Pequeno San Vicente

Pequeno San Vicente (Petit St. Vincent), coñecido localmente como PSV, é unha illa de San Vicente e as Granadinas situada a 60 km. ao sur de San Vicente na illas Granadinas. É a illa máis meridional de San Vicente e as Granadinas. Toda a illa funciona como un complexo de luxo, con 22 vilas de luxo dun e dous dormitorios, e forma parte da cadea mundial de Small Luxury Hotels desde xullo de 2013.[1]

Pequeno San Vicente
Vista da illa
Situación
País San Vicente e as Granadinas
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas12°32′N 61°23′O / 12.533, -61.383Coordenadas: 12°32′N 61°23′O / 12.533, -61.383
Xeografía
Superficie0´46 km²
Longura máxima1´2 km
Largura máxima573 m.
Perímetro3´6 km.
Punto máis alto83 m. Marni Hill
Demografía
CapitalPetite Saint Vincent Resor
Poboación130 empregados

Localización editar

Petit St. Vincent atópase na latitude 12.32 norte e lonxitude 61.23 Oeste na parte sur da cadea de illas Granadinas, ao norte de Carriacou e Pequena Martinica e o sur de Illa Palm e Illa Unión.

Xeografía editar

PSV está rodeado de dúas millas (3´6 km) de praias de area branca. No interior, o terreo componse de suaves outeiros e bosques tropicais, no medio dos cales construíuse o complexo. O punto máis alto da illa está en Marni Hill ao noroeste da illa, que ten 83 m. sobre o nivel do mar. As Granadinas son máis secas e máis quentes que San Vicente, ao norte, coa temperatura diaria media de entre 29° e 30° durante todo o ano, debido á proximidade da cadea de illas ao ecuador.

Historia editar

A illa é de propiedade privada, e funciona como un Resort. En 1963 Haze Richardson e Doug Terman alugaron o seu iate, Jacintaa, ao Sr. H. W. Nichols, Jr. e familia. Durante este cruceiro de tres semanas, o Sr. Nichols expresou o seu interese na compra dunha illa e a construción dun pequeno hotel. Richardson e Terman concentraron a súa procura na cadea de illas Granadinas, finalmente compraron Petit Saint Vincent a unha muller de Petit Martinique. Os dous homes supervisáron a construción d resort no nome de Nichols, que pediu Richardson permanecer como xerente. Richardson aceptou esta oferta e nunca saíu da illa, converténdose en dono logo da morte de Nichols en 1985.

Richardson morreu nun accidente de natación en Costa Rica en 2008. A súa esposa, Lynn Richardson, seguiu administrando o complexo ata novembro de 2010, cando anunciouse que a illa vendérase aos socios comerciais Phil Stephenson e Robin Paterson. Stephenson investiu fortemente na remodelación do resort, e baixo a xestión do equipo de marido e muller de Mateo e Anie Semark, a illa incluíuse no seleto grupo de pequenos hoteis de luxo do mundo en xullo de 2013.

Galería editar

Notas editar

  1. "Petit St Vincent Joins Small Luxury Hotels of the World". Hotel Interactive. 22 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 

Ligazóns externas editar