Coordenadas: 42°20′46.24152″N 08°10′15.19716″O / 42.3461782000, -8.1708881000

Serra de Pena Corneira
Pena Corneira ollada desde Osmo, Cenlle
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural
Ano de constitución: 18 de xaneiro de 2008
Superficie: 998 ha.
Lexislación: Decreto 264/2007, do 20 de decembro
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Avión, Carballeda de Avia e Leiro
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.[1]

Rocha granítica herciniana en Pena Corneira.

No cumio do monte atópase a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Xeoloxía editar

Trátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico-anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.

Flora e fauna editar

 
Representación dos bólos de Pena Corneira no escudo do concello de Carballeda de Avia.

A erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.

Notas editar

  1. Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Serra de Pena Corneira". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar