Perl

linguaxe de programación

Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación.

perl
Perl
Paradigmamultiparadigma, orientada a obxectos, imperativa, funcional, procedural, reflexiva, dirixida por eventos, xenérica
Data18 de decembro de 1987
DeseñadorLarry Wall
DesenvolvedorLarry Wall
Última versión5.24.0
Tipo de datodinámica
Sistema operativoMultiplataforma (GNU/Linux, Mac OS X, Windows e outros)
LicenzaLicenza Artística 1.0[1][2] ou GNU General Public License[3]
Webwww.perl.org

Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.

Historia editar

Larry Wall comezou a traballar en Perl en 1987 mentres traballaba como programador en Unisys[4] e anunciou a versión 1.0 no grupo de novas comp.sources.misc o 18 de decembro de 1987. A linguaxe expandiuse rapidamente nos seguintes anos. Perl 2, liberado en 1988, achegou un mellor motor de expresións regulares. Perl 3, liberado en 1989, engadiu soporte para datos binarios.

Ata 1991 a única documentación de Perl era unha simple (e cada vez máis longa) páxina de manual Unix. En 1991 publicouse Programming Perl, e converteuse na referencia de facto da linguaxe. Ao mesmo tempo, o número de versión de Perl saltou a 4, non por marcar un gran cambio na linguaxe, senón por identificar a versión que estaba documentada no libro.

Perl 4 trouxo consigo unha serie de lanzamentos de mantemento, culminando en Perl 4.036 en 1993. Neste punto, Larry Wall abandonou Perl 4 para comezar a traballar en Perl 5. Perl 4 quedaría nesa versión ata hoxe.

O desenvolvemento de Perl 5 continuou en 1994. A lista de correo perl5-porters estableceuse en maio de 1994 para coordinar o traballo de adaptación de Perl 5 a diferentes plataformas. É o primeiro foro para desenvolvemento, mantemento e adaptación de Perl 5.

Perl 5 foi liberado o 17 de outubro de 1994. Foi case unha completa reescritura do intérprete e engadiu moitas novas características á linguaxe, incluíndo obxectos, referencias, paquetes e módulos. A destacar, os módulos provén dun mecanismo para estender a linguaxe sen modificar o intérprete. Isto permitiu estabilizar o seu núcleo principal, ademais de permitir aos programadores de Perl engadirlle novas características.

O 26 de outubro de 1995, creouse o Comprehensive Perl Arquive Network (CPAN). CPAN é unha colección de sitios web que almacenan e distribúen fontes en Perl, binarios, documentación, scripts e módulos. Orixinalmente, cada sitio CPAN debía ser accedido a través do seu propio URL; hoxe en día, www.cpan.org redirecciona automaticamente a un dos centos de repositorios espello de CPAN.

En 2007, Perl 5 continua sendo mantido. Características importantes e algunhas construcións esenciais foron engadidas, incluíndo soporte Unicode, Fíos (threads), un soporte importante para a programación orientada a obxectos e outras melloras. A última versión estable liberada é Perl 5.24.0[5].

Linguaxe interpretada editar

Unha das súas características fundamentais é ser unha linguaxe interpretada (igual ca TCL, Python etc), que pode ser executada en calquera sistema operativo, con tal de que este teña un intérprete desta linguaxe. Polo tanto, non se compila, senón que é un script interpretado pola máquina.

Utilización editar

Perl é unha linguaxe usada sobre todo nas aplicacións servidor-cliente. Perl é especialmente potente para o manexo de expresións regulares, e ten moitas similitudes con C, aínda que simplificando a xestión da memoria e presentando unha variable universal que pode almacenar tanto números como cadeas sen necesidade de implementar unha conversión de tipo.

Estrutura da linguaxe editar

Exemplo editar

En Perl, o programa tipo "Ola mundo" é:

#!/usr/bin/perl -w
use strict;
print "¡Ola mundo!\n"; # "\n" é unha 'nova liña'

Notas editar

  1. The "Artistic License" - dev.perl.org
  2. Artistic - ficheiro no repositorio git de Perl 5 git
  3. "Perl Licensing". dev.perl.org. Consultado o 3 de outubro de 2016. 
  4. "Larry Wall". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2006. Consultado o 2006-08-20. 
  5. perl v5.24.0 is now available! www.nntp.perl.org. Consultado o 3 de outubro de 2016

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar