Persecucións relixiosas no Imperio romano

Durante o Imperio Romano déronse varias persecucións relixiosas ao longo da súa historia, sendo as primeiras de orixe político, por manter o status quo, e as últimas por ideoloxía.

"Hipatia" por Charles William Mitchell, a máis famosa vítima das persecucións cristiás.

Persecución ás bacanais editar

No 168 a.C. tivo lugar a primeira persecución relixiosa no Imperio Romano. O emperador emitiu un decreto chamado senatus consultum de Bacchanalibus, no que os devanditos ritos foron prohibidos e condenaba á morte todos os que participaran neles; a maioría por coitelo ou crucificados; segundo Escohotado (2009) foron preto de sete mil.

Os seguidores de Baco foron acusados de asasinato, abuso sexual e moral corrupta, premiouse a súa delación e os seus templos foron destruídos. Seis anos máis tarde, en 180 a. C., o Pretor competente queixábase de que tras condenar 3000 persoas non daba visto o final do proceso, chegando a executar a 7000 persoas. Cen anos despois, os cultos dionisíacos rexurdiron con grande aceptación entre as clases superiores da sociedade romana.

Persecución aos cristiáns no Imperio Romano editar

En principio, os romanos consideraban o Cristianismo como unha seita xudaica. Ademais de persecucións esporádicas de Nerón e Domiciano durante o século I, os cristiáns foron confrontados con máis frecuencia coa inimizade dos escribas xudeus e os fariseos que coas autoridades romanas.

En base a varios testemuños[1] pódese afirmar que durante a segunda metade do século I ata o século IV, os cristiáns tamén foron perseguidos polas autoridades do Imperio Romano, que consideraban cristiáns tanto os xudeus como os sediciosos (lembrando que en 70 os xudeus fixeron unha revolta en Xudea que levou á destrución de Xerusalén e á deportación dos xudeus do seu territorio en mans dos romanos), ou como rebeldes políticos. O historiador Suetonio menciona tumultos causados ​​en Roma baixo o emperador Claudio "dun certo Cresto", que pode ser identificado con Cristo, cuxas doutrinas estaban sendo diseminadas por emigrantes ou escravos xudeus en Roma. Ademais, Tácito nos seus Anais fala da persecución dos cristiáns ("nome sacado dun determinado Cristo") por Nerón.

Tertuliano, na súa "Apoloxia contra os xentís" escrita en 200 explica como eran os crimes imputados á fama cristiá:

É habitual falar de que somos os máis malvados dos homes, que matamos e comemos un neno nas nosas asembleas relixiosas, e que cando nos erguemos da cea concluímos todo na confusión do incesto. Tamén se di que para esta obra temos unha estraña clase de zocos, coma os andruvieiros e os alcaiotes que apagan as candeas, proxenetas da escuridade, para as satisfaccións máis libre do noso desexo impío e sen vergonza.
Tertuliano, Apoloxía capítulo VII.[2]

Neste contexto, hai que recordar que se converteu encostume entre varios emperadores romanos erixir estatuas propias en varias cidades do imperio, e proclamarse deuses ou fillos de deuses (baixo o título de Señor dos señores) que os seus súbditos tiñan que respectar. Os cristiáns negáronse a tomar tales actitudes, polo que o goberno imperial viu niso alta traizón e comezou a perseguilos por causas políticas que non relixiosas. Por outra banda os cristiáns primitivos eran unha ameaza á economía xa que promulgaban unha especie de comunismo primitivo.

Houbo varias persecucións contra o cristianismo durante o Imperio Romano, xeralmente referidas polo nome dos emperadores que decretou: as de Nerón, Domiciano, Traxano, Marco Aurelio, Septimio Severo, Maximiano, Decio, Valeriano, Aureliano e Diocleciano.

Unha das máis coñecidas foi a persecución do emperador Nerón tralo incendio de Roma, cando o populacho se lanzou contra os primeiros cristiáns. O emperador Domiciano aprobou unha lei segundo a cal os cristiáns serían castigados ante a lei se non mudaban de relixión. O emperador Traxano ordenou que os cristiáns non debían ser denunciados e que as alegacións anónimas debían ser rexeitadas e no caso de que volvesen adorar os deuses do Estado serían liberados. Os que persisten, con todo, deben ser castigados. Septimio Severo usaría como pretexto para a persecución dos cristiáns as pragas e a fame que se lles atribuía e que derrubaron o imperio. No ano 202 Septimio promulgou unha lei que prohibía o proselitismo (antes ninguén ía de casa en casa tentando convencer á xente de mudar de relixión) do cristianismo e o xudaísmo.

 
Xulio César desfigurado e cunha cruz gravada na testa.

En xaneiro de 250, o emperador Decio publicou un decreto esixindo que todos os cidadáns fixesen un sacrificio para a maior gloria do emperador na presenza dun oficial romano e así poder obter un certificado (Libellus), demostrando que o fixeran. Isto fixo xurdir diferenzas dentro da igrexa, xa que algunhas comunidades aceptaron de volta os apóstatas e outras non. Baixo o reinado de Valeriano todos os clérigos cristiáns foron forzados a facer sacrificios aos deuses romanos así como a deixaren de practicar rituais nos cemiterios. A persecución terminou cando o seu fillo revogou os decretos do seu pai. A persecución de Diocleciano foi o máis grave, xa que este quería reformar o imperio en todos os aspectos e unha parte esencial da súa política era fortalecer o culto imperial aos emperadores.Xuliano foi o último emperador pagán do Imperio Romano e desposuíu o clero católico do seu dereito de viaxar a conta do Estado.

 
"Triunfo do cristianismo" de Tommaso Laureti.

Persecución do imperio romano aos cristiáns considerados herexes editar

No século IV o emperador Graciano o Mozo ditou unha lei para desterrar os priscilianistas e durante o reinado do emperador Magno Máximo reabriuse a persecución contra deles, sendo degolado Prisciliano no ano 385 e perseguidos os seus seguidores, que entraron na clandestinidade.

Persecución aos pagáns no Imperio romano editar

Entre os anos 315 e 392 lexislouse contra a relixión tradicional pagá e o xudaísmo, con medidas que afectaban tanto na economía dos templos tradicionais como na vida privada, así como castigos para os cristiáns que volvesen ao paganismo. O emperador Constantino declara como única relixión ao Cristianismo e comeza a persecución a tódolos "adiviños e helenistas" mediante asasinatos públicos de filósofos e sacerdotes como da destrución de templos e bibliotecas, perdéndose así a sabedoría da Antigüidade. Moitos sacerdotes e bispos cristiáns fixéronse famosos "destrutores de templos" como Marcos de Arethusa mentres o cuarto concilio de Cartago prohibía so sacerdotes cristiáns o estudo das obras dos pagáns. No 380 o emperador Teodosio castiga incluso a simple visita aos templos pagáns, en Skythopolis, Siria, organízase no 359 un "campo de concentración" onde mataron a tódolos acusados de seren pagáns. No 393 prohíbense os Xogos olímpicos e os misioneiros que converteran ao cristianismo aos godos diríxenos contra os templos gregos que aínda non foran convertidos en canteiras de cal. O emperador Arcadio permite que os santuarios pagáns rurais sexan desmantelados de forma discreta e seus materiais reutilizados en obras públicas, mentres o emperador Honorio tenta poñer certa orde e ordena que antes de destruír un templo para colocar un templo cristián enriba se envíe un documento a Rávena pedindo permiso, aínda que a igrexa católica comezou un proselitismo entre as elites locais para que doasen os templos pagáns baixo a titularidade dos municipia á igrexa. Porén, o paganismo segue tendo crentes, sobre todo nas zonas rurais onde apenas hai elites sociais que se pasaran á nova relixión(o termo pagán significa persoa que vive no campo).

Mentres no Imperio Romano de Oriente a corte imperial despide do exército e das oficinas a todos aqueles que non se converteron ao cristianismo, exterminando varios filósofos e sabios de Grecia e Exipto mentres hordas dirixidas por ermitáns ao tempo que os pagáns son declarados individuos sen ningún dereito lexislativo, o emperador Xustiniano prohibe con castigo de pena de morte calquera estudo das obras clásicas por seren pagás pechando a academia de Platón. O concilio de Constantinopla do 692 prohibe celebrar calquera festa de raigame pagá, sendo os derradeiros pagáns obrigados a bautizarse por san Nikonio no ano 860.

Os primeiros testemuños de destrución de templos pagáns na Península Ibérica son de finais do século IV[3]. Nesta provincia a pesar de carecer de referencias da época tiveron lugar demolicións de templos pagáns, xa que non tería sentido unha lei do 399 prohibindo estas desfeitas debido a que eran propiedade do Estado. A finais do século IV ao presbítero Vicente de Baetica ensínanlle un templo que aínda conservaba o seu ídolo[4].

Notas editar

  1. "Persecucións romanas". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  2. Reeves, W. (1709). "The Apollogy of Tertullian" (en inglés). Londres. Consultado o 7 de outubro de 2015. 
  3. McKenna, S. (1938). Paganism and pagan survival up to the fall of the visigothic kingdom. Washington. 
  4. De confessione sveare fidae, Marcellinus et faustinus,76

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar