Paweł Rawa, nado en 1770 en Białystok e finado a comezos de 1859,[1] foi un sacerdote católico latino da diocese de Minsk, da que foi administrador apostólico entre 1839 e 1852.

Infotaula de personaPaweł Rawa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1770 Editar o valor em Wikidata
Białystok Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1859 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Minsk Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPaviel Rava tomb chapel at Kaĺvaryjskija Cemetery (en) Traducir
Kalvaryja (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónJesuit College in Polotsk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadministrador diocesano (pt) Traducir , prelado (pt) Traducir , presbítero Editar o valor em Wikidata
Capela funeraria de Paweł Rawa no cemiterio calvario de Minsk.

Traxectoria editar

Recibiu a súa educación sucesivamente en Hrodna, no colexio xesuíta de Polack, e no seminario de Smilavičy. Logo de ser ordenado sacerdote estivo ao servizo do arcebispo de Mahilioŭ Stanislaŭ Bohuš-Sestrancevič.

Entre 1839 e 1853, logo da morte do bispo de Minsk Mateŭš Lipski, gobernou a diocese como administrador apostólico. Logo do sínodo de Polack que rematou coa Unión de Brest nos territorios do Imperio Ruso en 1839, Rawa acordou co bispo ortodoxo Antonii Zubko (quen fora sacerdote greco-católico) que todos os católicos latinos de pais greco-católicos en 1798 tamén serían considerados ortodoxos.[2] O goberno do tsar considerou este acordo meritorio, e por isto Paweł Rawa pasou a ser para as autoridades un "candidato valioso" para a sé de Minsk. Porén, non pasou de ser proposto, xa que a Santa Sé non estivo de acordo co acordo alcanzado co bispo ortodoxo, rexeitando a súa aprobación canónica.

Durante o goberno de Rawa as propiedades da Igrexa foron pechadas, incluíndo mosteiros e parroquias. O historiador das relacións entre a Santa Sé e Rusia Adrien Boudou, criticou a Rawa dicindo del:

un vello decrépito, sen intelixencia nin carácter[3]

Finou a comezos de 1859 e está enterrado no cemiterio calvario de Minsk.

Notas editar

  1. Giżycki, J. M. (1905). Materyały do dziejów Akademii Połockiej i szkół od niej zależnych. Cracovia. p. 258. 
  2. Boudou, A. (1928). Stolica Święta a Rosja. Stosunki dyplomatyczne między niemi w XIX stuleciu. 1 1814-1847. Cracovia. pp. 380–381. 
  3. Boudou, A. (1928). Stolica Święta a Rosja. Stosunki dyplomatyczne między niemi w XIX stuleciu. 1 1814-1847. Cracovia. p. 380. starzec zgrzybiały, pozbawiony inteligencji i charakteru.