Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra

recinto deportivo en Pontevedra

Coordenadas: 42°26′12″N 8°38′30″O / 42.43666667, -8.64166667

O Pavillón Municipal dos Deportes é un recinto deportivo cuberto da cidade de Pontevedra, cunha capacidade de 4.000 persoas. É usado como feudo local polos equipos do Teucro de balonmán e o Leis de fútbol sala, ademais do CB Ciudad de Pontevedra de baloncesto.

Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
Fachada do pavillón
Datos
LocalizaciónRúa Juan Manuel Pintos, s/n
Construción
Inauguración1968
ArquitectoAlejandro de la Sota
Estadio
Capacidade4.000
PropietarioConcello de Pontevedra
Eventos
Balonmán, fútbol sala, baloncesto

Historia editar

O pavillón foi deseñado por Alejandro de la Sota en 1964.[1][2] As obras comezaron en 1965.[3] Foi inaugurado o 13 de xullo de 1968 por Juan Antonio Samaranch[4], delegado nacional de Educación Física e Deportes. Un mes despois, durante as festas da Virxe Peregrina, celebrouse nel un concerto de Los Bravos, Los Silver Stones, Los Dobles e Karina xunto con Los Pekes.[5] O pavillón entrou en funcionamento en 1969. A primeira gran competición celebrada foi a Copa Latina de Balonmán en marzo de 1969[4].

Desde a súa inauguración, o Pavillón dos Deportes acolleu concertos e diversos espectáculos, así como importantes eventos deportivos como o Campionato Mundial de Balonmán Junior en 1987 ou a Copa do Rei de Balonmán en 2005.[4]

En 2022 presentouse un proxecto de mellora financiado polo Consello Superior de Deportes coa substitución do terreo de xogo, a pavimentación do perímetro do edificio, a rectificación das ramplas de acceso, así como a reforma da varanda exterior e dos marcadores electrónicos de resultados e tempos.[1] Ademais, instalaranse paneis solares no tellado para xerar enerxía para o autoabastecemento.[6].

O pavillón tamén recuperará o deseño orixinal de Alejandro de la Sota, substituíndo a cuberta engadida en 1986 por unha similar á deseñada polo arquitecto.[3].

Descrición editar

Trátase dun exemplo destacado da arquitectura española contemporánea. Alejandro de la Sota deseñou o interior do edificio como unha caixa asolagada de luz, cunha estrutura elegante e delicada, que crea un efecto de ingravidez da malla espacial da cuberta. O tellado está sostido por ménsulas, equilibrado como unha balanza. Ten unha superficie plana e translúcida, como un biolo. O Concello de Pontevedra encargou en 2016 a renovación da cuberta do pavillón para recuperar o aspecto orixinal do interior, que fora modificado en 1986.[7].

Todo o conxunto estaba recuberto de finos paneis, que formaban o volume exterior do edificio. A fachada está formada por grandes paneis prefabricados de formigón armado montados in situ cun grosor mínimo. O edificio mostra unha gran sutileza no deseño da armazón e dos pequenos elementos construtivos como ramplas, varandas e peitorís.

O edificio ten unha estrutura de formigón armado e catro torres laterais con escaleiras ata a parte superior.[4]. A fachada de formigón prefabricado ten un característico acabado de garavanciño.[8].

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 10r. ISBN 978-8403509344. 
  • López Torre, Rafael (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).
  • VV.AA.: Arquitectura Moderna en Asturias, Galicia, Castilla y León. Ortodoxia, Márgenes y Transgresiones (1998), C.García Braña y F. Agrasar Quiroga Ed. ISBN 84-85665-31-7

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar