Pecten

xénero de moluscos

Pecten é un xénero do moluscos bivalvos mariños, que é o tipo da da orde dos pectinidos, da superfamilia dos pectinoideos, da familia dos pectínidos, da subfamilia dos pectinininos e da tribo de igual nome (Pectinini en latín).[1]

O xénero é coñecido no rexistro fósil desde o período cretáceo até o período cuaternario (desde hai 70,6 millóns de anos até a actualidade). Atopáronse cunchas fósiles deste xénero en todo o mundo.[2]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1776 polo naturalista danés Otto Friedrich Müller, na súa obra Zoologiæ Danicæ Prodromus, seu Animalium Daniæ et Norvegiæ indigenarum characteres, nomina, et synonyma imprimis popularium. Havniæ: Hallageri. (Ver dixitalizado).[1][3]

Etimoloxía editar

Müller tomou o nome Pecten do latín clásico pecten, -inis, "peite", e tamén o nome dunha "especie de ostra comestíbel" (seguramente unha vieira).[4]

Especies editar

Segundo o WoRMS, o xénero comprende as seguintes especies:[1]

Porén, o ITIS e mais a ADW só recoñecen tres especies:[5][6]

  • Pecten chazaliei
  • Pecten eucymatus
  • Pecten maximus

Características editar

Estes bivalvos caracterízanse por teren unha das dúas valvas da súa cuncha máis voluminosa cá outra, que é plana e de cor máis escura, normalmente parda. Coñécense vulgarmente como vieiras ou cunchas de Santiago, nalgúns idiomas.

Son hermafroditas, cando son novas son machos, e despois fanse femias. Porén, algúns autores din que poden seren hermafroditas simultáneos.[7]

Viven no mar, en fondos areosos de até 100 m de profundidade, non moi lonxe da costa. Desprázanse ao pechar rapidamente as valvas das súas cunchas. Algúns son comestíbeis moi demandados polos gourmets, en particular a vieira propiamente dita (Pecten maximus).

En estado salvaxe actúan como depuradores, filtrando a auga salgada, unha función que é especialmente importante en épocas de exceso de algas (por exemplo, nes mareas vermellas) que poidan poñer en risco o equilibrio do ecosistema.

En Europa hai dúas especies de vieiras, Pecten jacobaeus, que vive nos fondos areosos do Mediterráneo, e Pecten maximus, que vive en fondos areosos do Atlántico nordeste.

Na industria editar

Desde 1904 utilizase unha cuncha de Pecten como logotipo da compañía petroleira Royal Dutch Shell.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pecten O. F. Müller, 1776 no WoRMS.
  2. Fossilworks Arquivado 28 de febreiro de 2019 en Wayback Machine..
  3. Havniae era o nome latino de Copenhaguen.
  4. pecten no Merriam-Webster Unabriged Dictgionary.
  5. Pecten Muller, 1776 ni ITIS.
  6. Pecten na ADW.
  7. Micheline Martoja (1995). Mollusques. Institut océanographique. p. 95. ISBN 978-2-9035-8113-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. (eds), European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Patrimoines Naturels. 50: 180-213.
  • Vaught, K. C.; Tucker Abbott, R. & Boss, K. J. (1989): A classification of the living Mollusca. Melbourne: American Malacologists. ISBN 0-9158-2622-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar