Parvalbumina

composto químico
PARVALBUMINA [1]
Parvalbumina
Identificadores
Símbolo PVALB
Entrez 5816
HUGO 9704
OMIM

168890

RefSeq NM_002854
UniProt P20472
Outros datos

A parvalbumina é unha proteína albumina que se une ao calcio e ten un baixo peso molecular de só 9-11 kDa. Esta pequena proteína estable ten sitios de unión ao calcio de tipo man EF e está implicada na sinalización por calcio.

A parvalbumina está implicada no recoñecemento das presas nas serpes Thamnophiine. Unha serpe Nerodia fasciata está aquí lambendo primeiro un isco cuberto de parvalbumina e despois intentando atrapalo.[2]

Ten tres motivos man EF e está estruturalmente relacionada coa calmodulina e a troponina C. A parvalbumina está localizada nos músculos de contracción rápida, onde os seus niveis son os máis altos, e tamén no encéfalo e nalgúns tecidos endócrinos.

A proteína comprende tres dominios, chamados dominios AB, CD e EF, cada un dos cales contén un motivo hélice-bucle-hélice.[3] O dominio AB ten unha deleción de dous aminoácidos na rexión bucle, mentres que os dominios CD e EF conteñen as porcións N-terminal e C-terminal, respectivamente.[3]

As proteínas que se unen ao calcio como a parvalbumina xogan un papel en moitos procesos fisiolóxicos, principalmente na regulación do ciclo celular, produción de segundos mensaxeiros, contracción muscular, organización de microtúbulos e fototransdución.[1] As alteracións da función das neuronas que expresan parvalbumina foron implicadas en varias áreas de interese clínico como a enfermidade de Alzheimer,[4] déficit cognitivo relacionado coa idade e algunhas formas de cancro.[3]

Localización e función editar

 
Pvalb exprésase no núcleo reticular do tálamo no rato postnatal de 56 días. Allen Brain Atlas[5]
 
No cerebelo do rato adulto a Pvalb exprésase nas células de Purkinje e na capa molecular de interneuronas. Allen Brain Atlas.[5]

A parvalbumina (PV) está presente en interneuronas GABAérxicas do sistema nervioso, especialmente no tálamo reticular,[6] e exprésase predominantemente nas células candieiro e nas células cesta do córtex. No cerebelo, a parvalbumina exprésase nas células de Purkinje e na capa molecular de interneuronas.[7] No hipocampo, as interneuronas PV+ subdivídense en células cesta, axo-axónicas, biestratificadas, e do oriens-lacunosum molecular (células O-LM); cada un destes subtipos ten como diana distintos dominios de células piramidais.[8]

As conexións das interneuronas PV son principalmente perisomáticas (arredor do corpo celular das neuronas). A maioría das interneuronas PV teñen un pico rápido no potencial de acción. Crese tamén que orixinan as ondas gmma que se rexistran nos electroencefalogramas (EEG).

As interneuronas que expresan parvalbumina representan aproximadamente o 25% das células GABAérxicas no cortex prefrontal dorsolateral de primate.[9][10]

Outros marcadores proteicos que se unen ao calcio son a calretinina (o subtipo máis abondoso no córtex prefrontal dorsolateral, aproximadamente o 50%) e a calbindina. As interneuronas divídense tamén en subgrupos segundo a expresión de neuropéptidos como a somatostatina, neuropéptido Y, colecistoquinina.

Patoloxías editar

Atopouse un decrecemento da expresión de parvalbumina e GAD67 en interneuronas GABAérxicas PV+ na esquizofrenia.[11][12] A parvalbumina foi identificada como un alérxeno que causa alerxia ao peixe.[13]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cates MS, Berry MB, Ho EL, Li Q, Potter JD, Phillips GN (October 1999). "Metal-ion affinity and specificity in EF-hand proteins: coordination geometry and domain plasticity in parvalbumin". Structure 7 (10): 1269–78. PMID 10545326. doi:10.1016/S0969-2126(00)80060-X. 
  2. Smargiassi, M. T.; Daghfous, G.; Leroy, B.; Legreneur, P.; Toubeau, G.; Bels, V.; Wattiez, R. (2012). Permyakov, Eugene A, ed. "Chemical Basis of Prey Recognition in Thamnophiine Snakes: The Unexpected New Roles of Parvalbumins". PLoS ONE 7 (6): e39560. doi:10.1371/journal.pone.0039560. PMC 3384659. PMID 22761824.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cates MS, Teodoro ML, Phillips GN (March 2002). "Molecular mechanisms of calcium and magnesium binding to parvalbumin". Biophys. J. 82 (3): 1133–46. PMC 1301919. PMID 11867433. doi:10.1016/S0006-3495(02)75472-6. 
  4. Verret L, Mann EO, Hang GB, Barth AM, Cobos I, Ho K, Devidze N, Masliah E, Kreitzer AC, Mody I, Mucke L, Palop JJ (2012). "Inhibitory interneuron deficit links altered network activity and cognitive dysfunction in Alzheimer model". Cell 149 (3): 708–21. PMC 3375906. PMID 22541439. doi:10.1016/j.cell.2012.02.046. 
  5. 5,0 5,1 Mous brain map Pvalb
  6. Cowan, Ronald L.; Wilson, Charles J.; Emson, Piers C.; Heizmann, Claus W. (8 December 1990). "Parvalbumin-containing gabaergic interneurons in the rat neostriatum". The Journal of Comparative Neurology 302 (2): 197–205. doi:10.1002/cne.903020202. 
  7. Schwaller B, Meyer M, Schiffmann S (2002). "'New' functions for 'old' proteins: the role of the calcium-binding proteins calbindin D-28k, calretinin and parvalbumin, in cerebellar physiology. Studies with knockout mice". Cerebellum 1 (4): 241–58. PMID 12879963. doi:10.1080/147342202320883551. 
  8. Klausberger T, Marton LF, O'Neill J, Huck JH, Dalezios Y, Fuentealba P, Suen WY, Papp E, Kaneko T, Watanabe M, Csicsvari J, Somogyi P (2005). "Complementary roles of cholecystokinin- and parvalbumin-expressing GABAergic neurons in hippocampal network oscillations". J. Neurosci. 25 (42): 9782–93. PMID 16237182. doi:10.1523/JNEUROSCI.3269-05.2005. free full text
  9. Condé F, Lund JS, Jacobowitz DM, Baimbridge KG, Lewis DA (1994). "Local circuit neurons immunoreactive for calretinin, calbindin D-28k or parvalbumin in monkey prefrontal cortex: distribution and morphology". J. Comp. Neurol. 341 (1): 95–116. PMID 8006226. doi:10.1002/cne.903410109. 
  10. Gabbott PL, Bacon SJ (1996). "Local circuit neurons in the medial prefrontal cortex (areas 24a,b,c, 25 and 32) in the monkey: II. Quantitative areal and laminar distributions". J. Comp. Neurol. 364 (4): 609–36. PMID 8821450. doi:10.1002/(SICI)1096-9861(19960122)364:4<609::AID-CNE2>3.0.CO;2-7. 
  11. Hashimoto T, Volk DW, Eggan SM, Mirnics K, Pierri JN, Sun Z, Sampson AR, Lewis DA (2003). "Gene expression deficits in a subclass of GABA neurons in the prefrontal cortex of subjects with schizophrenia". J. Neurosci. 23 (15): 6315–26. PMID 12867516. 
  12. Nakazawa, K; Zsiros, V; Jiang, Z; Nakao, K; Kolata, S; Zhang, S; Belforte, JE (2011). "GABAergic interneuron origin of schizophrenia pathophysiology.". Neuropharmacology 62 (3): 1574–83. PMC 3090452. PMID 21277876. doi:10.1016/j.neuropharm.2011.01.022. 
  13. Swoboda I, Bugajska-Schretter A, Verdino P, Keller W, Sperr WR, Valent P, Valenta R, Spitzauer S (2002). "Recombinant carp parvalbumin, the major cross-reactive fish allergen: a tool for diagnosis and therapy of fish allergy". J. Immunol. 168 (9): 4576–84. PMID 11971005. doi:10.4049/jimmunol.168.9.4576. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Parvalbumins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
  • Baig, I.; Bertini, I.; Del Bianco, C.; Gupta, Y. K.; Lee, Y. M.; Luchinat, C.; Quattrone, A. (2004). "Paramagnetism-Based Refinement Strategy for the Solution Structure of Human α-Parvalbumin†". Biochemistry 43 (18): 5562–5573. doi:10.1021/bi035879k. PMID 15122922.