Pedro Galán Regalado

zoólogo galego

Pedro Galán Regalado, nado en Cee o 7 de decembro de 1955,[1][2] é un zoólogo galego especializado en herpetoloxía.

Infotaula de personaPedro Galán Regalado
Nome orixinalPedro Manuel Galán Regalado
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Cee, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaA Coruña Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónzoólogo , herpetólogo , investigador , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1843176

Traxectoria editar

Formación editar

Pedro Galán licenciouse en 1989, e doutorose en 1994 en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] coa tese titulada "Demografía y dinámica de una población de Podarcis bocagei",[3] na localidade de Carral durante o período setembro de 1989 a outubro de 1991.[4].

Docencia editar

Entre 1996 e 2000 foi profesor en funcións na Universidade da Coruña, entre 2000 e 2001 profesor efectivo desta Universidade e, desde 2001, profesor titular da Facultade de Ciencias da UDC,[1][2] e membro do Grupo de Investigación en Bioloxía evolutiva[5] desa Universidade,[6] cargos que segue a desempeñar na actualidade.

Adscrito ao Departamento de Bioloxía da súa Universidade, imparte, entre outras, as materias "Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio", Biodiversidade Animal e Medio Ambiente e Fauna Ameazada.[7]

No presente curso 2018-2019, está a dirixir os seguintes traballos de grao e mestrado:[7]

  • Estrutura e estima do tamaño dunha poboación relicta de baixa altitude do lacértido ameazado Iberolacerta monticola.
  • Herpetofauna do concello de Laracha (A Coruña). Inventario, uso do espazo e factores de ameaza.
  • Herpetofauna dunha zona de montaña do sueste de Galicia. Inventario, uso do espazo e factores de ameaza.
  • Incidencia dunha enfermidade emerxente de anfibios en Galicia: a infección por dermocistidios no limpafontes palmado (Lissotriton helveticus).
  • Steatoda nobilis (Thoell, 1875) (Araneae, Theridiidae): evolución da súa invasión biolóxica fóra da súa área de orixe e revisión da súa posición na árbore filoxenética da familia Theridiidae.

Desde 2010 é vogal representante do estudo e a investigación de vertebrados do Observatorio Galego da Biodiversidade, da Xunta de Galicia e, desde 2011, membro do Comité Científico da Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, e do Catálogo Español de Especies Ameazadas, do Ministerio de Medio Ambiente de España.[6]

Até o ano 2011 o doutor Galán dirixiu catro teses de doutoramento.[8]

Investigación editar

En 1992 iniciou a súa actividade profesional como director do departamnento de Estdos Ambientais da empresa Lignitos de Meirama, S A., que desempeñou até 1996.[1] Pedro Galán encargouse de restaurar os terreos afectados pola explotación mineira, e da investigación sobre a rehabilitación dos impactos ambientais.[2]

Está especializado no estudo dos anfibios e os réptiles de Galicia, participando tamén en estudos xerais sobre a herpetofauna española.[2]

Os principais campos de investigación do doutor Galán céntrase na historia natural, a ecoloxía de poboacións, a bioloxía evolutiva, a biodiversidade, a bioloxía de vertebrados e a bioloxía da conservación dos anfibios e réptiles ibéricos.[2][6][7][9]

O doutor Galán é membro de equipos de investigación de varios proxectos financiados pola Xunta de Galicia e outras institucións, e director principal dalgún deles. Así mesmo, foi un dos fundadores, e membro da xunta directiva, da Asociación Herpetolóxica Española, sociedade científica que ten como obxectivos prioritarios o estudo e a conservación da herpetofauna ibérica.[2]

Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE),[10] da Universidade da Coruña, grupo integrado dentro da Rede Galega de Conservación da diversidade biolóxica, e representante do estudo e investigación dos vertebrados do Observatorio Galego da Biodiversidade[11] da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.[1]

Publicacións editar

Libros editar

Capítulos de libros editar

Artigos en revistas científicas editar

Pedro Galán publicou case un cento de artigos en revistas científicas nacionais e estranxeiras, como Ecography, Journal fo Zoology, Herpetological Journal, Herpetologica, Copeia, Anfibia-Reptilia, Animal Biology, Canadian Journal of Zoology, Journal of Arid Environementes, e outras.

(Ver a lista completa na publicacións na web do GIBE. UDC ou en Dialnet).

Epónimo editar

En 2006 os herpetólogos Oscar Arribas, Salvador Carranza e Gaetano Odierna nomearon a nova especie Iberolacerta galani na súa honra.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Pedro Manuel Galán Regalado. Perfil científico en miteco.gob.es
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Galán Regalado, Pedro, na Gran Enciclopedia Galega, Tomo 38, 2006, A Coruña: Editorial Novos Vieiros. ISBN 978-84-9349-250-2.
  3. Tese, en Dialnet.
  4. Resume)
  5. GIBE
  6. 6,0 6,1 6,2 Pedro Galán en Herpetoloxía Ibérica.
  7. 7,0 7,1 7,2 Ficha do Dr. Pedro Manuel Galán Regalado na web da Universidade da Coruña.
  8. Teses dirixidas en Dialnet.
  9. Pedro Galán en Google académico.
  10. GIBE
  11. Observatorio Galego da Biodiversidade
  12. Arribas, O.; Carranza, S. & Odierna, G. (2006): "Description of a new endemic species of mountain lizard from Northwestern Spain: Iberolacerta galani sp. nov. (Squamata: Lacertidae)". Zootaxa 2240: 1-55.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar