Paterson, Nova Jersey
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Paterson é unha cidade do estado de Nova Jersey, nos Estados Unidos de América. É a sede e cidade máis poboada do condado de Passaic, con 146.199 habitantes segundo o censo do 2010. Paterson é coñecida como Silk City ("A cidade da seda") pola súa posición dominante na produción de seda a finais do século XIX.
Paterson (en) | |||||
Nomeado en referencia a | William Paterson (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova Jersey | ||||
County of New Jersey (en) | Condado de Passaic (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 159.732 (2020) (7.082,57 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 45.627 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 22,552823 km² | ||||
Auga | 3,1709 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 32 m | ||||
Comparte fronteira con | West Paterson (pt) Haledon (pt) Prospect Park (pt) Hawthorne (pt) Fair Lawn (pt) Totowa (pt) Elmwood Park (pt) Clifton (pt) | ||||
Creación | 1792 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Andre Sayegh (pt) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07543, 07509, 07544, 07501, 07522, 07503, 07510, 07501, 07533, 07502, 07504, 07510, 07513, 07505 e 07514 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 973 e 201 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | patersonnj.gov |
Historia editar
Durante a Segunda guerra mundial a economía revitalizouse grazas á fabricación de motores de avións, pero unha vez rematada a guerra, a crise que afectou a todo o país pasou tamén factura á cidade. Nos anos 70 o problema do desemprego era crítico, situación que non mellorou moito hoxe en día.
Xeografía editar
Paterson atópase ao sur do condado de Passaic, dentro da área metropolitana de Nova York. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos a área total da cidade é de 22,6 km², dos cales 21,9 km² son de terra e o resto, 0,8 km², é auga.
Demografía editar
Segundo o censo do ano 2010, había 146.199 habitantes, 44.329 fogares e 33.353 familias residindo na cidade. Cunha densidade de poboación de 6.826,4/km², Paterson é a terceira cidade máis densa dos Estados Unidos entre as maiores de 100.000 habitantes, só por detrás de Nova York e San Francisco.
Grupos étnicos editar
O 34,68% dos habitantes son brancos, o 31,68% afroamericanos, o 3,24% asiáticos, o 1,06% nativos americanos e o resto doutras etnias. A porcentaxe de hispanos é do 57,63%, a maior parte procedentes do Perú, Colombia, República Dominicana e Porto Rico.
Paterson na cultura popular editar
O filme de 2016 Paterson, dirixido por Jim Jarmusch, foi filmado na cidade. Conta a historia dun condutor de bus chamado Paterson que escribe poesía no seu tempo libre.