Pedro de Agar

militar e político galego

Pedro de Agar y Bustillo, nado en Bogotá o 19 de xuño de 1763 e finado en Madrid o 1 de outubro de 1822, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaPedro de Agar

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Pedro Agar y Bustillo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1763 Editar o valor em Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 1822 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Capitán Xeral de Galicia
25 de marzo de 1820 – decembro de 1820
← Félix Álvarez Acevedo (en) TraducirTomás Moreno Daoíz (en) Traducir →
Presidente Xunta Suprema Central
9 de decembro de 1811 – 22 de xaneiro de 1812
← Gabriel Císcar (pt) TraducirJoaquín de Mosquera y Figueroa (en) Traducir →
Presidente Xunta Suprema Central
8 de abril de 1811 – 8 de agosto de 1811
← Joaquín BlakeGabriel Císcar (pt) Traducir →
Presidente Xunta Suprema Central
28 de outubro de 1810 – 8 de decembro de 1810
← Francisco Saavedra de Sangronis (en) TraducirJoaquín Blake →
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmariño , político , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Benito de Agar y Leis, orixinario da Casa de Trillo en Santa Mariña, por entón dependente do coto de Moraime (Muxía). Emigrou a Cartagena de Indias, onde entrou na corte do vicerrei de Nova Granada. A súa nai foi María Josefa Javiera Bustillo Pérez, nada en Llanes e sobriña do fiscal Fernando Bustillo García.

Pedro de Agar criouse na Coruña, na casa de Agar, na rúa Real. En 1780 ingresou na Armada Española como garda mariña en Cádiz. En 1781 embarcou no Santo Domingo e foi ascendido a alférez de fragata. O ano seguinte participou en combates no asedio de Xibraltar. Pasou a facer estudos superiores, e logo de ser nomeado tenente de fragata, en 1787 comezou a dar clases na Academia de Gardas Mariñas de Ferrol. En 1791 pasou ao corpo de enxeñeiros da Armada, mais foi licenciado en 1796 por problemas de visión. Foi readmitido en 1800, e nomeado director da Academia de Gardas Mariñas. En 1802 foi ascendido a capitán de fragata, e en 1804 destinado a Cádiz como director xeral das Academias de Reais Gardas Mariñas.

Foi elixido deputado por Ultramar nas Cortes de Cádiz, e en 1810, no marco da Guerra da Independencia Española, foi nomeado presidente da Rexencia de España e Indias. Cesado en 1812, volveu ocupar o cargo en 1813 até que Fernando VII de España estableceu de novo a monarquía absoluta. Detido en Madrid e desterrado a Santiago de Compostela en maio de 1814, estivo recluído en Betanzos até que en 1820 foi liberado polo coronel Félix Álvarez Acevedo ao comezar o trienio liberal. Foi nomeado Capitán Xeneral de Galicia,[1] e o 25 de xullo participou na ofrenda ao Apóstolo Santiago como delegado rexio. En 1821 pasou a formar parte do Consello de Estado. Tras a súa morte foi soterrado no cemiterio da Puerta de Fuencarral.

Vida persoal editar

Casou con Teresa de Castro Domínguez, da Graña (provincia de Betanzos), finada o 18 de abril de 1818. O 20 de decembro de 1820 casou de novo con Paula Roldán Riobóo, finada na Coruña en marzo de 1855. Con esta última tivo dúas fillas, Manuela e Petra de Agar Roldán (póstuma), quen casou con Ramón de la Maza.

Notas editar

  1. Alfeirán, Xosé (2020-03-17). "La entrada apoteósica de Pedro Agar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-07-16. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar