Partido Socialista (Francia)

O Partido Socialista (PS) é un partido político francés de esquerda e centro esquerda[1]. É o partido do presidente entre 2012 e 2017 François Hollande.

Partido Socialista
Parti socialiste
Partido político de Francia
Dirixentes e organización
LíderHarlem Désir
MocidadesMouvement des jeunes socialistes
Filiación internacionalInternacional Socialista
Partido Socialista Europeo
Historia
Fundación1969
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialdemocracia,
Socialismo democrático,
Federalismo europeo,
Internacionalismo,
Progresismo
Representación
Deputados
274 / 577
Senadores
128 / 348
Eurodeputados
14 / 74
Presidentes dos Consellos Xerais
54 / 101
Presidentes dos Consellos Rexionais
20 / 27
Outros datos
Sede10, rúa de Solférino
75007 París
Na rede
parti-socialiste.fr
Facebook: partisocialiste Twitter: partisocialiste Instagram: partisocialiste Telegram: partisocialiste Youtube: UCo7xGEOV-RfxOAxRfhlR3Ww Editar o valor em Wikidata

O PS ten a súa orixe no pensamento socialista, fíxose cargo da Sección Francesa da Internacional Obreira, fundada en 1905 por Jean Jaurès. O congrès d'Alfortville creou un Novo Partido Socialista en 1969, a SFIO renomeouse como Partido socialista, no congrès de Issy-les-Moulineaux. En 1971, no congreso de Épinay, chamado « congreso de unificación dos socialistas », o PS ampliouse coa integración doutros partidos políticos socialistas.[2] Baseou a súa acción política na unión da esquerda e a elaboración dun programa común de goberno co Partido comunista. Designaron como secretario xeral a François Mitterrand, representando á oposición dende 1971 ata 1981 e ao goberno durante os seus dous mandatos de sete anos, dende 1981 ata 1995. Volveu outra vez ao goberno dende 1997 a 2002 (goberno de Jospin) e a partir de 2012, coa vitoria electoral de François Hollande.

Os seus aliados tradicionais son o Partido radical de esquerda, o Partido Comunista Francés, e máis recentemente o Movemento republicano e cidadán e Europa Ecolóxica - Os Verdes. Foi en 2012 o primeiro partido político de Francia en número de votos e o segundo en número de afiliados.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar