Pascual Veiga

compositor galego

Pascual Veiga Iglesias, nado en Mondoñedo o 9 de abril de 1842 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1906, foi un compositor galego, autor da música do Himno galego e doutras composicións como Alborada Gallega, coñecida tamén como Alborada de Veiga. É considerado o pioneiro do rexurdimento musical galego.[1]

Pascual Veiga
Nacemento9 de abril de 1842 e 1842
 Mondoñedo
Falecemento12 de xullo de 1906 (64 anos)
 Madrid
Soterradocemiterio vello de Mondoñedo
NacionalidadeEspaña
Composicións destacadasHimno galego
Alborada Gallega
FillosJulio Veiga Valenzano
Na rede
BUSC: veiga-pascual-1842-1906 Musicbrainz: 27da72af-4c6b-4f94-8316-8c4080c850cf Discogs: 2753154 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Compositor de talento precoz, comezou a compoñer sendo un neno, e ao longo da súa vida fundou numerosas agrupacións orquestrais e corais como o Orfeón Coruñés.[2]

Traxectoria editar

 
Placa na casa natal de Pascual Veiga en Mondoñedo.

Pascual Veiga naceu en Mondoñedo o 9 de abril de 1842, comezando os seus estudos musicais a unha idade moi temperá como neno de coro da Catedral de Mondoñedo baixo a dirección de José Pacheco, daquela mestre de capela na catedral mindoniense.[3] Foi na súa vila natal onde comezou a súa formación como organista, que continuou despois en Covadonga e finalmente na Coruña.[4]1864 como organista da Colexiata de Santa María del Campo. Ao pouco, con 13 anos, comezou a impartir clases na capela catedralicia, primeiramente de solfexo e máis tarde de harmonía.[5] Foi nesta época cando realizou a súa primeira composición, o Septenario á Virxe das Dores.[3][5]

En 1864 Veiga marchou á Coruña a causa dunha relación que mantivo Eustorgia Acebo Parga, a filla dun avogado e promotor inmobiliario da súa cidade natal que á súa morte en 1855 encomendáralle ao seu irmán cura velar dela e os seus outros catro fillos. O cura, chamado Alejo, opúñase á relación, xa que o estudante de medicina Víctor Salvatierra Freire pretendía a Eustorgia,[a] e ameazou e infrinxiu castigos físicos á súa sobriña co obxectivo de poñer fin á relación. Non sendo capaz de acabar coa relación entre ambos encerrou a Eustorgia no mosteiro de Valdeflores, en Viveiro, e alentou unha campaña en contra de Veiga, que daquela era membro do coro da catedral. O compositor xurou que non regresaría á súa cidade natal.[6] No momento en que se estableceu na cidade herculina comezou a traballar como organista da Colexiata de Santa María do Campo.[4]

En 1865 casou na Coruña con Juana Valenzano.[7] Un dos fillos da parella, Julio Veiga Valenzano, foi concertino da Orquestra de afeccionados da 'Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos' da Coruña, a primeira orquestra sinfónica de Galicia.[8][9]

En 1880 estreou a súa obra máis coñecida, a Alborada Gallega (tamén coñecida como Alborada de Veiga) durante os Xogos Florais de Pontevedra dese ano.[b] A Alborada sería posteriormente presentada na Exposición Universal de París de 1889 co Orfeón Coruñés dirixido polo propio Veiga, onde gañou o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro.[4]

O 19 de decembro de 1881 fundou na Coruña a Coral Polifónica El Eco.[10]

En 1892 estableceu a súa residencia en Madrid logo de conseguir unha praza como mestre no Conservatorio de Música da capital española.[4]

Fundou e dirixiu varios orfeóns, cos que recibiu numerosos premios. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos.

Morte editar

 
Tumba de Pascual Veiga no cemiterio vello de Mondoñedo.

Pascual Veiga morreu na probrez en Madrid o 12 de xullo de 1906 e foi enterrado no cemiterio da Almudena. Á súa morte, o semanario mindoniense La Voz de Mondoñedo e Antonio Noriega Varela solicitaron colaboración para o enterro do compositor e dous meses despois as comunidades galegas da Arxentina e Cuba comezaron a recadar cartas para o traslado dos seus restos e erixir un mausoleo na súa memoria na súa cidade natal. Esta iniciativa perdeu forza ata que en 1911 o xornalista e político compostelán Alfredo Vicenti sinalou que os restos de Veiga poderían ir parar a unha fosa común, o que supuxo un novo pulo á iniciativa.[11]

O 16 de setembro de 1912 os seus restos eran exhumados en Madrid, e logo de depositalos nunha caixa de madeira de carballo, e o día seguinte partiron en tren cara a Mondoñedo. As persoas designadas polo Concello e familiares de Veiga recibiron os restos en Baamonde, dende onde partiron cara á cidade episcopal, onde esa mesma tarde depositaron os seus restos na catedral, onde a xente lle rendeu homenaxe. O 18 de setembro celebráronse os funerais, nos que o deán da catedral de Santander pronunciou unha galeguista oración fúnebre, logo da cal membros de orfeóns galegos trasladaron o féretro ao cemiterio, no que o impulsor do traslado dos restos de Veiga, Alfredo Vicenti, pronunciou un discurso en nome das comunidades galegas na Arxentina e Cuba, que achegaran unha considerable dotación ecoonómica para homenaxear ao músico. Finalmente a comitiva trasladouse á súa casa natal, onde se colocou unha placa no seu honor entre discursos coa intervención dun orfeón e a "Banda de Música do Rexemento de Isabel a Católica" interpretou o himno galego.[6]

Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nun mausoleo adicado polos seus admiradores e paisanos.

Obra editar

Pascual Veiga é considerado unha das personalidades máis representativas do nacionalismo musical galego, e o iniciador en Galicia do xénero do poema sinfónico. Se ben compuxo en moitos xéneros, as dúas obras máis coñecidas do compositor son a Alborada Gallega e o Himno galego, este último sobre un texto de Eduardo Pondal.[4] A Alborada considerouse dende o momento da súa composición como a máxima representación dos sentimentos galegos e converteuse nunha das pezas musicais galegas máis populares. Existen dúas versións da obra: unha coral e outra instrumental.[4]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Víctor Salvatierra Freire converteríase posteriormente en Médico de Mondoñedo e fundador da Sociedad de Socorros de Obreros, así como alcalde de Lourenzá.[6]
  2. A obra foi estreada baixo o nome Estrela coruñesa, por ser o título da poesía de Francisco María de la Iglesia sobre a que compuxo a melodía o compositor mindoniense.[4]
Referencias
  1. Xunta de Galicia, ed. (7 de marzo de 2007). "Noticias: Na primeira xornada do congreso". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2007. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  2. Biografías y vidas (ed.). "Pascual Veiga" (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Pascual Veiga Iglesias (1842 – 1906)". Concello de Mondoñedo. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Villoch, Isabel. "Pascual Veiga. Nacionalismo musical galego". Consello da Cultura Galega. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Pascual Veiga". Galegos. Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Amor prohibido, un cura intolerante y una joven recluida en Valdeflores ". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de decembro de 2015. Consultado o 13 de maio de 2021. 
  7. Tarrío, José M. (1998). "Casamientos en la vieja Coruña" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (21): 151. ISSN 1130-7625. Consultado o 9 de maio de 2021. 
  8. Crisanto Gándara, Xosé (17 de mayo de 2013). "La primera orquesta sinfónica de Galicia". mundoclasico.com (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2021. 
  9. García, R. (16 de outubro de 2001). "Una nieta de Pascual Veiga dona a Galicia la partitura original del Himno Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2021. 
  10. Ferreiro, Luis P. (16 de decembro de 2010). "Los ecos de Pascual Veiga". La Opinión (en castelán) (A Coruña). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  11. Fernández , Martín (20 de decembro de 2015). "El Himno Gallego cumple hoy 108 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2021. 
  12. Boletín Oficial do Parlamento de Galicia n.º 280, 31/5/1984

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar