Pelota

obxecto esférico ou ovalado usado en varios deportes e xogos

Unha pelota (Gl-pelota.ogg pronunciación ) ou balón é unha bóla elástica utilizada principalmente en deportes e outros xogos.[1] As pelotas normalmente son esféricas, pero poden ter outras formas, como as pelotas de rugby, que son ovaladas. Na actualidade as pelotas de moitos deportes están infladas con aire, polo que son tamén moi lixeiras en relación ó seu tamaño.

Balón de fútbol.

Aerodinámica editar

Os factores físicos existentes inflúen no movemento da pelota, e no modo e aplicación das forzas para obter o desprazamento. Entre estes atópanse, mais non se limitan a eles, a forma, o aire, o volume, a presión, a temperatura, o material e textura etc.

Unha pelota que está inflada indica un volume e presión, que en relación á altura do mar e á temperatura do aire, vense influenciados no alcance e traxectoria da pelota cando se tira. Unha "pelota pinchada", é aquela que carece do suficiente ár para rebotar correctamente, e é xeralmente descartada tanto a nivel profesional como non profesional, xa que isto é un factor que pode afectar mesmo á propia forma da pelota ou balón, xa sexa esférica ou ovaloide, e por conseguinte afectar tamén ó seu lanzamento e á súa velocidade.

O material con que se constrúe, tanto no seu exterior como no interior tamén afecta ao peso, alcance e rebote da pelota; isto é evidente na manufactura de moitos tipos de pelotas: de tenis, de golf etc.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pelota.

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.