Perspectiva isométrica

Unha proxección isométrica é unha forma de proxección gráfica, máis especificamente unha axonométrica cilíndrica ortogonal. Constitúe unha representación visual dun obxecto tridimensional en dúas dimensións, na que os tres eixes espaciais definen ángulos de 120º e as dimensións da realidade mídense nunha mesma escala sobre cada un deles. A isometría é unha das formas de proxección utilizada en debuxo técnico que ten a vantaxe de permitir a representación a escala, e a desvantaxe de non reflectir a diminución aparente de tamaño -proporcional á distancia- que percibe o ollo humano.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.