Pascual II, papa

papa

Pascual II, nado co nome de Raniero de Bleda en Bleda di Santa Sofia en 1050 e finado en Roma o 21 de xaneiro de 1118, foi Papa da Igrexa católica do 1099 ao 1118.

Infotaula de personaPascual II, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Paschalis II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1053 ↔ 1055 Editar o valor em Wikidata
Galeata () Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1118 Editar o valor em Wikidata (58/68 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor em Wikidata
160º Papa
13 de agosto de 1099 – 21 de xaneiro de 1118
← Urbano IIXelasio II →
Cardeal
1073 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarca da Toscana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1099–), escritor , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónOdon de Châtillon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
9 de marzo de 10881088 papal election (en) Traducir
24 de maio de 10861086 papal election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era monxe dun mosteiro cluniacense situado na Toscana cando foi nomeado cardeal por Gregorio VII en 1076. Durante o seu reinado continuou coa loita polo dereito de investidura, e con este obxectivo instou ao segundo fillo do emperador Henrique IV a se sublevar contra o seu pai.

En 1090 presidiu como legado pontificio o concilio celebrado en León e asistiu ós funerais en honor de García II de Galiza.[1]

O 1105, o sublevado Henrique V convocou unha Dieta en Maguncia para solucionar o enfrontamento co seu pai, que finalizou coa abdicación de Henrique IV a favor do seu fillo Henrique V. Pola Igrexa, a caída dun rival do talle de Henrique IV foi tan importante que Pascual II, crendo que significaría o final do "conflito das investiduras", cometeu o grave erro de recoñecer a Henrique V sen lle esixir antes o recoñecemento que o dereito a investir eclesiásticos era privativo do pontificado.

Henrique V non estaba disposto a ver recortados os seus dereitos e continuou efectuando nomeamentos de bispos invocando os dereitos históricos malia as continuas proclamacións do Papa prohibindo as investiduras laicas. Este enfrontamento proseguiu ata que, en 1110, Henrique V se dirixiu cara a Roma á fronte de todo o seu exército coa intención de facerse coroar emperador por Pascual II.

O febreiro do 1111 Pascual II chegou a un acordo con Henrique V segundo o cal a Igrexa volvería todas as posesións e dereitos que recibira do Imperio desde tempo de Pipino o Breve a cambio da renuncia do emperador aos seus dereitos históricos de investidura. Tamén se estableceu que logo da firma do convenio, o Papa coroaría emperador a Henrique na Catedral de San Pedro.

Pero ao coñecer os termos do acordo, produciuse un levantamento popular que obrigou a Henrique a abandonar Roma levándose a Pascual II como prisioneiro. Ao cabo de sesenta días de prisión, o Papa cedeu ante o emperador mediante a firma dun tratado no que aceptaba a investidura imperial, coroábao emperador e comprometíase a non excomungar nunca Henrique V.

As condicións aceptadas por Pascual II provocaron unha onda de indignación entre os partidarios da reforma gregoriana, que conseguiron que nun concilio celebrado en Letrán o 1112 se declarasen nulos os termos do acordo para posteriormente, noutro concilio celebrado en Vienne, excomungar a Henrique; aínda que Pascual non confirmou a excomuñón ao considerar que sería romper a súa promesa.

O 1113, Pascual recoñeceu a Orde dos Hospitalarios de San Xoán.

Cara ao final do pontificado, en 1115, morreu a condesa Matilde de Tuscia deixando todos os seus territorios á Igrexa. Pero, Henrique V, alegando un acordo secreto, dirixiuse a Roma para considerarse herdeiro lexítimo da condesa. Isto obrigou a Pascual II a fuxir da cidade, non volvendo ata poucos días antes da súa morte, o 21 de xaneiro de 1118.


 
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Northup, George T. (1920). The Imprisonment of King García. Modern Philology. 7 (en inglés) 17 (The University of Chicago Press). pp. 394, 401.