Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

Partido político

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG)
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderCamilo Nogueira
Historia
Fundación1984
Disolución1996
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo democrático
Federalismo
Nacionalismo galego
Socialdemocracia
Ecoloxismo
Pacifismo

Traxectoria editar

Celebrou o seu Congreso Constituínte o 24 de xuño de 1984 da fusión de Esquerda Galega e o Partido Socialista Galego, logo dun período de conversas que durou un ano. O seu principal dirixente foi Camilo Nogueira.

En 1993 formou con sectores galeguistas de centro unha nova Unidade Galega, e nas eleccións xerais e autonómicas de 1993 concorreu na coalición UG-EU, diante o fracaso electoral unha parte da organización confluíu con EU formando Esquerda Unida-Esquerda Galega e a outra integrouse no BNG como Unidade Galega. Ese mesmo ano o partido tiña un total de 1130 militantes en 67 agrupacións locais, a máis numerosa era a de Vigo con 160 militantes[1].

 
Adhesivo dos Colectivos de Xuventude do PSG-EG co lema "Mulleres pola paz". O partido tiña unhas fortes conviccións pacifistas.

Resultados electorais editar

Eleccións Votos % Deputados/concelleiros Alcaldes
Eleccións municipais de 1983 en Galicia[a] 28.995 2,21%
48 / 4.033
2 / 312
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 71.599 5,71%
3 / 71
-
Eleccións xerais de 1986 45.574 3,57%
0 / 350
-
Eleccións municipais de 1987 en Galicia 57.062 4,25%
60 / 4.040
1 / 312
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 50.047 3,79%
2 / 75
-
Eleccións xerais de 1989 34,.131 2,59%
0 / 350
-
Eleccións municipais de 1991 en Galicia 39.116 2,83%
48 / 4.033
1 / 313
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993[b] 44.902 3,09%
0 / 75
-
Eleccións xerais de 1993[c] 74.605 4,75%
0 / 350
-

Notas editar

  1. No momento da celebración destas eleccións o partido aínda non existíia. Os resultados son a suma dos obtidos polo Partido Socialista Galego, Esquerda Galega e a Agrupación Nacionalista Galega de Narón (que se uniu ao partido en 1985). Coa fundación do PSG-EG todos estes concelleiros pasaron a formar parte da nova organización.
  2. Na coalición Unidade Galega-Esquerda Unida.
  3. Na coalición Unidade Galega-Esquerda Unida.
Referencias
  1. Beramendi, J. G., & Seixas, X. M. N. (1996). O nacionalismo galego. Edicions A Nosa Terra, Promocions Culturais Galegas, SA.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar