Pervez Musharraf (en urdú پرويز مشرف), nado en Delhi o 11 de agosto de 1943 e finado en Dubai o 5 de febreiro de 2023, foi un militar e político paquistaní, presidente de Paquistán dende o 20 de xuño de 2001 ata a súa dimisión o 18 de agosto de 2008, aínda que xa asumira o goberno do país despois do golpe de estado do 12 de outubro de 1999.

Infotaula de personaPervez Musharraf

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ur) پرویز مشرف Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata
Delhi (Imperio Británico) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de febreiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
American Hospital Dubai, Emiratos Árabes Unidos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Amiloidose Editar o valor em Wikidata)
10º Presidente de Paquistán
20 de xuño de 2001 – 18 de agosto de 2008
← Muhammad Rafiq TararMuhammad Mian Soomro →
Primeiro ministro de Paquistán
12 de outubro de 1999 – 21 de novembro de 2002
← Nawaz Sharif (pt) TraducirZafarullah Khan Jamali (pt) Traducir →
Defence Minister of Pakistan (en) Traducir
12 de outubro de 1999 – 23 de outubro de 2002
← Nawaz Sharif (pt) TraducirRao Sikandar Iqbal (pt) Traducir →
Chairman Joint Chiefs of Staff Committee (en) Traducir
8 de outubro de 1998 – 7 de outubro de 2001
← Jehangir Karamat (en) TraducirAziz Khan (en) Traducir →
Chief of Army Staff (en) Traducir
6 de outubro de 1998 – 28 de novembro de 2007
← Jehangir Karamat (en) TraducirAshfaq Parvez Kayani (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAncara (1949–1956)
Karachi (1947–1949)
Delhi (1943–1947) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadePaquistán (1947–2023)
Raj Británico (1943–1947) Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Patrick's High School, Karachi (1957–2023)
Royal College of Defence Studies
National Defence University (en) Traducir
Pakistan Military Academy (en) Traducir
Forman Christian College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , financeiro , militar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorCommand and Staff College (en) Traducir
National Defence University (en) Traducir
Exército do Paquistão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLiga Musulmá de Paquistán (–2010)
All-Pakistan Muslim League (en) Traducir (2010–2023) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua urdú, lingua inglesa e lingua turca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército do Paquistão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra Indo-Paquistanesa de 1965 (pt) Traducir, Guerra Indo-Paquistanesa de 1971 (pt) Traducir, Conflito no Baluchistão (pt) Traducir, Guerra no Noroeste do Paquistão (pt) Traducir, Golpe de Estado no Paquistão em 1999 (pt) Traducir, Guerra Civil Afegã (pt) Traducir, Conflito de Siachen (pt) Traducir e Guerra de Kargil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004World Economic Forum Annual Meeting 2004 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeSehba Musharraf (en) Traducir (1968–2023), morte da persoa Editar o valor em Wikidata
Condenado portraizón (2019) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgeneralpervezmusharraf.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1519635 Facebook: pervezmusharraf Twitter: P_Musharraf Discogs: 5500467 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixes e formación militar editar

Nado en Delhi durante o dominio británico no berce dunha familia islámica, trasladouse a Karachi canda ela logo da partición da India e o nacemento de Paquistán. Pasou estadías en Turquía durante a súa mocidade dado que o seu pai exercía alí como diplomático, e tivo unha formación escolar anglófona e en colexios católicos, o que lle daría un perfil secularizado.[1]

Ingresou na Academia Militar de Paquistán en 1961, graduándose en 1964. Como oficial participou na guerras contra a India de 1965 por Caxemira e na de 1971 no contexto da secesión de Bangladesh, nesta como comandante dunha compañía das forzas especiais.[2]

Na década de 1990 accedeu á cúpula militar de Paquistán: no 1991 foi ascendido a xeneral, en 1993 foi nomeado director de Operacións Especiais do Cuartel Xeral do Exército, e en 1998 xefe do Estado Maior.

Golpe de Estado de 1999 editar

A finais do século XX, as forzas armadas de Paquistán observaban con preocupación a tensión militar coa India (choques fronteirizos en Caxemira e a escalada nuclear) e o establecemento do réxime talibán en Afganistán, que, se ben este movemento fora favorecido pola intelixencia paquistaní, agora era visto como unha ameaza desestabilizadora.[3] Neste escenario, as relacións entre o poder civil, representado polo primeiro ministro Nawaz Sharif, e o alto mando militar de Pervez Musharraf, deterioráronse ata o punto que o 12 de outubro de 1999, o goberno de Paquistán cesou a Pervez Musharraf. Este foi notificado cando regresaba dunha visita oficial a Sri Lanka nun avión ao que se lle denegou a aterraxe en territorio paquistaní. Mais, as forzas armadas responderon á orde que Pervez Musharraf dera dende o voo de tomar o control de diversos puntos estratéxicos e de deter ao primeiro ministro Nawaz Sharif. Así, logo de chegar a Karachi, Pervez Musharraf anunciou en televisión que as forzas armadas asumían o poder impoñendo a lei marcial.[4] As súas primeiras medidas foron a suspensión da constitución, a disolución da Asemblea Nacional, o Senado e as lexislaturas provinciais e o cesamento do primeiro ministro, ministros e outros altos representantes do goberno. Pola súa banda, confirmou a continuidade do Presidente do Estado, Muhammad Rafiq Tarar.[5] Aínda que o golpe de Estado acabou cun goberno democrático lexitimamente constituído, o Tribunal Supremo de Paquistán validou os actos fixando un período de tres anos como o prazo máximo para a extensión da lei marcial.[6]

Goberno (1999-2008) editar

Pervez Musharraf estivo á fronte do goberno de Paquistán durante case década, primeiro como xefe executivo mentres se mantiña vixente a lei marcial (1999-2001) e logo como Presidente (2001-2008).

As consecuencias dos Atentados do 11 de setembro e da chamada guerra contra o terror que levou á invasión estadounidense de Afganistán marcaron estes anos. Paquistán enfrontouse a un forte cuestionamento internacional logo dos atentados debido ás conexións cos talibáns.[7] Musharraf tentou inicialmente que as autoridades afgás entregaran a Osama bin Laden, sen éxito; decantándose logo polo apoio ás accións norteamericanas dando.[8] Con todo, a posición foi internamente contestada por sectores islamistas e sucedéronse as protestas que identificaban a Musharraf como un traidor. Durante a campaña os países occidentais e Estados Unidos aceleraron o envío de axuda ao desenvolvemento e a asistencia militar e económica.[9]

 
Pervez Musharraf con uniforme militar nunha rolda de prensa de 2005

Paralelamente, nestes anos, as rexións fronteirizas con Afganistán integradas na denominada Áreas Tribais baixo Administración Federal, poboadas mormente por paxtos e cunha porosa fronteira con Afganistán, viron como o fundamentalismo islámico e o contrabando erosionaban a, xa feble, autoridade paquistaní.[10][11] Coa complicidade local, estas rexións foron acubillo de moitos líderes talibáns e de Al Qaida, entre eles do seu fundador, Osama bin Laden.[12] Aínda que diferentes fontes sinalaron isto cedo, o goberno de Paquistán rexeitou sempre esas informacións: xa en 2002 Pervez Musharraf consideraba que probablemente bin Laden estaría morto polos problemas renais que padecía.[13] En 2011, tras a operación estadounidense que localizou e matou a bin Laden en Paquistán, Musharraf alegou "neglixencia mais non complicidade" por parte do goberno de Islamabad.[14]

Durante o seu goberno, o conflito de Caxemira foi un frecuente foco de tensión coa India. En decembro de 2001, uns terroristas de orixe caxemira asaltaron o parlamento da India e o primeiro ministro Atal Bihari Vajpayee responsabilizou a Paquistán de estar detrás da acción.[15] Pero, aínda que a fronteira contou con reforzos militares eses días, Musharraf acabou ilegalizando diversos grupos vencellados ao terrorismo e o islamismo de Caxemira a principios de 2002.[16] Tamén, nun aplaudido xesto para rebaixar a tensión bilateral, Musharraf estreitou as mans a Atal Bihari Vajpayee no IX Cumio da Asociación de Asia do Sur para a Cooperación Rexional en Katmandú.[17] Porén, posteriormente, a India expulsou o embaixador paquistaní e Pervez Musharraf mandou facer probas de mísiles quen de portar cabezas nucleares nun intento por intimidar á India.[18][19]

Tamén en política exterior, o seu ministro de Exteriores, Khurshid Kasuri, mantivo unha reunión co seu homólogo de Israel, Silvan Shalom, en 2005, por primeira vez na historia de ambos estados.[20] Outra liña importante, foi o cultivo das estreitas relacións bilaterais coa China, favorecendo investimentos e contratos militares.[9]

Se ben en 2001 asumira a presidencia de Paquistán, en 2002 consolidou o seu réxime. Logo dos tres anos que o Tribunal Supremo fixara como prazo máximo de aplicación da lei marcial, Pervez Musharraf fixo un referendo o 30 de abril para continuar no poder outros 5 anos. A proposta contou con máis do 97% de aprobación, aínda que a oposición boicoteou o plebiscito e foron denunciadas múltiples irregularidades.[21] Ademais, un partido aliado do réxime, a Liga Musulmá de Paquistán, gañou as primeiras eleccións parlamentarias dende o golpe.[22]

 
O xeneral Pervez Musharraf canda o Presidente da India, Abdul Kalam, nunha visita en Nova Deli no 2005

Durante o seu goberno, Paquistán albo de diferentes atentados islamistas masivos. Ademais, o propio Pervez Musharraf tivo varios intentos de asasinato, responsabilidade de islamistas, dous deles en decembro de 2003.[23][24]

En 2007, Pervez Musharraf propuxo dar pasos para favorecer unhas eleccións libres no país e entregar o poder aos civís. Nese vieiro, mantivo unha reunión coa política e antiga primeira ministra Benazir Bhutto en Dubai.[25] Posteriormente foron retirados os cargos que pesaban contra ela en Paquistán e regresou ao país logo de oito anos de exilio. Aínda que posteriormente ficaría baixo arresto domiciliario en Lahore cando Musharraf decretou o estado de emerxencia o 3 de novembro.[26] Semanas máis tarde, Pervez Musharraf dimitiu como ser xefe do Estado Maior e en decembro de 2007 restableceu a constitución.[27] As eleccións de 2008 celebráronse o 18 de febreiro, logo de seren adiadas por mor do asasinato de Benazir Bhutto, e foron unha vitoria para os rivais políticos de Pervez Musharraf: o gañador foi o Partido Popular de Paquistán, de Asif Ali Zardari, viúvo de Bhutto, e a segunda forza máis votada foi o partido do primeiro ministro contra o que Musharraf fixera o golpe de Estado en 1999, Nawaz Sharif. Estes partidos impulsaron a destitución do presidente pero antes de que rematase o procedemento, politicamente illado, Pervez Musharraf renunciou á presidencia o 18 de agosto de 2008.[28][29]

Últimos anos editar

Tras a súa retirada política, Pervez Musharraf marchou de Paquistán durante 4 anos, regresando en 2013 con idea de participar nas eleccións presidenciais, aínda que logo foi declarado inelixible.[30] Paralelamente, abríronse varios procesos xudiciais na súa contra. O 17 de decembro de 2019 foi condenado a morte por alta traizón, tras unha acusación que pesaba sobre el desde 2013 por suspender a Constitución e impoñer o estado de emerxencia en 2007.[31] Foi a primeira vez na historia do país en que un xefe militar foi declarado culpable de alta traizón e tamén condenado a morte, aínda que o Tribunal Supremo acabou revogando a pena en 2020 por considerar que o tribunal especial que se constituira para xulgado era inconstitucional.[32] Ademais, Musharraf foi xulgado "in absentia" pois residía en Dubai (Emiratos Árabes Unidos) dende 2016, cidade na que faleceu doente de amiloidose o 5 de febreiro de 2023.[33][34]

Notas editar

  1. Shaikh, Farzana (2023-02-05). "General Pervez Musharraf obituary". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-02-18. 
  2. Chitkara, M. G. (2001). Indo-Pak Relations: Challenges Before New Millennium (en inglés). APH Publishing. ISBN 978-81-7648-272-1. 
  3. "Regateo con el Gobierno civil por las esferas de poder. Biografía de Pervez Musharraf". CIDOB. Consultado o 2023-02-18. 
  4. "How the 1999 Pakistan coup unfolded" (en inglés). 2007-08-23. Consultado o 2023-02-18. 
  5. "Text of Musharraf's declaration". news.bbc.co.uk. Consultado o 2023-02-18. 
  6. Hirschl, Ran (2010-11-01). Constitutional Theocracy (en inglés). Harvard University Press. ISBN 978-0-674-05937-5. 
  7. "Pakistan: "The Taliban's Godfather"?". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2023-02-18. 
  8. Burns, John F. (2001-09-20). "Pakistan Leader Defends Joining U.S. in Hunt for bin Laden". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-18. 
  9. 9,0 9,1 Bennett Jones, Owen (marzo de 2006). "Pakistan’s foreign policy under Musharraf: between a rock and a hard place" (PDF). Consultado o 18-02-2023. 
  10. ""No-Go" Tribal Areas Became Basis for Afghan Insurgency Documents Show". nsarchive2.gwu.edu. Consultado o 2023-02-18. 
  11. "Paquistán: os dilemas de Musharraf - IGADI". 2005-08-05. Consultado o 2023-02-18. 
  12. "El fiasco de Tora Bora". El País (en castelán). 2011-05-02. ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-02-18. 
  13. "CNN.com - Pakistan's Musharraf: Bin Laden probably dead - January 18, 2002". edition.cnn.com. Consultado o 2023-02-18. 
  14. "Musharraf says Pakistan not complicit on bin Laden". Reuters (en inglés). 2011-07-21. Consultado o 2023-02-18. 
  15. Misra, Neelesh (2001-12-16). "India Accuses Pakistan of Sponsoring Suicide Raid". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-02-18. 
  16. "Musharraf bans LeT, Jaish-e-Mohammad". www.tribuneindia.com. Consultado o 2023-02-18. 
  17. Naqvi, Jawed (2002-01-06). "Musharraf offers sustained talks: Handshake with Vajpayee charms Saarc". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  18. French, Celia W. Dugger With Howard W. (2002-05-19). "To the Drums of War, India Expels Pakistan Ambassador". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-02-18. 
  19. "Pakistán prueba un misil capaz de llevar cabezas nucleares para intimidar a India". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-05-25. Consultado o 2023-02-18. 
  20. "Israel, Pakistán y la geopolítica - IGADI". 2005-09-14. Consultado o 2023-02-18. 
  21. "Musharraf wins huge backing" (en inglés). 2002-05-01. Consultado o 2023-02-18. 
  22. "General Elections 2002 - After three years of military rule, Pakistan again headed towards democracy on October 2002". Story Of Pakistan (en inglés). 2004-02-21. Consultado o 2023-02-18. 
  23. "FACTBOX-Assassination attempts against Pakistan's Musharraf". Reuters (en inglés). 2007-07-06. Consultado o 2023-02-18. 
  24. "The rise and fall of Musharraf". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  25. a Qudoos, M. "Musharraf, Benazir meet in Abu Dhabi". Khaleej Times (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  26. "Bhutto, under house arrest, says Musharraf must quit power". The Seattle Times (en inglés). 2007-11-13. Consultado o 2023-02-18. 
  27. "Kayani takes over command from Musharraf today". DAWN.COM (en inglés). 2007-11-28. Consultado o 2023-02-18. 
  28. "President Musharraf Resigns – DW – 08/18/2008". dw.com (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  29. "Facing Impeachment, Pakistan's Musharraf Resigns". npr.org. 
  30. "Musharraf returns to Pakistan despite threats". BBC News (en inglés). 2013-03-24. Consultado o 2023-02-18. 
  31. "Condenado á morte o expresidente de Paquistán Pervez Musharraf por traizón". Faro de Vigo. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  32. "Pakistan court overrules Musharraf death sentence – DW – 01/13/2020". dw.com (en inglés). Consultado o 2023-02-19. 
  33. Ayub, Imran (2016-03-19). "Musharraf meets well-wishers at his Dubai residence". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2023-02-18. 
  34. Staff, Al Jazeera. "Pervez Musharraf: The Pakistani ex-president’s chequered legacy". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2023-02-05.