Pasar

novela de Nella Larsen

Pasar[1] (en inglés: Passing) é unha novela[2][3][4] da autora estadounidense Nella Larsen, publicada orixinalmente en 1929. Ambientada no barrio de Harlem da cidade de Nova York durante a década de 1920, a historia céntrase na reunión de dúas amigas da infancia, Clare Kendry e Irene Redfield, e a súa crecente fascinación polas vidas da outra. O título fai referencia á práctica da "passing" ou asimilación racial, e é un elemento chave na novela, xa que o intento de Clare Kendry de pasar como branca para o seu marido, John (Jack) Bellew, é a representación máis significativa da novela, e un catalizador para os acontecementos tráxicos.

Pasar
Título orixinalPassing
Autor/aNella Larsen
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Knopf
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. abril de 1929
Galicia 2017
FormatoTapas duras
Páxinas160
ISBNISBN 978-1604599947 (en)
ISBN 978-8494541179 (gl)
TraduciónCarlos Valdés García
editar datos en Wikidata ]

As distintas formas de vivir e concibir a maternidade son un dos vectores que caracterizan e diferencian as dúas protagonistas principais.[5]

A exploración racial de Larsen fundaméntase na propia herdanza racial mixta da autora e ó incremento da práctica do "passing" na década de 1920. Eloxiada dende a súa publicación, a novela é vista como referencial pola súa complexa representación da raza, do xénero e da sexualidade, e é obxecto dunha considerable crítica académica. Como unha das dúas únicas novelas que escribiu Larsen, Pasar foi especialmente significativa á hora de colocar á súa autora á vangarda de varios canons literarios.

Foi traducida ó galego por Carlos Valdés García[6] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2017.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Pasar. Traducido por Carlos Valdés García (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2017. ISBN 978-8494541179 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Larsen, Nella (2007). Kaplan, Carla, ed. Passing: Authoritative Text and Critical Context. Nova York, NY: Norton. 
  3. Rottenberg, Catherine (2003). "Passing : Race, Identification, and Desire". Criticism 45 (4): 435–52. doi:10.1353/crt.2004.0025. 
  4. McIntire, Gabrielle (2012). "Toward a Narratology of Passing: Epistemology, Race, and Misrecognition in Nella Larsen's Passing". Callaloo 35 (3): 778–94. doi:10.1353/cal.2012.0078. 
  5. "Motherhood, Security, and Freedom". LitCharts (en inglés). Consultado o 2021-01-17. 
  6. Irmás Cartoné (ed.). "Pasar, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019. 

Bibliografía editar