou os EUA. O motivo do éxito entre os pescadores galegos é fundamentalmente a espectacularidade das picadas e as fermosas pelexas que se manteñen entre o pescador e o peixe.