Pedro Sarmiento de Gamboa

explorador español

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e finado no océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

Infotaula de personaPedro Sarmiento de Gamboa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1530 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Pontevedra (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte1592 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Lisboa (Reino de Portugal) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, Etnografía, astronomía, xeografía e náutica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , historiador , navegante , escritor , astrónomo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPerú
Arxentina
Chile
Arquipélago das illas Salomón Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Participou con Álvaro de Mendaña na expedición que descubriu as Illas Salomón. Foi nomeado capitán dunha das naves de Mendaña (1567).

En 1579 impartíuselle a orde de seguirlle ós pasos ó pirata Drake, saíndo do Callao cara ao Estreito de Magallanes con once navíos. Ó non encontralo, foi enviado novamente en 1581, polo rei Filipe II a fortificar o estreito de Magallanes, con vinte e catro navíos e dous mil cincocentos homes establecendo o Forte de San Felipe, a primeira poboación patagónica de Chile, 60 quilómetros ó sur de Punta Arenas. Pero os colonos españois enfrontaron innumerables adversidades, morrendo de fame, e este lugar pasou á historia co tráxico nome de Port Famine (Porto da Fame).

 
Historia Índica.

Nunha das súas viaxes a España buscando axuda para estes colonos foi apresado por piratas ingleses e levado a Londres. Liberado pola raíña Isabel I, foi de novo apresado polos franceses, ata que pagou o rescate en 1590.

Regresou por fin a España e foi recibido por Filipe II. Pouco despois foi nomeado Almirante da armada, e nun dos seus barcos morrería en 1592, fronte ás costas de Lisboa.

Diversos territorios de México e Guatemala foron percorridos por Pedro Sarmiento antes da súa chegada ó Perú en 1557. En 1569 o vicerrei Francisco de Toledo ordenoulle que escribise un compendio dos costumes, a vida cotiá e a organización política do Imperio Inca, realizando a "Historia Índica". O seu relato, escrito de xeito preciso e descritivo, serve de complemento ás crónicas doutros autores como Pachacútec ou Pedro Cieza de León. Os amplos coñecementos de astroloxía que Sarmiento demostrou ocasionaron problemas coa Inquisición.

Outros Sarmiento editar

Non se debe confundir con:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar