Patrice Lacombe

escritor canadense

Patrice Lacombe, nado en Oka o 20 de febreiro de 1807 e finado en Montreal o 6 de xullo de 1863, foi un escritor e notario quebequés. A súa novela máis importante é A terra paterna[1] (La Terre paternelle).

Infotaula de personaPatrice Lacombe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1807 Editar o valor em Wikidata
Quebec Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xullo de 1863 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Montreal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnotario , novelista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRoman du terroir (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 4375

Traxectoria editar

Estudou no instituto de Montreal de 1816 a 1825, onde destaca nas materias de linguas francesa e latina. Converteuse en notario en 1830, traballou ao servizo dos sulpucianos, ao levar a cabo o censo das súas propiedades. En 1835, casou con Léocadie Boucher, coa que non tivo fillo ningún.

En 1846, Lacombe publicou no Album littéraire de la Revue canadienne, a novela intitulada La Terre paternelle, pioneira do xénero literario denominado en francés roman du terroir, algo así como a novela agrícola canadense. Esta obra, que coñeceu diversas edicións, foi incluída en 1848 no denominado Répertoire national realizado por James Huston, unha antoloxía coa máis salientable literatura canadense do momento.

O crítico Maurice Lemire, no Dictionnaire biographique du Canada puxo en valor que Lacombe imitase o estilo dos grandes narradores franceses, como Honoré de Balzac ou Eugène Sue[2].

Notas editar

  1. Traducido ao galego por Marie Abraira, Hugin e Munin
  2. LEMIRE, Maurice, «Patrice Lacombe»

Véxase tamén editar

Bibliografía editar