Patxi Saez Beloki

sociolingüista vasco

Patxi Saez Beloki, nado en Beasain (Guipúscoa) o 8 de marzo de 1964, é un sociolingüista vasco membro da Academia da Lingua Vasca Euskaltzaindia.[1] Licenciado en Ciencias Sociais e da Información e Especialista en Planificación Lingüística pola Universidade do País Vasco.

Infotaula de personaPatxi Saez Beloki

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1964 (60 anos)
Beasain, País Vasco País Vasco
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociolingüista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webpatxisaez.eus Editar o valor em Wikidata
Twitter: PatxiSaez Dialnet: 4350059 Editar o valor em Wikidata

O Paradigma do Carro editar

O 12 de febreiro de 2016, en Bilbao, na sede oficial da Academia da Lingua Vasca, ante máis dun centenar de académicos, investigadores e especialistas en lingua éuscara, presentou por primeira vez o Paradigma do Carro, tamén denominado Paradigma da Necesidade Natural.[2]

O Paradigma do Carro propón unha novo paradigma sociolingüístico para a revitalización das linguas minorizadas.[3] É un arquetipo ou padrón teórico que artella o carro da revitalización das linguas sobre dúas rodas motrices —a da adquisición da lingua e a da súa utilización— que viran simultaneamente sobre un mesmo eixo retroalimentándose mutuamente. A tracción do carro da revitalización lingüística orixínase pola necesidade vital e funcional de utilizar a lingua como instrumento de comunicación social para satisfacer as necesidades humanas. É así que o construto teórico do Paradigma do Carro está interconectado coa pirámide de Maslow ou xerarquía das necesidades humanas.

Segundo determina este marco teórico, a revitalización lingüística de todo idioma debe comezar por atender e satisfacer, nun primeiro momento, as necesidades humanas de comunicación efectivas e afectivas máis básicas e primitivas do individuo (como son as relacións maternofiliais e familiares, así como as relacións máis íntimas de amizade e confraternidade). Despois de colmar as necesidades vitais de comunicación da primeira socialización do individuo, a revitalización lingüística debe centrarse nas necesidades naturais de comunicación da segunda socialización como a educación e culturización do individuo na que interveñen axentes socializadores tan importantes como a escola e os medios de comunicación cun papel moi relevante para Internet e as redes sociais. Por último, segundo o Paradigma do Carro, a actividade humana por antonomasia, vinculada estreitamente coa evolución social e que é transversal a todas as necesidades humanas, é o traballo. Co traballo sáciase desde a necesidade humana máis primixenia, como é a necesidade vital de alimentación, ata a máis complexa ou sofisticada, como é a autorrealización do ser humano, situada na cúspide da Pirámide de Maslow. Polo tanto, a recuperación efectiva de toda lingua, en canto a instrumento de comunicación social, culmínase coa normalización da lingua no ámbito laboral, actividade central da organización social do individuo.

Notas editar

  1. Organigrama da Academia da Lingua Vasca Páxina web da Academia da Lingua Vasca
  2. Saez Beloki, Patxi (2017) Beharra da giltza Revista académica Euskera, Bilbao: Academia da Lingua Vasca
  3. Euskaltzaindia liderará una nueva estrategia para el fomento del euskera Diario DEIA, 13-2-2016