Patrick Patterson

baloncestista estadounidense

Patrick Davell Patterson, nado o 14 de marzo de 1989 en Washington, D.C., é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA). Antes, xogou na universidade para os Kentucky Wildcats.

Patrick Patterson
Portland Trail Blazers – No. 54
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 14 de marzo de 1989 (35 anos)
Washington, D.C.
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Huntington High School (Huttington, Virxinia Occidental)
Universidade Kentucky (2007–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Houston Rockets
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Houston Rockets (2010–2013)
Rio Grande Valley Vipers (2010)
Sacramento Kings (2013)
Toronto Raptors (2013–2017)
Oklahoma City Thunder (2017–2019)
Los Angeles Clippers (2019–2021)
Portland Trail Blazers (2021–presente)

Traxectoria editar

O 24 de xuño de 2010, Patterson foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 2010]] polos Houston Rockets. O 10 de novembro de 2010, Patterson foi asignado aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[1] Fixo o seu debut na NBA nun partido de regular o 15 de decembro de 2010, contra os Oklahoma City Thunder.[2]

Con Luis Scola mancado, Patterson xogou o seu primeiro partido coma titular na NBA cos Rockets o 14 de marzo de 2011, anotando 2 puntos e capturando 5 rebotes.[3] Despois de que os Rockets usaran a cláusula de amnistía sobre Scola, Patterson converteuse no ala-pivote titular dos Rockets na tempada 2012-13.

O 20 de febreiro de 2013, Patterson foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Toney Douglas e Cole Aldrich a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.[4]

O 9 de decembro de 2013, Patterson foi traspasado xunto a John Salmons, Greivis Vasquez e Chuck Hayes ós Toronto Raptors a cambio de Rudy Gay, Quincy Acy e Aaron Gray.[5]

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2010-11 Houston 52 16.7 .558 .000 .714 3.8 0.8 0.3 0.7 6.3
2011-12 Houston 64 23.2 .440 .000 .702 4.5 0.8 0.4 0.6 7.7
2012-13 Houston 47 25.9 .519 .365 .755 4.7 1.1 0.4 0.6 11.6
2012-13 Sacramento 24 23.2 .494 .444 .786 4.8 1.3 0.5 0.5 8.0
2013-14 Sacramento 17 24.4 .410 .231 .563 5.8 0.9 0.8 0.2 6.9
Total 204 22.3 .488 .341 .713 4.5 0.9 0.4 0.6 8.2

Notas editar

  1. "Interview With The Agent: Odell McCants". SportsAgentBlog.com. 2010-06-21. Consultado o 2010-07-09. 
  2. "Durant scores 32 as Thunder top Houston 117-105". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  3. "Yahoo! Sports box score". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  4. "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  5. "Raptors Acquire Vasquez, Salmons, Hayes & Patterson From Kings". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar