Peneireiro cincento

Peneireiro cincento

E. c. vociferus (India)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Elanus
Especie: E. caeruleus
Nome binomial
'Elanus caeruleus'
Desfontaines, 1789
Sinonimia

Elanus melanopterus

O peneireiro cincento[2][3] (Elanus caeruleus) é unha ave Falconiforme de pequeno tamaño de familia Accipitridae.

Elanus caeruleus

Descrición editar

É unha ave de rapina pequena, duns 30 a 35 cm de lonxitude e cunha envergadura de ás de entre 80 e 90 cm. O corpo é na maior parte branco. A cabeza, relativamente grande, é branca cunha máscara negra. A parte superior do corpo ten cor gris azulada, con manchas negras nos ombreiros. As ás son estreitas coas puntas negras. A cola é moi curta. Ten os ollos vermellos brillantes e as patas de cor amarela alaranxada.

Distribución e hábitat editar

Áchase preferentemente na África subsahariana e na Asia tropical. No norte de África vive en Marrocos, Alxeria e Exipto. En Europa aparece só nunha pequena zona do sur da Península Ibérica. Son aves, en xeral, sedentarias, aínda que poden facer desprazamentos ocasionais.

En boa parte do sur de Asia encóntrase a subespecie E. c. vociferus. Nas illas surasiáticas hai diversas subespecies máis.

Viven en espazos abertos como estepas, sabanas e zonas semidesérticas ou mesmo campos cultivados, nos que haxa árbores illadas para espreitar e face-los niños.

Alimentación editar

Comen pequenos mamíferos, principalmente roedores, paxaros pequenos ou crías de ave de pequeno tamaño e réptiles, sobre todo lagartas e insectos. Localiza as presa voando lentamente ou espreitando dende unha árbore ou outro punto elevado.

Reprodución editar

A femia constrúe, con material achegado polo macho, un niño nunha árbore. Poñen tres ou catro ovos, pero en casos illados a cantidade varía entre dous e seis.

Nome común noutras linguas editar

  • Alemán: Gleitaar
  • Danés: Blå Glente
  • Inglés: Black-winged Kite
  • Español: Elanio azul
  • Finlandés: Liitohaukka
  • Francés: Élanion blanc
  • Italiano: Nibbio bianco
  • Neerlandés: Grijze wouw
  • Noruegués: Svartvingeglente
  • Portugués: Peneireiro-cinzento
  • Sueco: Svartvingad glada
  • Turco: Ak çaylak

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1 (en alemán): "Manual sobre as aves de presa europeas".
  • Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2 (en alemán): "Estudo sobre as aves de presa europeas".