Pedro Mosquera

futbolista español

Pedro Mosquera Parada, nado na Coruña o 21 de abril de 1988, é un futbolista galego, que xoga de mediocentro no Alcorcón, da Primeira División RFEF. Formado na canteira do Real Madrid, é o cuarto futbolista con máis partidos disputados na historia do filial do club branco, o Real Madrid Castilla, do que foi capitán. Tras debutar na Primeira División co primeiro equipo do Real Madrid, xogou no Getafe e no Elche, antes de regresar á súa cidade natal como xogador do Deportivo da Coruña. Militou catro anos no club galego, un deles como capitán, e a continuación fichou polo Huesca, co que logrou o ascenso á Primeira División na súa primeira campaña. Despois de tres anos no equipo aragonés, fichou polo Alcorcón.

Pedro Mosquera
Información persoal
Nome Pedro Mosquera Parada
Nacemento 21 de abril de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,84 m.
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Alcorcón
Número 5
Carreira xuvenil
1994–1997 Santa María del Mar
1997–1999 Galicia Gaiteira
1999–2000 Deportivo da Coruña
2000–2006 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2010 Real Madrid Castilla 98 (6)
2010 Real Madrid 1 (0)
2010–2014 Getafe 39 (0)
2012–2013Real Madrid Castilla (cedido) 58 (6)
2014–2015 Elche 25 (1)
2015–2019 Deportivo da Coruña 99 (3)
2019–2022 Huesca 99 (0)
2022– Alcorcón 37 (1)
Selección nacional
2004 España sub-16 1 (0)
2004–2005 España sub-17 4 (0)
2006–2007 España sub-19 6 (0)
2016– Galicia 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 7 de xuño de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios editar

Nacido na Coruña, empezou xogando a hóckey a patíns no Colexio Santa María do Mar.[1] Alí tivo como adestrador a Antonio Cancela e como compañeiro de equipo e amigo ao fillo deste, Pablo Cancela.[2] Durante uns anos compaxinou o hóckey co fútbol, deporte este último que practicou no propio colexio e máis tarde no Galicia Gaiteira.[3]

Aos 12 anos recibiu unha chamada do Deportivo da Coruña, que estaba formando un equipo alevín para participar en varios torneos. Así, disputou con outros rapaces da provincia como Dani Rodríguez o torneo de Brunete, e no Nadal do ano 2000 destacou nun torneo internacional celebrado no estadio Heliodoro Rodríguez López de Santa Cruz de Tenerife, chamando a atención de varios clubs, entre eles o Real Madrid.[4][3] Aceptou entón a oferta do club branco e marchou a Madrid, deixando definitivamente o hóckey a patíns despois de gañar a medalla de bronce nun campionato de España.[2]

Real Madrid Castilla editar

No Real Madrid polas categorías infantil, cadete e xuvenil, gañando nesta última a Copa de Campións da tempada 2005/06.[5] Uns meses despois, na tempada 2006/07, debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División, da man do adestrador Míchel, nunha derrota por 4-0 diante do Valladolid no José Zorrilla.[6] Disputou outros tres partidos co Castilla esa tempada, na que o equipo acabou descendendo. Militou durante as seguintes tres campañas no filial, do que chegou a ser o capitán e onde coincidiu con futbolistas como Marcos Alonso, Nacho ou Callejón.

Debut co primeiro equipo editar

Durante a tempada 2009/10 o técnico do primeiro equipo, Manuel Pellegrini, convocouno en varias ocasións, tanto en encontros de liga como de Liga de Campións. Estivo a piques de debutar nun partido contra o Deportivo da Coruña en Riazor, pero cando estaba preparado para saltar ao terreo de xogo o árbitro pitou o final.[7] Finalmente o 25 de marzo de 2010 chegou o seu debut oficial co Real Madrid, nun partido de Primeira División ante o Getafe. Tivo unha presenza testemuñal, substituíndo a Xabi Alonso no último minuto.[8] Converteuse deste xeito no futbolista que menos minutos disputou na historia do Real Madrid, entre todos aqueles que chegaron a xogar nalgún momento co equipo.[9]

Getafe editar

En xullo de 2010 foi traspasado ao Getafe,[10] co que asinou por catro tempadas, reservando o Real Madrid unha opción de recompra. No club azulón volveu coincidir co adestrador Míchel e con varios dos seus compañeiros do Castilla, como Codina, Miguel Torres ou Parejo. Co equipo xetafense debutou na Europa League e disputou un total de 21 partidos na súa primeira campaña, aínda que só 9 deles como titular, xogando habitualmente por detrás de Miku.

Trala marcha de Míchel, para a tempada 2011/12 chegou ao banco Luis García, quen non contou con Mosquera para as súas aliñacións. No mercado invernal, despois de non ter disputado ningún minuto na primeira metade da tempada, acordouse que o xogador saíse cedido, regresando ao Real Madrid Castilla e á Segunda División B.[11]

Cesión ao Real Madrid Castilla editar

No filial branco recuperou protagonismo e foi titular indiscutible no que restaba de tempada, ás ordes de Toril. O equipo madrileño, que contaba con futbolistas como Carvajal, Nacho, Juanfran, Jesé, Morata ou os tamén galegos Lucas Vázquez e Joselu, proclamouse campión do Grupo 1 de Segunda B, clasificándose así para a promoción de ascenso. O equipo enfrontouse ao Cádiz e no partido de volta Mosquera marcou dous dos cinco goles do seu equipo (5-1), certificando así o ascenso á Segunda División.[12]

A súa cesión ampliouse tamén para a tempada 2012/13, xa na categoría de prata. Continuou como un fixo no mediocentro do equipo branco e ao longo da tempada tivo como compañeiros no dobre pivote a Aléx Fernández, José Rodríguez e Casemiro, sen que ningún deles lle arrebatase a titularidade.[13] Disputou 38 partidos na tempada, marcando 3 goles, e acadou os 156 partidos totais co Castilla, o cuarto rexistro máis alto da historia do filial, superado só por Casimiro Torres, Miguel Bernal e José Manuel Espinosa.[14]

Regreso ao Getafe editar

Para a tempada 2013/14 regresou ao Getafe, onde coincidiu con outros tres futbolistas galegos: Borja Fernández, Diego Castro e Roberto Lago. O equipo realizou un bo inicio de campionato, chegando a ocupar postos europeos varias xornadas, pero co paso das xornadas caeu ata os postos de descenso, salvando a categoría nas últimas xornadas. Mosquera sumou 26 partidos, 17 deles como titular, no que foi o seu último ano en Xetafe.

Elche editar

En xullo de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Elche, tamén de Primeira.[15] Xogou de inicio nas 15 primeiras xornadas de liga, nas que conseguiu ante o Rayo Vallecano o seu primeiro gol na máxima categoría, ata que unha lesión nun partido de Copa do Rei diante do Valladolid o afastou durante tres meses dos terreos de xogo. Trala súa reaparición en marzo de 2015,[16] volveu aos onces titulares de Fran Escribá e o equipo rematou a liga na 13ª posición, pero foi descendido administrativamente por motivos económicos.[17]

Deportivo da Coruña editar

O 27 de xullo de 2015 firmou por catro tempadas polo Deportivo da Coruña, logo de desvincularse do Elche.[18] No club da súa cidade converteuse nunha peza fundamental nos esquemas do adestrador Víctor Sánchez del Amo e foi un dos mellores xogadores da tempada,[19] na que disputou 40 dos 42 partidos do equipo, todos eles como titular. O 12 de febreiro de 2016 renovou o seu contrato co club coruñés até 2021.[20]

Comezou a tempada 2016/17 sendo un dos xogadores máis importantes para o adestrador Gaizka Garitano, pero unha baixada de rendemento levouno ao banco de suplentes. Trala chegada dun novo adestrador, Pepe Mel, volveu aos once iniciais e marcou dous goles, pero unha lesión muscular interrompeu o seu bo momento de xogo.[21]

En xullo de 2017 foi elixido novo capitán do equipo, trala marcha de Laure.[22] O seu rendemento durante a tempada 2017/18 foi máis baixo do esperado, do mesmo xeito que o do resto do equipo, que acabou descendendo a Segunda ao rematar 18º.[23] A súa situación non mellorou na seguinte tempada, a cuarta e última do centrocampista no Deportivo, na que disputou pouco máis de 1.000 minutos en liga.

O 2 de agosto de 2019 anunciouse a rescisión do seu contrato e un día máis tarde confirmouse a súa fichaxe polo Huesca, de Segunda División, por dúas temporadas.[24][25] Pechou o seu paso polo Deportivo cun total de 109 partidos oficiais e 3 goles.

Huesca editar

Á súa chegada ao Huesca converteuse no cuarto futbolista galego no equipo, uníndose a David Ferreiro, Pablo Insua e Juan Carlos Real.[26] Foi titular en case todos os partidos da tempada, na que o equipo dirixido por Míchel Sánchez se proclamou campión da categoría, ascendendo así á Primeira División por segunda vez na súa historia. Na seguinte campaña sumou 27 partidos na máxima categoría, pero non puido lograr a permanencia, descendendo o equipo na derradeira xornada tras empatar sen goles co Valencia.[27] Xogou un terceiro ano en Huesca, acadando os 100 partidos co club aragonés.[28]

Alcorcón editar

Para a tempada 2022/23 fichou polo Alcorcón, da Primeira División RFEF.[29]

Selección nacional editar

Foi internacional coas seleccións sub-16, sub-17 e sub-19 de España, nun total de 11 ocasións. En 2016 foi un dos elixidos por Míchel Salgado e Fran para formar parte da selección galega que se enfrontou a Venezuela no estadio de Riazor. Foi titular no centro do campo, a carón de Fran Rico, nun partido que finalizou con empate (1–1).[30]

Palmarés editar

Real Madrid Castilla
Huesca

Notas editar

  1. Muñoz, Elena (23/01/2010). "Mosquera comezou xogando ó hóckey a patíns". As. 
  2. 2,0 2,1 Libiano, Marc (13 de febreiro de 2019). "Pedro Mosquera y sus veranos de hockey en Reus" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Antelo, Iván (24 de xaneiro de 2010). "Del Galicia Gaiteira a la galaxia blanca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  4. "Mosquera, del Heliodoro a Riazor en 15 años". La Opinión A Coruña (en castelán). 28 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  5. Blanco, Lidia. "Mosquera analiza a Copa de Campións". Real Madrid. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  6. "Valladolid 4-0 Real Madrid Castilla". BDFutbol (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  7. Centeno, Alexandre (8 de agosto de 2015). "Pedro Mosquera: «Para mí, el Teresa Herrera siempre ha sido especial y ahora que estoy en el Dépor más»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  8. "O coruñés Pedro Mosquera debuta co Real Madrid". La Voz de Galicia. 25/03/2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2010. 
  9. García, Ramón (16 de febreiro de 2013). "Los jugadores con menos minutos disputados en el Real Madrid en toda su historia". Marca (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  10. "Pedro Mosquera ficha polo Getafe". Marca. 12/07/2010. 
  11. Fernández, Sergio (20 de xaneiro de 2012). "Mosquera deja el Getafe para volver al Castilla". Marca (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  12. "El amago de gesta acaba en humillación (5-1)" (en castelán). 27 de maio de 2012. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  13. Ardila, Alberto (9 de maio de 2013). "Juanfran y Mosquera ponen la madurez al Real Madrid Castilla". Marca (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  14. "Listado de jugadores del Real Madrid Castilla". BDFutbol (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  15. "Oficial: Pedro Mosquera ficha por el Elche" (en castelán). 3 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  16. "Mosquera volvió a jugar con el Elche más de tres meses después de su lesión". Mundo Deportivo (en castelán). 21 de marzo de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  17. López, Pablo (3 de xuño de 2015). "El Elche desciende a Segunda por impagos". Marca (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  18. "Pedro Mosquera, nuevo jugador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 27 de xullo de 2015.  (en castelán)
  19. Souto, Pedro. "Valoración individual: Uno por uno 15-16" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  20. "El RC Deportivo y Pedro Mosquera refuerzan su unión hasta 2021". Deportivo da Coruña. 12 de febreiro de 2016.  (en castelán)
  21. Santamarina, Carlos (29 de maio de 2017). "Uno por uno: Deportivo 2016-2017" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  22. "El Deportivo ya tiene capitanes". Cadena SER (en castelán). 7 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2023. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  23. Santamarina, Carlos (25 de maio de 2018). "Uno por uno: Deportivo 2017/2018" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  24. "O Deportivo e Juanfran acordan a rescisión do contrato do lateral". Deportivo da Coruña. 2 de agosto de 2019. 
  25. "Pedro Mosquera firma dos temporadas con la SD Huesca". Heraldo. 3 de agosto de 2019.  (en castelán)
  26. "El doble de gallegos en el Huesca que en el Dépor". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de agosto de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  27. "El Huesca desciende tras empatar con el Valencia". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de maio de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  28. Barluenga, Miguel (4 de xullo de 2022). "Pedro Mosquera, cuarta salida en la SD Huesca" (en castelán). Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  29. "El coruñés Pedro Mosquera ficha por el Alcorcón". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de xullo de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2023. 
  30. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar