Patrologia Graeca

A Patrologia Graeca (ou Patrologiae Cursus Completus, Series Graeca) é unha colección editada das obras dos Padres da Igrexa cristiáns e varios escritores seculares, escritos en koiné antiga ou en grego medieval. Consiste de 161 volumes producidos en 1857-1866 pola Imprimerie Catholique de J. P. Migne. Están incluídos na obra tanto os autores orientais como os occidentais que escribiron antes de que o latín se volvese predominante na igrexa occidental no século III , o caso de todos os Padres Apostólicos, por exemplo, e tamén as Epístolas de Clemente, o Pastor de Hermas, Eusebio de Cesarea, Oríxenes e os Padres Capadocios, Basilio Magno, Gregorio Nacianceno e Gregorio de Nisa.

Dídimo Alexandrino na Patrologia Graeca.

Os 161 volumes foron encadernados en 166 libros diferentes (os volumes 16 e 87 están divididos en tres partes e o volume 86, en dúas). Un importante volume final, que incluiría algúns suplementos e un índice completo, nunca foi publicado, pois as placas foron destruídas nun incendio en 1868[1]

A primeira serie contiña apenas traducións latinas dos orixinais (81 volumes, 1856 - 1861). A segunda xa contiña o texto en grego cunha tradución sinóptica para o latín (166 volumes, 1857-1866). Os textos están interrelacionados, cunha columna en grego e unha correspondente ao lado coa tradución latina. Nos puntos onde o orixinal grego se perdeu, como no caso de Ireneo, os fragmentos sobreviventes están espallados por todo o texto en latín. Nun caso, o orixinal está preservado en siríaco e só e traducido para o latín. Moitas veces, a información sobre o autor é dada tamén en latín.

Lista de volumes editar

Así como na Patrologia Latina, os autores están, con poucas excepcións, en orde cronolóxica, cubrindo o período entre os primeiros autores cristiáns e a caída de Constantinopla.

preniceanos.
PG 1: Clemente de Roma.
PG 2: Clemente de Roma, Epístola de Barnabé, Pastor de Hermas, Epístola a Diogneto, Testamento anónimo dos 12 patriarcas.
PG 3-4: Pseudo-Dionisio, o Areopaxita (século V-VI ), comentario de Máximo, o Confesor (século VII ) sobre Pseudo-Dionisio, comentario de Xurxo Paquimeres (século XIV) sobre Pseudo-Dionisio.
PG 5: Ignacio de Antioquía, Policarpo de Esmirna, Melito de Sardis, Papias de Hierápolis, Apolonio de Éfeso etc.
PG 6: Xustino Mártir, Tatiano, Atenágoras de Atenas, Teófilo de Antioquía, Hermias, o filósofo.
PG 7: Ireneo de Lión.
PG 8-9: Clemente de Alexandría.
PG 10: Gregorio Taumaturgo, papa Ceferino, Sexto Xulio Africano, papa Urbano I, Hipólito de Roma, Teognosto de Alexandría etc.
PG 11-17: Oríxenes.
PG 18: Metodio de Olimpos, Alexandre de Licópolis, Pedro de Alexandría, Teodoro de Heraclea etc.
século IV
PG 19-24: Eusebio de Cesarea.
PG 25-28: Atanasio de Alexandría.
PG 29-32: Basilio Magno.
PG 33: Cirilo de Xerusalén, Apolinario de Laodicea, Diodoro de Tarso, Pedro II de Alexandría, Timoteo de Alexandría, Isaac, o ex-xudeu.
PG 34: Macario do Exipto e Macario de Alexandría.
PG 35-37: Gregorio Nacianceno, Basilio (o menor), bispo de Cesarea no século X.
PG 38: Gregorio Nacianceno, Cesáreo Nacianceno.
PG 39: Dídimo, o Cego, Anfiloquio de Iconio, Nectario de Constantinopla.
PG 40: Padres do deserto: Antón do Deserto, Pacomio, Serapión de Thmuis, Orsisio e os abades Isaías e Teodoro. Outros: Asterio de Amasia, Nemesio de Emesa, Xerónimo Teólogo Grego, Serapión de Antioquía, Filo, bispo de Carpasia, Evagrio do Ponto.
PG 41-42: Epifanio de Salamis.
PG 43: Epifanio, Nono de Panópolis.
PG 44-46: Gregorio de Nisa.
século V
PG 47-64: Xoán Crisóstomo.
PG 65: Severiano de Gabala, Teófilo de Alexandría, Paladio de Galacia, Filostorxio, Ático de Constantinopla, Proclo de Constantinopla, Flaviano de Constantinopla, Marco Eremita, Marco Diádoco, Marco Diácono.
PG 66: Teodoro de Mopsuestia, Sinesio, Arsenio, o Grande.
PG 67: Sócrates Escolástico e Sozomeno.
PG 68-76: Cirilo de Alexandría.
PG 77: Cirilo de Alexandría, Teodoto de Ancira, Paulo, bispo de Emesa, Acacio de Beroea, Xoán I de Antioquía, Memnón, bispo de Éfeso, Acacio de Melitene, Rábula de Edesa, Firmo, bispo de Cesarea, Anfiloquio de Sida.
PG 78: Isidoro de Pelusio.
PG 79: Nilo do Sinaí.
PG 80-84: Teodoreto.
PG 85: Basilio de Seleucia, Eutalio de Alexandría, Xoán de Karpathos, Eneas de Gaza, Zacarías Retórico bispo de Mitilene, Xelasio de Cízico, Teótimo, Amonio Sacas, Andreas, bispo de Samósata, Xenadio de Constantinopla, Cándido, Antípatro de Bostra, Dalmacio, bispo de Cízico, Timoteo, bispo de Berytus, Eustacio, bispo de Berytus.
século VI
PG 86a: Presbítero Timoteo de Constantinopla, Xoán Maxencio, Teodoro, o Leitor, Procopio, diácono de Tiro, Teodoro, bispo de Citópolis, Presbítero Timoteo de Xerusalén, Teodosio I de Alexandría, Eusebio de Alexandría, Eusebio de Emesa, Grexencio de Zafar, Epifanio de Constantinopla, Isaac de Nínive, Barsanufio da Palestina, monxe Eustacio, Emperador Xustiniano, Agapito, o diácono, Leoncio bizantino.
PG 86b: Leoncio bizantino (continuación), Patriarca Efraín de Antioquía, Paulo Silenciario, Eutiquio de Constantinopla, Evagrio Escolástico, Euloxio de Alexandría, Simeón Estilita, o Mozo, Zacarías de Xerusalén, Modesto de Xerusalén, Texto anónimo sobre o cerco de Xerusalén en 614, Xobio, Erectio, bispo de Antioquía de Pisidia, Pedro, bispo de Laodicea.
século VII
 
Edición francesa da Patrologia Graeca, 1856.
PG 87a-87b: Procopio de Gaza.
PG 87c: Procopio de Gaza, Xoán Mosco, Sofronio, monxe Alexandre.
PG 88: Cosmas Indicopleustes, diácono Constantino, Xoán Clímaco, Agatías, Gregorio de Antioquía, Xoán IV de Constantinopla, Doroteo de Gaza.
PG 89: Anastasio Sinaíta, Anastasio II de Antioquía, abade Anastasio de Eutimio, Anastasio (IV?) de Antioquía, Antíoco de Sabe.
PG 90: Máximo, o abade.
PG 91: Máximo, o Confesor, o abade Talasio, Teodoro de Raithu.
PG 92: Chronicon Paschale, Xurxo de Pisidia.
PG 93: Olimpiodoro de Alexandría, Hesiquio, Leoncio, bispo de Neápolis, Leoncio de Damasco.
século VIII
PG 94-95: Xoán de Damasco.
PG 96: Xoán de Damasco, Xoán de Nicea, Xoán VI de Constantinopla, Xoán de Eubea.
PG 97: Xoán Malalas (século VI ), André de Creta, Elías de Creta e Teodoro Abucara
PG 98: Xermano I de Constantinopla, Cosme de Xerusalén, Gregorio II de Agrigento, Becucciano, anónimo, Pantaleón, diácono de Constantinopla, monxe Adriano, Epifanio, diácono da Catania, monxe Pacomio, monxe Filoteo, Tarasio de Constantinopla.
PG 99: Teodoro Estudita.
século IX
PG 100: Nicéforo I de Constantinopla, Estevo, diácono de Constantinopla, Gregorio de Decápolis, Cristóforo I de Alexandría, Metodio I de Constantinopla.
PG 101-103: Focio de Constantinopla.
PG 104: Focio de Constantinopla, Pedro Sículo, Pedro de Argos, Bartolomeu de Edesa.
PG 105: Nicetas ('David') de Paflagonia, Teognosto, o Gramático, anónimo, Xosé, o Himnógrafo.
século X
PG 106: Joseppo, Nicéforo, o Filósofo, Andreas de Cesarea, Aretas de Cesarea, Xoán Xeometres, Cosmas Vestitor, León, o Patricio, Atanasio de Corinto, breves obras gregas anónimas.
PG 107: León VI de Bizancio.
PG 108: Teófanes o Confesor, autor descoñecido, León Gramático, antipapa Anastasio Bibliotecario.
PG 109: Scriptores post Theophanem (Teofanes Continuatus) (Edición de Combefisius).
PG 110: Xurxo Hamartolo.
PG 111: Nicolao I Mystikos, Basilio, bispo de Neai Patrai, Basilio (o menor), bispo de Cesarea, Gregorio, presbítero de Cesarea, Josephus Genesius, Moses Bar-Kepha de Siria, Teodoro Daphnopata, Nicéforo, presbítero de Constantinopla, Eutiquio de Alexandría, Xurxo Hamartolo.
PG 112: Constantino Porfiroxénito.
PG 113: Constantino Porfiroxénito (De Thematibus Orientis et Occidentis Libri Duo , Liber de Adminstrando Imperio , Delectus Legum Compendiarius Leonis et Constantini , Constantini Porphyrogeniti Novelle Constitutiones , Excerpta de Legationibus), Nicon, monxe en Creta, Teodosio, o diácono.
PG 114-116: Simeón Metafrastes.
PG 117: Emperador Basilio II, Emperador Nicéforo II, León, o Diácono, Hipólito de Tebas, monxe Xoán Xeorxides, Ignacio, o diácono, Nilo, o Eparca, Christophorous Protoasecretis, Michael Hamartolus, anónimo, Suidas.
PG 118: Oecumenio, bispo de Trikka.
PG 119: Oecumenio, bispo de Trikka, varios autores (patriarcas, bispos e outros) sobre o Ius Canonicum greco-romano.
século XI
PG 120: anónimo sobre a vida de Nilo, o Mozo, Teodoro de Iconio, León Presbítero, Leo Grammaticus, Presbítero Xoán, monxe Epifanio de Xerusalén, patriarca Aleixo de Constantinopla, Demetrio Sincelo, bispo de Cízico, Nicetas Cartofílax de Nicea, Patriarca Miguel I Cerulario de Constantinopla, Samonas, bispo de Gaza, León de Ácrida, arcebispo da Bulgaria, Nicetas Stetato, presbítero e monxe do Mosteiro de Studios, Xoán Mauropus, bispo de Eucaita, patriarca Xoán VIII de Constantinopla, diácono Xoán de Constantinopla, Simón o Novo Teólogo.
PG 121-122: Xurxo Cedreno.
PG 123-126: Teofilacto de Ácrida.
século XII
(o vol. 127 abrangue autores dos séculos XI e XII)
PG 127: Nicéforo Brienio, o Mozo, Constantino Manasés, Patriarca Nicolao III de Constantinopla, Luce VII, abade de Grottaferrata, monxe Nicon de Raithu, Anastasio, arcebispo de Cesarea, Nicetas Serronio, monxe Xacobo de Coccinobaphi, Filipo Solitario, monxe Xob, Grossolano, Irene Augusta, Emperador Nicéforo III Botaneiates, Nicetas de Side
PG 128-130: Eutimio Zigabeno.
PG 131: Eutimio Zigabeno, Ana Comnena.
PG 132: Teofanes Querameo, Nilo Doxapatris, Xoán, o Oxita, Patriarca de Antioquía, Emperador Xoán II Comneno, Isaac Católico da Armenia Magna
PG 133: monxe Arsenio do Mosteiro de Filoteú, Aleixo Aristeno, Lucas Crisoberxes, patriarca de Constantinopla, Teoriano Filósofo, Xoán Cínamo, Manuel I Comneno, Emperador Aleixo I Comneno, Emperador Andrónico I Comneno, Teodoro Pródromo.
PG 134: Xoán Zonaras.
PG 135: Xoán Zonaras, patriarca Xurxo II Xifilino, Emperador Isaac II Anxo, presbítero Neófito, Xoán Quilas, metropolita de Éfeso, Nicolao, metropolita de Modon, Eustacio de Tesalónica.
PG 136: Eustacio de Tesalónica, Antonio Melisa.
 
Patrologia Graeca
século XIII
PG 137-138: Teodoro Bálsamo.
PG 139: Isidoro de Tesalónica, Nicetas de Maronea, metropolita de Tesalónica, Xoán, bispo de Citro (Pidna), Marcos III de Alexandría, patriarca de Alexandría, Xoel, o Cronógrafo, Nicetas Coniates.
PG 140: Nicetas Coniates, grego anónimo, Miguel Coniates, arcebispo de Atenas, Teodoro, bispo de Alania, Teodoro, bispo de (S)Andide, Manuel Magno, Pantaleón, diácono de Constantinopla, patriarca de Constantinopla, patriarca Xermano II de Constantinopla, Miguel Cumno, metropolita de Tesalónica, Emperador Teodoro I Láscaris, monxe Metodio, Nicéforo II de Constantinopla, Constantino Acropolita, patriarca Arsenio I de Constantinopla, Xurxo Acropolita, Nicéforo Cumno, papas Alexandre IV e Sisto IV
PG 141: patriarca Xoán XI de Constantinopla, Constantine Meliteniotes, Xurxo Metoquites.
PG 142: patriarca Gregorio II de Constantinopla, patriarca Atanasio I de Constantinopla, Nicéforo Blemides.
século XIV
PG 143: Efraín Cronógrafo, Teolepto, metropolita de Filadelfia, Xurxo Paquimeres
PG 144: Xurxo Paquimeres, Teodoro Metoquites, Mateo Blastares.
PG 145: Mateo Blastares, monxe Teódulo, tamén chamado Thomas Magister, Nicéforo Calisto Xantópulo.
PG 146: Nicéforo Calisto Xantópulo.
PG 147: Nicéforo Calisto Xantópulo, monxes Calisto e Ignacio Xanthopuli, patriarca Calisto I de Constantinopla, Calisto Telicoudes, Calisto Catafixiota, monxe Nicéforo, Máximo Planudes.
PG 148: Nicéforo Gregoras.
PG 149: Nicéforo Gregoras, Nilo Cabasilas, Metropolita de Tesalónica, Teodoro de Melitene, Xurxo Lapita, o Chipriota.
PG 150: Constantino Armenopulo, Macario Crisocéfalo, metropolita de Filadelfia, patriarca Xoán XIV Calecas, Teófanes, arcebispo de Nicea, Nicolao Cabasilas, Gregorio Palamas.
PG 151: Gregorio Palamas, Gregorio Acindino, Barlaam de Seminara.
PG 152: Manuel Calecas, Xoán Ciparisiotes, Emperador Mateo Cantacuzeno, Cánones sinódicos e patriarcais e lexislación de varios patriarcas de Constantinopla (Xoán XIII Glykys, Isaías I de Constantinopla, Xoán XIV Calecas, Isidoro I de Constantinopla, Calisto I de Constantinopla, Filoteo I de Constantinopla).
PG 153: Xoán VI Cantacuzeno.
PG 154: Xoán VI Cantacuzeno, Filoteo, arcebispo da Selimbria, Demetrio Cidone, monxe Máximo Crisoberxes.
século XV
PG 155: Simeón, arcebispo de Tesalónica.
PG 156: Manuel Crisoloras, Xoán Canano, Manuel II Paleólogo, Xoán Anagnostes, Xurxo Sphrantzes.
PG 157: Xurxo Codino Curopalates, Miguel Ducas, o Historiador.
PG 158: Miguel Glicas, Xoán, diácono de Adrianopólis, Isaías de Chipre, monxe Hilarión, Xoán Arxiropulo, patriarca Xosé II de Constantinopla, monxe Xob, Bartolomeu de Xano, Ord. Minorum, Nicolao Bárbaro Patricio Véneto, anónimo sobre a vida Mehmed II.
PG 159: Laónico Calcondilas de Atenas, Leonardo Quiense, arcebispo de Mitilene, Isidoro de Tesalónica, Xosefo, bispo de Metone.
PG 160: patriarca Gregorio III de Constantinopla, patriarca Xenadio II de Constantinopla, Xemisto Pletón, Mateo Camariota, Marcos de Éfeso, metropolita de Éfeso, papa Nicolao V.
PG 161: Besarion, Xurxo de Trebisonda, Constantino Láscaris, Teodoro de Gaza, Andrónico Calisto.

Notas editar

  1. Cavallera, Ferdinando. "Apud Garnier Fratres". Patrologia Graeca Cursus Completus - Indices (en inglés). Paris. p. 21. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar