Pepe Jeans London, ou simplemente Pepe Jeans, é unha marca de roupa inglesa que nun período de tempo moi curto pasou a encabezar as tendencias da moda mundial no que se refire á moda vaqueira. É unha das marcas de moda que ten máis produción e que máis vende no mercado da moda mundial.

Pepe Jeans

Tenda de Pepe Jeans en Vigo.
Fundación1973
LocalizaciónSant Feliu de Llobregat, Cataluña Cataluña
FundadorNitin, Arun e Milan Shah
Persoas claveCarlos Ortega (CEO)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa vaqueira
Na rede
http://www.pepejeans.com
Facebook: PepeJeans Twitter: pepejeans Instagram: pepejeans Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa sede está localizada en Londres, a cidade onde se fundou, mentres que as oficinas centrais e a sede fiscal da compañía está en San Felíu de Llobregat, preto de Barcelona.

Historia editar

En 1973, os irmáns Shah (Nitin Shah, Arun Shah e Milan Shah) abriron unha pequena tenda de roupa no mercado de Portobello Road, no oeste de Londres, co obxectivo de vender as súas creacións. O éxito foi tal que en 1975 xa abriran catro boutiques na capital británica. O rápido crecemento da súa nova sociedade, PEPE (UK), permitiulles abrir unha tenda en Kings Road, ademais dun taller e varias oficinas.

Os anos que seguiron a 1980 foron moi beneficiosos para a compañía. Pepe Jeans rematou de impoñerse no mercado coma un dos líderes europeos de moda vaqueira, e comezou a comercializar a súa roupa en numerosos países do mundo, coma India en 1989.

En 1992 Pepe Jeans introduciu o seu logo actual.

Caras da marca editar

Véxase tamén editar

Outras páxinas editar

Ligazóns externas editar