Paul Naim Berg, nado o 30 de xuño de 1926 en Brooklyn, Nova York (USA) e finado en Stanford, California, o 15 de febreiro de 2023, foi un bioquímico e profesor emérito da Universidade Stanford, galardoado co premio Nobel de Química de 1980.

Paul Naim Berg
Profesor Paul Naim Berg.
Datos persoais
Nacemento30 de xuño de 1926
LugarBrooklyn, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento15 de febreiro de 2023
LugarStanford
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Actividade
    Campo
  • Bioquímica
  • Alma máter
  • Case Western Reserve University
  • Universidade Estatal de Pensilvania
  • Director de tese
  • Alumnos de tese
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • polos seus traballos sobre a bioquímica dos ácidos nucleicos, e en especial polo estudo do ADN híbrido
  • PremiosPremio Nobel de Química (1980)
    editar datos en Wikidata ]

    Traxectoria editar

    Graduouse no instituto Abraham Lincoln en 1943, licenciouse en bioquímica na Universidade Estatal de Pensilvania en 1948 e doutorouse na Cásea Western Reserve University de Cleveland en 1952.

    Desde 1959 foi profesor de bioquímica na Universidade Stanford.

    Investigacións científicas editar

    Os seus estudos como posgraduado incluíron o uso de trazadores radioisotópicos no metabolismo intermedio. O resultado foi a comprensión sobre como os alimentos son convertidos en material celular, a través do uso de carbonos isotópicos ou átomos nitroxenados pesados. A súa tese doutoral é agora coñecida como a conversión de ácido fórmico, formaldehido e metanol para reducir completamente os grupos metilo a metionina. Foi tamén un dos primeiros en demostrar que os cofactores do ácido fólico e a vitamina B12 tiñan influencia nos procesos mencionados.

    En 1980 recibiu o Premio Nobel de Química xunto a Walter Gilbert e Frederick Sanger polos seus traballos sobre a bioquímica dos ácidos nucleicos, e en especial polo estudo do ADN híbrido.

    Os novos traballos do profesor Berg foron no campo da bioquímica metabólica, e como profesor na Universidade de Stanford estivo investigando nos campos de bioloxía molecular e a recombinación do ADN. El e o seu equipo estiveron investigando sobre o virus VIH. O virus VIH-1 induce unha inmunodeficiencia que infecta as células T4.

    Berg recibiu a Medalla nacional de Ciencia en 1983, de mans do presidente Ronald Reagan.

    Véxase tamén editar

    Ligazóns externas editar

    Predecesor:
    Herbert C. Brown
    e
    Georg Wittig
    Premio Nobel de Química
     

    1980
    con
    Walter Gilbert
    e
    Frederick Sanger
    Sucesor:
    Roald Hoffmann
    e
    Kenichi Fukui