Pepe Villar

futbolista español

José "Pepe" Villar Fernández, nado en Vigo o 20 de agosto de 1928 e finado o 27 de xuño de 2007, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Estivo vinculado case en exclusiva ao Celta de Vigo.

Pepe Villar
Información persoal
Nome José Villar Fernández
Nacemento 20 de agosto de 1928
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 27 de xuño de 2007
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1949–1950 Arousa 25 (0)
1950–1961 Celta de Vigo 239 (8)
Adestrador
1967 Celta de Vigo
1970 Celta de Vigo
1975 Celta de Vigo
1977 Celta de Vigo
1986 Celta de Vigo
1988 Celta de Vigo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira deportiva como defensa no equipo do barrio vigués de Coia. No verán de 1948 foi fichado polo Celta de Vigo, que o cedeu na tempada 1949/50 ao Arousa, disputando así a histórica única tempada do club na Segunda División. A continuación volveu ao Celta, do que xa non se desvincularía durante as seguintes catro décadas. Debutou en Primeira División o 10 de setembro de 1950 ante a UE Lleida. Durante a tempada 1950–51, na que o Celta quedou de 8º, xogou 3 encontros. Na tempada seguinte xogou 22 partidos e meteu un gol, rematando o Celta en novena posición. Nas seis campañas seguintes, todas elas en primeira división, xogou 165 partidos e marcou 6 goles. Porén, durante a tempada 1958–59 o xogador vigués foi atropelado por unha moto. O equipo notou a súa baixa, rematando a tempada como pechacancelas.

Os dous últimos anos da súa carreira como xogador (1959–60 e 1960–61) discorreron na Segunda División, clasificándose os dous anos para a promoción de ascenso pero sen acadar o obxectivo. Logo da última campaña, na que só xogou tres partidos, decidiu retirarse. En total xogou 269 partidos co club celeste: 207 en primeira división (onde marcou 7 goles), 32 en segunda, 9 de promoción de ascenso e 21 de Copa.

Trala súa retirada como xogador mantívose ligado ao club como auxiliar do adestrador Louis Hon e dirixindo o equipo xuvenil durante moito tempo, levándoos en 1965 á final do campionato de España fronte ao Athletic Club de Bilbao. Na tempada 1966–67 o primeiro equipo do Celta xogaba en Segunda División, e trala dimisión do adestrador César Rodríguez, Pepe Villar dirixiu o combinado no treito final da liga. Posteriormente exerceu como segundo adestrador de Ignacio Eizaguirre e un tándem co gran capitán, Manolo, a finais da tempada 1987–88.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar