Pedra de abalar

Grandes penedos balanceantes

As pedras de abalar ou pedras abaladoiras son enormes pedras habitualmente situadas preto da costa que están apoiadas gravitacionalmente só en dous puntos de xeito que o centro de gravidade se pode modificar cun esforzo moi pequeno. O significado antropolóxico e etnográfico destas pedras é grande, pois ás veces serven coma lugar de rito de iniciación ou curación. Son coñecidas no noroeste da Península Ibérica (principalmente en Galicia), Francia (principalmente na Bretaña e no Macizo Central: pierres branlantes) e na Gran Bretaña (rocking ou logan stones), principalmente en Escocia, Gales e Cornualla.

A pedra de abalar (Logan Rock) de Trereen Dinas, en Cornualla (sur de Inglaterra).
Pedra de abalar de Boscartus, preto de Cieux en Haute-Vienne, Francia.

Son as máis das veces de orixe natural, formadas pola erosión ou por efecto dos glaciares. É por isto que son moi frecuentes preto do mar, pois responden a unha erosión salina que vai creando alvéolos nas súas rexións máis periféricas, e que lle van dando formas redondeadas á rocha e eventualmente trasladan as forzas de apoio a puntos que non eran os iniciais. Noutros casos son megálitos realizados polo ser humano.

Plinio o Vello (23–79) xa escribira no século I sobre un penedo preto de Harpasa (en Caria, Asia Menor) que se podía abalar cun dedo, pero non se podía desprazar coa forza de todo o corpo. Tolomeo (circa 90–168) falaba da rocha xigonia, que, dicía, se podía abalar co talo dunha abrótea, mais non mover por toda a forza que fixeses.

Crenzas editar

Existe unha ampla variedade de crenzas asociadas a estas pedras. Por mor da súa estraña natureza, as pedras de abalar, ás veces, tiñan un culto máxico-relixioso ao que se asociaban principalmente polos seus poderes adiviñatorios, mais tamén por ritos de paso, curas, meigallos ou druidismo. As pedras mexidas polo vento podíanse utilizar nalgúns casos para determinar a culpabilidade ou inocencia dun acusado.

Como ocorre con outros elementos ligados a cultos pagáns e de ritos celtas da Europa Atlántica, moitos dos lugares onde se atopan as pedras de abalar foron cristianizados. En Galicia asócianse hoxe a santuarios e virxes. As pedras de Iona, en Escocia, chamadas alí: na clachan-bràth, foron situadas nun cemierio e empregadas como pés de cruceiros.

Galicia editar

 
Santuario da Virxe da Barca e sonada pedra de abalar ou da barca, en Muxía.
 
Pena Abaladoira no Pereiro en Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia de José Villa-amil, 1873.

Sábese que en Galicia foron moi numerosas e espalladas por todo o territorio, sempre ligadas a ancestrais crenzas de iniciación, semellantes ás outras tradicións da Europa Atlántica.

En 1922 publicábase en El Ideal Gallego un artigo chamado "A Pedra da Barca", onde se fala destes monumentos, que eran moi frecuentes en todo o Arco Atlántico:

De estos monumentos megalíticos ya hemos dicho lo bastante al ocuparnos en el año pasado de la tradicional piedra vacilante de Mugía. En Galicia se tiene conocimiento de unos 32 ejemplares de esta clase, siendo el más importante de todos y el de más fama el próximo a la villa de Mugía. Entre los demás figuran el de Silva boa, próximo a la villa de Cea, junto al monasterio de Osera, en la sierra de Martiñáa, el del alto del Campo, a 39 km de Mondoñedo, en la carretera de Vivero, la “Pena de embade”, que hubo próxima a Ferrol, el peñasco que sirve de asiento a la ermita de Chamorro, que fue, al parecer, “pedra de abalar”, la de Pereiro de alfoz, la de Castromayor en Abadín, la de las islas Cíes, la de Meixide en Viana del Bollo, la de Laramuyo en Villalba…

Las piedras vacilantes, “penas de embade, moventes de abalar o abaladoiras y cabaleiradas”, tienen, como la de la Barca, su leyenda, y varias de ellas están ligadas con la historia de la Virgen al igual que “las pierres branlantes” francesas o las “rocking stone” de Inglaterra. Estas piedras son consideradas como monumentos utilizados para la adivinación

— E.C.A.[1]

Pedras abaladoiras en Galicia editar

Desaparecidas editar

Gran Bretaña editar

 
A pedra de abalar (logan stone) en Rhinns of Kells (Galloway), Escocia, en 1789.

Existen moitas lendas sobre estes penedos, moitas veces semellantes aos galegos:

  • Disque a pedra de abalar de Nancledrea en Cornualla só podía moverse á media noite, cando as meigas estaban fóra. Afirmábase que se alguén tocaba a pedra nove veces a esa hora, tornaríase nunha meiga.
  • A pedra de Brimham en Yorkshire só se podía abalar polos esforzos dun home honrado.[2]
  • A pedra de abalar de Land's End, en Cornualla, disque se colocara alí por un xigante que utilizaba o seu balbordo para se adurmiñar.
  • A Logan Rock en Treen podía sandar doenzas da nenez. Os cativos abalaban a pedra en determinadas épocas.
  • Existe unha tradición en Cornualla de facer unha promesa e despois tratar de mover unha pedra de abalar (logan rock). Disque ninguén que traizoase o seu corazón podería abalar a pedra.

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 8/9/1922, p. 7.
  2. Hippisley Coxe, Antony D. (1973). Haunted Britain. Pub. Hutchinson. ISBN 0-09-116540-7, p. 21.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar