Pedro Alonso

Actor español

Pedro González Alonso, máis coñecido como Pedro Alonso, nado en Vigo o 21 de xuño de 1971, é un actor galego. É licenciado pola Real Escola Superior de Arte Dramática e realizou estudos tamén de teatro e danza.

Infotaula de personaPedro Alonso

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro González Alonso Editar o valor em Wikidata
21 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Escuela Superior de Arte Dramático Editar o valor em Wikidata
Altura1,81 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , pintor , escritor , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0022261 Allocine: 22903 Rottentomatoes: celebrity/pedro_alonso Allmovie: p224049 Metacritic: person/pedro-alonso
Instagram: pedroalonsoochoro Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Conseguiu popularidade en famosas teleseries da Televisión de Galicia. Fixo o papel de Pedro en Rías Baixas e protagonizou Padre Casares, unha das series do prime time con maior audiencia. Participou tamén noutras producións televisivas menos populares como Maridos e mulleres ou O espello.

No ámbito español traballou en A las once en casa, Todos los hombres sois iguales, Condenadas a entenderse, Mediterráneo, Gran Hotel ou Código fuego, esta última xunto a Maribel Verdú e José Coronado.

Conta con experiencia en teatro independente e institucional, con compañías como La Fura dels Baus e o Teatro Clásico Nacional, así como coa súa propia, Grupo Dom.

Fíxose recoñecido a nivel mundial grazas ao éxito da serie La casa de papel, finalizada en 2021, e na que interpreta o papel de Andrés de Fonollosa Gonzalvez «Berlín». Coincidindo co final de dita serie, Netflix anunciou o lanzamento dun spin-off en 2023 baseado na vida do seu personaxe.[1]

Filmografía editar

Como actor editar

Ano Título Papel Dirección Notas
1995 Hábitos Juan Flahn curtametraxe
1996 Paranoia dixital chavalote Ángel de la Cruz
1996 Alma gitana Antonio Chus Gutiérrez
1996 Tengo una casa Ferrari Mónica Laguna
1997 El pliegue del hipocampo Xavi Covadonga Icaza curtametraxe
1997 Las vacaciones de Clara Alan Javier Baudoin
1997 Niño nadie Alex José Luis Borau
1998 Insomnio Miguel Chus Gutiérrez
1999 Flores de otro mundo Icíar Bollaín
2003 Noviembre garda Achero Mañas
2005 El calentito Marcos Chus Gutiérrez
2005 La noche del hermano porteiro de disco Santiago García de Leániz
2005 A Atlántida Boris Belén Macías telefilme
2008 A Bela Otero[2] Venancio Romero Jordi Frades telefilme
2008 O espello[3][4] Álex Sampayo telefilme
2010 18 comidas Vladímir Torres Jorge Coira
2014 A praia dos afogados Arias Gerardo Herrero

Como director editar

Ano Título Actores Produtor Notas
2006 Amigos invisíbeis[5] Darío Loureiro, Antonio Durán "Morris" Pedro Alonso curtametraxe

Series de televisión editar

Ano Título Papel Cadea Notas
1997 Todos los hombres sois iguales Raúl Telecinco 5 episodios
1998-1999 A las once en casa Alejo La 1 28 episodios
2000 Raquel busca su sitio La 1 1 episodio
2001 Pequeno Hotel TVG 1 episodio
2002 El comisario Iván Telecinco 1 episodio[6]
2003 Código fuego Tomás 'Toni' Antena 3 6 episodios
2003-2005 Rías Baixas Pedro Soutelo TVG
2005 Hospital Central Curro Gómez Telecinco 1 episodio[7]
2006 A vida por diante TVG 1 episodio
2006-2007 Maridos e mulleres Carlos TVG 28 episodios
2007 RIS Científica Héctor Telecinco 1 episodio[8]
2008-2011
2013-2015
Padre Casares Padre / Bispo Horacio Casares TVG 136 episodios
2009 Gondar Pedro Soutelo TVG 22 episodios
2011 14 de abril. La república La 1 2 episodios
2011-2013 Gran Hotel Diego Murquía / Adrián Vera Celande Antena 3 39 episodios
2014-2015 Bajo sospecha Roberto Vega Sánchez Antena 3 8 episodios
2015 Hospital Real Andrés Osorio TVG 15 episodios
2016 El Ministerio del Tiempo Tenente Saturnino Martín Cerezo La 1 2 episodios
La embajada Pablo Villar Antena 3 11 episodios
2017-2021 La casa de papel Andrés de Fonollosa Gonzalvez «Berlín» Antena 3 / Netflix 31 episodios
2017-2018 Traición Roberto Fuentes del Riego La 1 9 episodios
2018-¿? Diablo Guardián Gallego Amazon Prime Video 4 episodios
2023 Berlín Andrés de Fonollosa «Berlín» Netflix

Teatro editar

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Título Resultado
2013 Mellor interpretación masculina secundaria Gran Hotel Nomeado
2010 Mellor interpretación masculina protagonista Padre Casares Nomeado
2009 Mellor interpretación masculina protagonista Padre Casares Nomeado
2008 Mellor interpretación masculina protagonista Padre Casares Nomeado

Festival de Televisión de Montecarlo editar

Ano Categoría Película Resultado
2008 Ninfa de Oro ao Mellor actor Padre Casares Nomeado

Festival de Cine de Bogotá editar

Ano Categoría Película Resultado
1996 Mellor actor Tengo una casa Candidato

Festival de Cine de Comedia de Peñíscola editar

Ano Categoría Película Resultado
1998 Mellor actor Insomnio Candidato

Notas editar

  1. Martínez, Por Ignacio Herruzo (2021-12-03). "'La Casa de Papel': todo sobre la Parte 2 de la temporada 5". Diez Minutos (en castelán). Consultado o 2021-12-13. 
  2. Cunha audiencia en Galicia (o 8 de xaneiro de 2008) de 135.000 espectadores (16,9%) e en Cataluña (o 1 de xaneiro de 2008) de 379.000 espectadores (16,1%) ""La Bella Otero" de Antena 3 se estrena con nota en TVG". Vertele! (en castelán). 9-1-2008. Consultado o 28-11-2019. 
  3. "O espello". Sincroguía (en castelán). Consultado o 28-11-2019. 
  4. Feijóo, Elena R. (1-3-2008). "Álex Sampaio presenta hoy su primer largo, «O espello»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28-11-2019. 
  5. "Amigos invisibles". Cine Galego. O noso audiovisual. Consultado o 28-11-2019. 
  6. Obtivo unha audiencia en España de 3.759.000 espectadores (22,2%).
  7. Obtivo unha audiencia en España de 4.782.000 espectadores (30,3%).
  8. Obtivo unha audiencia en España de 2.375.000 espectadores (14,7%).
  9. Torres, Rosana (24-7-2003). "Vera y Verdú vuelven al teatro". El País (en castelán). 
  10. "Espectáculos. Ficha del espectáculo "Los justos"". La Red española de Teatros, auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública (en castelán). 25-10-2013. 
  11. "Morris y Pedro Alonso estrenan «O crédito» en el Principal". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra). 4-2-2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar