Pazo do Espiño

construción civil modernista en Santiago de Compostela

O pazo do Espiño[1] é unha edificación localizada en Santiago de Compostela de arquitectura modernista erixida entre 1910 e 1915 por Jesús López de Rego, por encargo de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga.[2]

Pazo do Espiño
Coordenadas42°52′58″N 8°33′03″O / 42.88264514, -8.55076924Coordenadas: 42°52′58″N 8°33′03″O / 42.88264514, -8.55076924
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]
Pazo do Espiño.

Características editar

 
Detalle do campanario da capela.
 
Detalle dunha gárgola.

Consta de dous andares e unha capela anexa na parte posterior. Trátase dun pazo residencial, e destacan as súas ameas na liña de cornixa, así como tamén polo tratamento de imitación de pedra dado aos seus muros de formigón, e mais polos detalles vexetais e figurativos (gárgolas) da súa decoración exterior, moldeados en cemento da época.[3]

Está rodeado por abundante vexetación, entre a que sobresae unha carballeira que limita co pazo presidencial de Monte Pío, e a un quilómetro escaso da praza do Obradoiro.

En 2011 atopábase en estado ruinoso, malia que no inicio dun proceso de restauración.

Polémica editar

Xa no século XX presentouse un proxecto para rehabilitar o espazo como parque público e para a construción dunha residencia da terceira idade. Durante o mandato de Conde Roa liberouse o solo coa intención de edificar 120 vivendas de luxo. O seu sucesor na alcaldía Ángel Currás, sinalou, pola contra, que a súa prioridade era o acondicionamento do espazo público: parque e rehabilitación do palacete modernista. Non obstante, colectivos de activistas denunciaron en 2012 a política de liberalización do solo do PP, como unha "privatización dos espazos e dereitos públicos".[4] Finalmente foi expropiada a parte correspondente o parque e o pazo que foi habilitada e aberta ao público en agosto de 2014.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar