Patrice Evra

futbolista francés

Patrice Latyr Evra, nado en Dakar o 15 de maio de 1981, é un futbolista senegalés nacionalizado francés.

Patrice Evra
Información persoal
Nome Patrice Latyr Evra
Nacemento 15 de maio de 1981
Lugar de nacemento Dakar
Altura 173 centímetros
Posición lateral
Na rede
IMDB: nm3452734 Facebook: PatriceEvraOfficial Twitter: Evra Instagram: patrice.evra TikTok: patriceevra FIFA: 212246 UEFA: 68468 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Patrice Evra é fillo dun diplomático, chegou axiña a Europa por Bruxelas onde o seu pai foi enviado cando el era moi novo. Foi criado en Les Ulis, departamento de Essonne, en Francia onde viviu dende 1984 até 1998. Evra empezou a súa carreira como futbolista no equipo xuvenil do Paris Saint-Germain antes de pasar ao S. C. Marsala, equipo da Serie C de Italia, onde comezou a facerse un nome e foi alcumado A Gacela Negra. A seguinte tempada xogaríaa no Monza da Serie B.

Foi traspasado ó Olympique de Niza e logo ó A. S. Monaco en 2002. No Monaco, Patrice foi parte do equipo que se coroou campión da Copa da liga de Francia e que chegou á final da liga de Campións da UEFA en 2004. Evra asinou un contrato co Manchester United o 10 de xaneiro de 2006 por preto de 5,5 millóns de libras e tres anos e medio de duración, proveniente do Monaco; xusto despois da adquisición de Nemanja Vidić. Fixo o seu debut o 14 de xaneiro cunha derrota por 3-1 contra o Manchester City na Premier League.

Fixo a súa primeira actuación en Old Trafford ante o Liverpool cunha vitoria por 1-0. Evra tivo dificultades en adaptarse ó estilo inglés, pero demostrou o seu gran rendemento na tempada 2006-07. O 29 de novembro de 2006, marcou o seu primeiro gol no equipo ante o Everton F.C. Recuperado dunha lesión, volveu ó campo de xogo o 10 de abril de 2007, no famoso partido da liga de Campións da UEFA ante a A. S. Roma, onde colaborou no 7-1 final. Posteriormente, gañaría a UEFA Champions League nesa mesma tempada, o título máis importante da súa carreira no Manchester United. O 21 de xullo de 2014, dáse por oficial a fichaxe de Evra pola Juventus de Turín. Tras dous anos e medio alí, decide abandonar a Vecchia Signora por falta de continuidade no último tempo, polo que a finais de xaneiro de 2017 acorda a súa saída e recala no Olympique de Marsella, marcando así o seu retorno a Francia.[1]

O 2 de novembro do 2017 foi expulsado nun partido do Marsella fronte ao Vitória Guimaraes pola Europa League 2017-18, porque no quecemento, pateou na cara a un afeccionado. Días despois foi despedido do Olympique de Marsella e sancionado sete meses pola UEFA.[2][3]

O 7 de febreiro do 2018 confírmase a súa fichaxe polo West Ham United da Premier League inglesa até o final da mesma tempada, con todo o 24 de maio do mesmo ano rescinde o seu contrato co club quedando libre ós 37 anos.

Notas editar