Peñaranda de Duero

Peñaranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 569 habitantes (INE 2013).

Modelo:Xeografía políticaPeñaranda de Duero
Imaxe

Nomeado en referencia aRío Douro Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 41°41′14″N 3°28′39″O / 41.687222222222, -3.4775Coordenadas: 41°41′14″N 3°28′39″O / 41.687222222222, -3.4775
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Burgos Editar o valor em Wikidata
CapitalPeñaranda de Duero Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación470 (2023) Editar o valor em Wikidata (7,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie64 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude852 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Caballero Barnés (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal09410 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE09261 Editar o valor em Wikidata

Sitio webpeñarandadeduero.es Editar o valor em Wikidata
Praza co castelo ao fondo

Etimoloxía editar

O seu nome vén do céltico Penna-Aranda, cidade da pena, e o río Douro.

Monumentos editar

Orixinal do século X, construído con motivo da repoboación, con Fernán González; foi reformado completamente no século XV. Levántase airoso vixiando a vila; a torre da homenaxe inmutable destaca sobre os restos de muralla. Desde a altura hai unha magnífica vista do casarío sobre o que se levanta impoñente a silueta da igrexa Santa Ana; e, ao fondo, da veiga do Arandilla.

  • Muralla

Consérvanse dúas das tres portas da muralla que se construíu no século XV

Construído no século XVI por encargo de Francisco de Zúñiga e Avellanada e no que, segundo crese, puido traballar Francisco de Colonia. A portada loce o escudo dos Zúñiga entre tenantes e no seu interior, traspasando o vestíbulo de entrada, ábrese un elegante patio señorial con galería dobre, desde o que se accede ás habitacións nobres belamente decoradas con espléndidos artesoados e. No Salón de Embaixadores preside unha elegante cheminea de estucos, e destaca aí pola súa orixinalidade unha galería para os músicos. Veciña ao palacio preside, no centro, a praza unha picota ou rolo xurisdicional de elegantes liñas góticas.

  • Igrexa

Antes coñecida como Colexiata de Santa Ana, comezada en 1540 presenta portada barroca, no interior retablo neoclásico presenta en altorrelevo á santa titular, obra de Alfonso Bergaz e coro tallado en nogueira. Na súa portada ten tres bustos romanos de Clunia.

  • Convento

De San José do Carmen, foi levantado no século XVI

Farmacia dos Jimeno do século XVII que ten museo. Hoxe en día segue en funcionamento, é unha das máis antigas de España.

Ligazóns externas editar