Coordenadas: 39°27′34″N 0°23′30″O / 39.4594, -0.391606

Patraix é o distrito 8 e tamén un barrio da cidade de Valencia, que inclúe, ademais de Patraix, aos barrios de Sant Isidre, Vara de Quart, Safranar e Favara. Foi unha vila independente até o ano 1870, ano no que se anexionou a Valencia a petición propia do Concello de Patraix.

Estación de ferrocarril de València-Sant Isidre, no barrio homónimo.

A poboación censada no 2009 era de 58.947 habitantes segundo o concello de Valencia.[1]

Localización e distribución editar

 
Situación do distrito na cidade de Valencia

Limita cara ao norte co distrito de L'Olivereta, ao sur cos distritos de Jesús e Pobles del Sud, ao leste con Extramurs e ao oeste co municipio de Xirivella.

O distrito de Patraix tiña 58.401 habitantes en 2007, divididos entre cinco barrios:

  • Patraix (25.429)
  • Sant Isidre (10.002)
  • Vara de Quart (10.916)
  • Safranar (8.641)
  • Favara (3.413)

Notas editar

  1. "Districte 08. Patraix" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar