Partido Reformista Democrático

O Partido Reformista Democrático (PRD) foi un partido español de centro-dereita liderado por Miquel Roca. Presentouse ás eleccións xerais de 1986 en toda España agás en Cataluña e Galicia xa que alí os seus referentes eran CIU e Coalición Galega respectivamente e obtivo 194.538 votos (0,96%), insuficiente para conseguir escano e tras do cal desapareceu.