Pepetela

escritor angolano


Artur Carlos Maurício Pestana dos Santos, nado en Benguela o 29 de outubro de 1941[1], é un escritor angolano, coñecido polo pseudónimo de Pepetela.

Infotaula de personaPepetela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Artur Carlos Maurício Pestana dos Santos Editar o valor em Wikidata
19 de outubro de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Benguela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa
Universidade Técnica de Lisboa (pt) Traducir
Instituto Superior Técnico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Casa dos Estudantes do Império (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , profesor universitario , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Agostinho Neto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

En 2014 o Centro PEN Galicia outorgoulle o Premio Rosalía de Castro.[2]

Traxectoria editar

A súa obra trata da historia contemporánea de Angola e os problemas que a sociedade angolana afronta. Durante a longa guerra, Pepetela, angolano de ascendencia portuguesa, loitou xuntamente co MPLA (Movemento Popular de Liberación de Angola) para a liberación da súa terra natal. A súa novela, Mayombe, retrata as vidas e os pensamentos dun grupo de guerrilleiros durante aquela guerra. Yaka segue a vida dunha familia colonial na cidade de Benguela ao longo dun século, e A Geração da Utopia mostra a desilusión existente en Angola despois da independencia. A historia angolana antes do colonialismo tamén forma parte das obras de Pepetela, e pode ser lida na Gloriosa Família e Lueji. A súa obra nos anos 2000 critica a situación angolana, textos que contan cun estilo satírico inclúen a serie de novelas policiais denominada Jaime Bunda. As súas obras recentes tamén inclúen Predadores, unha crítica áspera das clases dominantes de Angola, O Quase Fim do Mundo, unha alegoría pos-apocalíptica, e O Planalto e a Estepe, que examina as conexións entre Angola e outros países ex-comunistas. Licenciado en Socioloxía, Pepetela é docente da Facultade de Arquitectura da Universidade Agostinho Neto en Luanda.

 
Autógrafo do Escritor Pepetela.

Pepetela é descendente dunha familia de portugueses nacidos en Angola[3]. Concluíu o ensino primario na súa cidade natal e despois partiu para o Lubango onde foi posíbel proseguir os estudos. Foi no Liceu Diogo Can que Pepetela completou o ensino secundario. O escritor creceu nun ambiente da clase media, mais frecuentou unha escola primaria con nenos de varias razas e clases. El di que a cidade de Benguela lle deu máis oportunidades para coñecer angolanos de todas as razas porque era a cidade angolana máis multiracial daquela época. Durante a súa adolescencia, un tío seu que era xornalista, presentoulle unha variedade de pensadores da esquerda. Durante os seus anos no instituto en Lubango, Pepetela tamén foi influenciado por un padre chamado Noronha, cuxa orientación política tamén era de esquerda, que o informou sobre a revolución e outros eventos contemporáneos.[4]

En Lisboa Pepetela frecuentou a partir de 1958 o curso de enxeñaría no Instituto Superior Técnico, mudando en 1960 para o curso de letras na Universidade de Lisboa. Xa en 1961, Pepetela fai a opción política que viría a mudar o rumbo da súa vida e a marcar toda a súa obra, tornándoo un narrador dunha historia de Angola que coñece. Pepetela tornouse militante do MPLA en 1963.

Experiencia na guerra e primeiras obras editar

Cando Pepetela se tornou militante, fuxiu de Portugal para París, e posteriormente estabeleceuse en Alxer. Foi alí que el coñeceu Henrique Abranches, con quen traballou no Centro de Estudos Angolanos. Este Centro virou o punto focal do traballo do mozo Pepetela ao longo da seguinte década. Pepetela, Abranches, e outros traballaron na documentación da cultura e sociedade angolanas, e na propaganda das mensaxes do MPLA ao exterior. Durante a súa época en Alxer, Pepetela escribiu a súa primeira novela, Muana Puó, unha obra que examinou a situación angolana a través da metáfora das máscaras dos Côkwes, unha etnia de Angola. Pepetela non pretendía publicar a novela, mais acabou por facelo en 1978, durante o seu servizo no goberno angolano.[5] En 1969, o Centro de Estudos Angolanos mudou de Alxer para Brazzaville, na República do Congo. Despois desta mudanza Pepetela comezou a participar na loita armada contra os portugueses.[6] A experiencia na loita serviu como a inspiración para unha das súas obras máis recoñecidas, unha narrativa da guerra titulada Mayombe.

A primeira novela do Pepetela foi publicada en 1972, co título As Aventuras de Ngunga. Foi unha obra literaria que el escribiu para un público pequeno de universitarios.[7] Na obra, Pepetela analiza o crecemento revolucionario de Ngunga, un mozo guerrilleiro do MPLA, usando un ton épico e didáctico. A novela introduce o lector aos costumes, á xeografía e á psicoloxía de Angola. Pepetela crea un diálogo entre a tradición angolana e ideoloxía revolucionaria, debatendo cales tradicións deben ser alimentadas, e cales deben ser alteradas. As Aventuras… é unha novela que exemplifica a carreira iniciante de Pepetela, manifestando un amor profundo por Angola, un desexo de examinar a historia e a cultura do país, un espírito revolucionario, e un ton didáctico. A novela tamén é interesante porque foi escrita e publicada mentres o autor loitou contra os portugueses na Fronte Leste. Aínda que Pepetela escribise Muana Puó e Mayombe durante o seu servizo de guerrilleiro, só despois da independencia foron publicados.

Coa independencia de Angola en 1975, Pepetela tornouse Viceministro da Educación no goberno do presidente Agostinho Neto. O autor exerceu o mandato por sete anos e deixouno en 1982 para se dedicar a súa escrita.[8] Durante esta época, Pepetela tivo o apoio do presidente Neto para publicar dúas das súas novelas, incluíndo Mayombe.[9] A súa escrita diversificouse coa publicación de dúas pezas de teatro que trataban da historia angolana e das políticas revolucionarias. Os anos 70, Pepetela foi membro do directorio da Unión dos Escritores Angolanos.

As pezas de Pepetela reflictem os temas presentes nas Aventuras de Ngunga. A primeira, A Corda foi a primeira peza de longa duración publicada en Angola pos-independencia. É unha peza que a crítica Ana Mafalda Leite describe como didáctica, ideolóxica, e de pouco interese literario.[10] A peza ten un acto, e presenta dous grupos de persoas xogando tug of war con Angola como o premio. Un grupo representa os americanos e os seus clientes angolanos, e o outro representa os guerrilleiros do MPLA. A outra peza, A Revolta na Casa dos Ídolos, explota o pasado de Angola, creando un paralelo entre o reino dos Kongos nos 1500, e a loita pola independencia de Angola.

Obras publicadas nos anos 80 e a saída do goberno editar

Como xa se mencionou, Pepetela publicou varias novelas durante o seu servizo no goberno de Agostinho Neto. Destas novelas, Mayombe é a máis coñecida. A novela retrata a vida guerrilhlira do autor os anos 70, e funciona en dous niveis; un en que se exploran os pensamentos e as dúbidas dos personaxes, e outro no que se ilustran as accións dos guerrilleiros. Ana Mafalda Leite considera a novela unha obra simultaneamente crítica e heroica, ambos tentando destacar a diversidade étnica supostamente celebrada polo MPLA e ilustrar as divisións tribais presentes na sociedade angolana que por fin levarían á guerra civil. Leite tamén escribe que a novela exhibe un conflito que define a fundación da patria.[11]

Despois da súa saída do goberno na fin de 1982, Pepetela dedicouse exclusivamente á escrita, comezando a súa obra máis ambiciosa, Yaka. Yaka, publicada en 1984, é unha novela histórica que examina as vidas dunha familia de colonistas portuguesas que viñeron a Benguela o século XIX. Un desexo para pescudar as súas orixes pode ser visto na escolla da temática do Pepetela, que é descendente de portugueses de Benguela. Como Muana Puó, Yaka incorpora obxectos espirituais tradicionais de Angola na súa narrativa. Onde a primeira novela enfoca nas máscaras, Yaka emprega a metáfora dunha escultura de madeira utilizada polos yakas, organizacións sociais dedicadas á prosecución da guerra. Ana Mafalda Leite escribe que a Yaka simboliza a consciencia de valores tradicionais e o espírito da nacionalidade. En 1986, o libro gañou o premio nacional de literatura.[12]

El continuou escribindo ao longo da década, publicando en 1985 O Can e os Caluandas, unha novela que analiza os habitantes de Luanda e as mudanzas que eles viviron desde a independencia. A novela é notábel polo seu uso dos vagamentos por Luanda dun pastor-alemán para estrutrar a súa narrativa, e o emprego de varias voces narrativas.[13] En 1989, publicou Lueji, unha obra que conten paralelos coa Revolta na Casa dos Ídolos, ambas as obras comparando a historia angolana e a situación contemporánea. A novela xustapón a princesa Lueji, unha figura importante na historia angolana, cunha bailarina que baila o papel de Lueji nun ballet contemporáneo. As vidas das dúas mulleres encaixan eventualmente.[14] Na novela, Pepetela recrea a historia de Angola no século XVIII, un proxecto que el facía de novo co século XVII na súa novela de 1997, A Gloriosa Familia.

Novas direccións literarias e Premio Camões editar

Na década de 1990, a escrita de Pepetela continuaba a exhibir interese na historia de Angola, mais tamén comezou a examinar a situación política do país cun maior sentido de ironía e criticismo. A súa primeira novela da década, A Geração da Utopia de 1992, confronta moitos problemas xa explotados en Mayombe, mais desde a perspectiva da realidade de Angola pos-independencia. A guerra civil angolana e corrupción intensa no goberno levou a un cuestionamento dos valores revolucionarios promulgados na novela máis vella. Ana Mafalda Leite describe a novela como unha obra que é moi distante dos valores heroicos de Mayombe.[15] O enredo do libro, que pasa en tres décadas, está dividido en catro partes, cada unha analizando un aspecto importante do século XX en Angola, incluíndo a opresión colonial, a guerra de liberación, a guerra civil, e a pausa curta na guerra que ocorreu no inicio dos anos 90. O interese na historia continúa evidente no libro, mais o criticismo do establecemento angolano foi algo novo que xurdiría no futuro.

A súa seguinte novela da década, O Desejo de Kianda, publicado en 1995, seguiu manifestando a desilusión exhibido na Geração de Utopia. A novela utiliza o realismo-máxico, un estilo que Pepetela aínda non utilizaba moito, presentando unha situación onde varios edificios en Luanda caen na praza Kinaxixi, con todos os habitantes sobrevivindo. A heroina, unha personaxe chamada Carmina Cara de Cu, sae da súa estadía no goberno e vólvese unha traficante de armas.[16] Nun ensaio comparando a caída dos edificios na novela aos atentados do 11 de setembro de 2001, Philip Rothwell escribe que o libro continúa "o retrato profundo e condenador dunha utopía traizoada."[17] O ano seguinte o autor publicou unha novela dun xénero distinto, A Gloriosa Família. Esta obra examina a historia da familia Van Dúnem, unha familia prominente de descendencia holandesa. Pepetela pasou anos pescudando a historia dos flamengos en Angola para escribir a novela. Esta obra non manifesta o ton cínico e desilusionado dos seus outros libros na década. É unha novela histórica cun ton épico que tamén emprega realismo máxico. Aínda que a novela non caiba dentro da maioría da obra do autor, a fascinación coa historia angolana cristalízase mellor neste libro.

A situación política empeorou en Angola ao longo da década de 1990, e Pepetela pasou máis e máis tempo en Lisboa e no Brasil. Porén, tornouse moito máis recoñecido no mundo lusófono. En 1997, foi galardoado co Premio Camões polo conxunto da súa obra. Pepetela foi o primeiro autor angolano e segundo autor africano en ser distinguido con este premio prestixioso. Foi o autor máis novo en recibir este premio. Cando abandonou a vida política, Pepetela optou pola carreira docente na Facultade de Arquitectura, en Luanda, dando clases de socioloxía. Nunca abandona o ensino, aínda que se manteña como escritor a tempo enteiro.

Sátira e horizontes estranxeiros no milenio novo editar

Pepetela continúa como un escritor prolífico nas décadas dos 2000. A súa obra ten apropiada unha voz satírica na serie de novelas denominada Jaime Bunda, libros policiais que satirizam a vida en Luanda na década nova. Stephen Henighan escribe que o personaxe de Jaime Bunda, un detetive vacilante con raíces en dúas das familias angolanas máis prominentes, representa as mudanzas que aconteceron na poboación dos crioulos en Luanda. En vez de representar a vangarda revolucionaria que creará unha nova identidade angolana, agora os crioulos de Luanda representan unha oligarquia kleptocrata na serie Jaime Bunda, cuxo nome provém das súas nádegas enormes, é unha parodia de James Bond.[18] O personaxe está obcecado cos filmes James Bond e as novelas policiais norteamericanas, un aspecto que Henighan describe como ilustrativo de elementos do subdesenvolvemento de Angola.[19] Na primeira das dúas novelas, Jaime Bunda, Agente Secreto, publicada en 2001, o protagonista investiga un asasinato e violación que levan a un falsificador surafricano chamado Karl Botha, unha referencia ao ex-primeiro ministro surafricano P.W. Botha, quen autorizou a intervención surafricana en Angola en 1975. A segunda novela, Jaime Bunda e a Morte do Americano, publicada en 2003, ten lugar en Benguela en vez de Luanda, e trátase da influencia norteamericana en Angola, en que Jaime Bunda investiga o asasinato dun norteamericano e tenta seducir unha axente do FBI. A novela presenta a crítica de Pepetela da política exterior dos Estados Unidos, co comportamento pesado da policía angolana reflectindo a maneira como os norteamericanos trataron os sospeitosos de terrorismo durante o mesmo período.[20] As novelas foron publicadas pola compañía Don Quixote, e eran extramamente populares en Portugal, tamén tendo éxito noutros países europeos como Alemaña, onde Pepetela era descoñecido antes.[21]

Pepetela tamén publicou outros tipos de libro durante a década. O seu primeiro libro publicado nos 2000 foi A Montaña de Auga Lilás, en 2000, un libro para nenos que comenta as raíces de inxustiza social. En 2005, despois do éxito dos libros Jaime Bunda, publicou Predadores, a súa crítica máis mordaz sobre as clases poderosas de Angola. A novela acontece na Angola pos-independencia, e segue a vida de Valdimiro Caposso, un funcionario público que se torna home de negocios. Igor Cusack describe o protagonista como un mafioso asasino que "mora nun mar de tiburóns semellantes."[22] Xa que comezou a súa crítica dos novos ricos en Angola coa Xeración da Utopía, é evidente na serie Jaime Bunda e no Predadores que a temática ten virado dominante na obra do autor.

Os últimos anos da década dos 2000 exhiben unha continuación da carreira prolífica do autor, con novelas estreadas en 2007, 2008, e 2009. A novela de 2007, O Terrorista de Berkeley, California, ten lugar nos Estados Unidos, e ten pouca conexión con Angola. O libro trata das actitudes actuais sobre terrorismo e tamén de aspectos da tecnoloxía presente na sociedade moderna. Como varias outras novelas del, Pepetela dixo nunha entrevista recente que el nunca pretendeu publicar a novela. A súa seguinte novela, O Quase Fim do Mundo, tamén foi escrita como un exercicio persoal. É unha obra que atinxe o xénero da ciencia ficción, retratando os desafíos que os sobreviventes dun desastre confrontan. Os personaxes sobreviven nun pequeno pedazo da África que Pepetela enfatiza que é preto do suposto berce da humanidade. Eles precisan crear un novo tipo de mundo. O libro segue a tendencia iniciada no Terrorista... porque non ten lugar en Angola, nin lida explicitamente coa realidade angolana. A súa última novela da década, O Planalto e a Estepe, aínda que lida con Angola, continúa a refletir a internacionalización da temática do autor na última década. O libro conta o namoro entre un angolano branco e unha mongol que se coñeceron mentres estudaban en Moscova. A novela volve á temática presente nas obras antigas de Pepetela, en particular, o descubrimento de Angola a través da súa natureza. Este descubrimento é mostrado na narración da infancia do Júlio, un dos protagonistas, na provincia de Huíla.

Obras editar

Novelas editar

  • As Aventuras de Ngunga (1972)
  • Muana Puó (1978)
  • Mayombe (1979)
  • O Cão e os Caluandas (1985)
  • Yaka (1985)
  • Lueji (1990)
  • Geração da Utopia (1992)
  • O Desejo de Kianda (1995)
  • Parábola do Cágado Velho (1997)
  • A Gloriosa Família (1997)
  • A Montanha da Água Lilás (2000)
  • Jaime Bunda, Agente Secreto (2001)
  • Jaime Bunda e a Morte do Americano (2003)
  • Predadores (2005)
  • O Terrorista de Berkeley, Califórnia (2007)
  • O Quase Fim do Mundo (2008)
  • Contos de Morte (2008)
  • O Planalto e a Estepe (2009)
  • A Sul. O Sombreiro (2011)
  • O Tímido e as Mulheres (2013)
  • Se o Passado Não Tivesse Asas (2016)
  • Sua Excelência de Corpo Presente (2018, Premio Correntes de Escrita)

Pezas editar

  • A Corda (1978)
  • A Revolta da Casa dos Ídolos (1980)

Crónicas editar

  • Crónicas com Fundo de Guerra (2011)
  • Crónicas Maldispostas (2015)

Premios editar

  • Premio Camões en 1997.[23]
  • Premio Correntes de Escrita, en 2020, Súa Excelência de Corpo Presente, publicado en 2018.
  • Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia en 2014.

Outros galardóns editar

  • Grao de doutor honoris causa pola Universidade do Algarve, revisado o 28 de abril de 2010.[24]
  • A AELG nomeouno en 2007 Escritor galego universal.[25]

Notas editar

  1. "Pepetela". web.archive.org (en portugués). 2009-12-14. Archived from the original on 14 de decembro de 2009. Consultado o 2020-03-11. 
  2. "O conselleiro de Cultura e Educación participa na entrega dos ‘X Premios Rosalía de Castro’ - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2020-12-12. 
  3. "Pepetela anuncia lançamento de crónicas - Lazer e Cultura". 20 de março de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 09 de marzo de 2020. 
  4. Laban, Michel. Angola: Encontro com escritores. Lisbon: Fund. Eng. António de Almeida, 1991. p. 778-782.
  5. Laban, Encontro p. 774.
  6. Laban, Encontro pp.789-790
  7. Laban, Encontros p.773.
  8. Laban, Encontros p. 789
  9. Leite, Ana Mafalda. "Angola" The Post-Colonial Literature of Lusophone Africa. Patrick Chabal ed. Evanston, IL: Northwestern University Press, 1996. p. 117
  10. Leite. "Angola" p. 141
  11. Leite, "Angola" p. 118-119
  12. Leite. "Angola" p. 116.
  13. Martins, Renata. "Pepetela: O cão e os caluandas." Agosto de 2006. Nova Cultura. 21 de Novembro de 2009.
  14. Leite, "Angola" p. 112.
  15. Leite, "Angola" pp. 119-120.
  16. Cusack, Igor. "Pepetela." Historical Companion to Postcolonial Literatures: Continental Europe and Its Empires. Eds. Prem Poddar, Rajeev S. Patke and Lars Jensen. Edinburgh: Edinburgh UP, 2008. p. 486.
  17. Rothwell, Phillip. "Rereading Pepetela's O Desejo de Kianda After 11 September 2001: Signs and Distractions." Portuguese Studies. 20 (2004), pp. 195-207. p. 196
  18. Henighan, Stephen. "'Um James Bond Subdesenvolvido': The Ideological Work of the Angolan Detective in Pepetela's Jaime Bunda Novels." Portuguese Studies. 22:1 (2006), pp.135-152. p. 137
  19. Henighan. "Jaime Bunda" p. 141.
  20. Bartlett, Richard. "Arse of a Detective, " 2009. African Review of Books. novembro de 21, 2009.
  21. Henighan. "Jaime Bunda" p. 144
  22. Cusack, "Pepetela." p. 486.
  23. "Encontro no Paraninfo da Universidade co escritor angolano Pepetela, Premio Camões 1997". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-03-11. 
  24. Honoris Causa | Universidade do Algarve .
  25. Maré. "Pepetela encontra en Galicia as súa raíces culturais". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2020-03-11.