O pato chupón, Aythya ferina, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos aitinos.

Pato chupón
Aythya ferina

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Aythyinae
Xénero: Aythya
Especie: A. ferina
Nome binomial
Aythya ferina
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Aythya ferina En verde, área de cría En azul escuro, área de ocupación permanente En azul, área de invernada
Área de distribución de Aythya ferina
En verde, área de cría
En azul escuro, área de ocupación permanente
En azul, área de invernada

Área de distribución de Aythya ferina
En verde, área de cría
En azul escuro, área de ocupación permanente
En azul, área de invernada
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 126 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas ferina.[2] [3][4]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Aythya.

O epíteto específico, ferina, está tirado do adxectivo latino frīnus, -a, -um "áspero", "agreste", "salvaxe".[5]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Anas ferina Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Athya ferina (Linnaeus, 1758)
  • Fuligula ferina Linnaeus, 1758
  • Nyroca ferina (Linnaeus, 1758)

Notas taxonómicas editar

Como quedou dito, a especie foi descrita por Linneo, incuíndoa no xénero Anas. Posteriormente fue trasladada ao xénero Aythya, creado por Friedrich Boie en 1822.[6]

É unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.[7]

Características editar

É un pato mergullador de tamaño medio, co pescozo relativamente curto e unha característica cabeza de forma triangular. Mide entre 42 e 49 cm de longo e tene unha envergadura alar de 72 a 82 cm.[8][9]

O macho adulto ten a cabeza e o pescozo dunha cor castaña avermellada. A maior parte da súa plumaxe é gris clara, salvo dúas zonas negras nas súas partes frontal (peito e parte superior do manto) e caudal. Ten o pico longo, cunha ancha franxa escura na súa base seguida por unna banda gris abracazada e a punta negra. O iris dos seus ollos é vermello. A femia adulta ten a parte frontal parda (cabeza, colo e peito) e a traseira parda agrisada, con algunhas zonas máis claras no rostro, especialmente unha liña branca ao redor dos ollos (que forma, ás veces, o deseño duns anteollos), e na zona media do cuerpo. O seu pico ten a zona gris máis estreita ca do macho, e os seus ollos son castaños. O macho en plumaxe de eclipse parécese á femia, aínda que co dorso máis gris e sen marcas claras no rostro.

O macho é característico entre os parrulos europeos pola cabeza e o pescozo de cor castaño-vermella, o peito negro e o lombo da cor da prata, o bico escuro e os ollos vermellos. É de aspecto semellante a dúas especies americanas: Aythya americana e Aythya valisineria.

É unha das especies incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA).

Distribución e hábitat editar

 
Macho e femia en plumaxe reprodutivo
 
A cor dos ollos e do pico, e a característica forma da súa cabeza, diferénciano doutras especies similares

O pato chupón común é unha ave migratoria como a maioría dos patos. A espeices europeas son patos mergulladores que se alimentan principalmente de plantas acuáticas.

A área de cría de Anas ferina esténdese por unha ampla franxa de Eurasia, desde o sur de Escandinavia e as illas Británicas, percorrendo o interior de Asia, os arredores do lago Baikal até o sueste de Siberia e o norte da China. Os principais centros reprodutivos en Europa son Bélxica, os Países Baixos, partes do norte e do leste de Francia e a Europa central e oriental. En cambio, no oeste de Francia, España e Portugal, só hai unha zonas diseminadas onde cría e é máis habitual encontralo só como un visitante invernal.[10]

No límite setentrional da súa área de distribución percorre o golfo de Botnia, o centro de Finlandia e Carelia e se prolonga até o sur de Siberia. Nas últimas décadas a especie ampliou a súa área de distribución cara ao oeste a ao norte, ocupando o sur de Suecia nas décadas de 1920 e 1930. Desde 1954, a especie reprodúcese tamén de forma esporádica en Islandia. A colonización dalgunhas zonas de Francia levouse a cabo só nas últimas décadas do século XX.[10]

Os patos chupóns son aves migratorias que pasan o inverno en zonas do sur e o oeste de Europa, África do Norte, chegando incluso a algúns lugares ao sur do Sáhara, como Senegal, Malí e o lago Chad, e a totalidade da conca do Nilo, e tamén chegan a gran parte do sur de Asia, chegando até o sur da China, e tamén alcanzan as illas do extremo oriente: Sakhalin, o arquipélago xaponés, Taiwán e Hainan, chegando até Luzón no norte das Filipinas.[10]

O seu hábitat de reprodución son os lagos e lagoas tanto someros como relativamente profundos con vevetación densa circundante. Fóra da época de cría pode encontrarse ademais de nos lagos en todo tipo de auga doce abertos e ríos de augas lentas, ademais de en marismas salobres, albufeiras e baías resgardadas.

Na Península Ibérica editar

Na Península Ibérica cría en áreas restrinxidas do leste, no centro e na desembocadura do río Guadalquivir.

Poboación na Galiza editar

Na Galiza o pato chupón é unha ave invernante habitual a partir do mes de novembro. A súa poboación invernante está a medrar debido a que a especie atópase en expansión. Actualmente cría localizadamente no noroeste da provincia de Ourense.

Bioloxía editar

Comportamento editar

 
Os patos chupóns son torpes en terra por ter as patas en posición traseira para mergullarse mellor
 
A femia coida en solitario da súas crías
 
Ovos de Aythya ferina

Son aves gregarias, que forman grandes bandadas en inverno, moitas veces mesturadas con outras especies de patos mergulladores como Aythya fuligula, co que ás veces hibrida.

Alimentación editar

Aliméntanse mergullándose en augas pouco profundas tanto de día como pola noite. A súa dieta componse principalmente de plantas acuáticas que toman do fondo, en profundidades entre 1 e 3,5 m, aínda que a complementan (aproximadamente nun 15%) con pequenos animais como insectos acuáticos, pequenos peixes e moluscos.[11]

Aínda que seu voo é rápido e potente, a engalaxe da auga é difícil, e a maioría só consegue elevarse tras moito esforzo patexando na auga.

Por iso, e a diferenza doutros patos, estes adoitan mergullarse para escapar dun perigo inminente.

Reprodución editar

O pato chupón alcanza a madurez sexual tras o primeiro ano de vida, aínda que na maioría dos casos reprodúcese por primeira vez no seu terceiro ano de vida. A partir de entón establece distintas parellas cada temporada.[12]

Os emparellamentos prodúcense en marzo, cando os patos europeos chegaron aos seus cuarteis reprodutivos. O cortexo nupcial redúcese a algúns movementos de cabeza do macho, acompañados de asubíos nasais. O vínculo da parella só dura o período primaveral. O macho abandona á femia en canto empeza a incubación, e ela se encargará soa da crianza da niñada.

A localización do niño é elixido pola femia. Sitúao entre a vexetación da ribeira, ben sexa xusto sobre a auga na vexetación flotante, o ben escondido nalgún illote. Raramente fai o niño dentro dun tronco ou lomxe da beira. Constrúe o niño acumulando plantas acuáticas, ramiñas e herba seca, e recobre seu interior con penuxe.

A posta adoita realizarse entre maio e xuño, e normalmente é de seis a nove ovos. A eclosión prodúcese tras vinte e cinco días de incubación. Os patiños son nidífugos, e pronto seguen á súa nai e son capaces de voar ás dez semanas.

O exemplar anelado máis lonxevo encontrouse no Reino Unido e tiña vinte e dous anos e tres meses.[12]

Nome común noutras linguas editar

  • Alemán: Tafelente
  • Danés: Taffeland
  • Español: Porrón común
  • Finlandés: Punasotka
  • Francés: Fuligule milouin
  • Húngaro: Barátréce
  • Inglés: Pochard
  • Italiano: Moriglione
  • Lituano: Rudagalve antis
  • Neerlandés: Tafeleend
  • Noruegués: Taffeland
  • Polaco: głowienka, kaczka rdzawogłowa
  • Portugués: zarro, zarro comum, zarro-comum

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Aythya ferina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii p. 126.
  3. 3,0 3,1 Aythya ferina (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 8 de decembro de 2022.
  4. Aythya ferina (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consultada o 8 de decembro de 2022.
  5. ferino en nome.me/pt.
  6. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
  7. Frank Gill & David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List. Versión 5.1.
  8. Mark Beaman & Steve Madge (1998): Guía de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-2820-946-4, p. 142.
  9. Berte Bruun & Arthur Siger (1971): Guía de las aves de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, p. 58.
  10. 10,0 10,1 10,2 Erich Rutschke (1988): Die Wildenten Europas – Biologie, Ökologie, Verhalten. Wiesbaden: Aula Verlag. ISBN 3-8910-4449-6, pp. 251-253,
  11. Ogilvie, Malcolm A. (1986). "Tufted Duck". En Lack, Peter. The Atlas of Wintering Birds in Britain and Ireland. Londres: T & AD Poyser. p. 104. ISBN 978-1-4081-3828-1. Consultado o 8 de decembro de 2022. 
  12. 12,0 12,1 Hans-Günther Bauer, Einhard Bezzel & Wolfgang Fiedler, eds. (2005): Das Kompendium der Vögel Mitteleuropas: Alles über Biologie, Gefährdung und Schutz. Tomo 1: Nonpasseriformes – Nichtsperlingsvögel. Wiesbaden: Aula-Verlag Wiebelsheim. ISBN 3-8910-4647-2, pp. 111-113.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. (Ducks, Geese and Swans). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
  • del Hoyo, J., Elliot, A. & Sargatal, J. (1992): Handbook of the Birds of the World, Volume 1: Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-10-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar