Partido Comunista de Austria

O Partido Comunista de Austria (en alemán: Kommunistische Partei Österreichs, ou KPÖ) é un partido comunista austríaco. Fundado en 1918, foi prohibido entre 1933 e 1945 baixo o réxime austrofascista, e o dominio alemán en Austria na segunda guerra mundial. Tivo un importante papel na resistencia contra os nazis e o fascismo.

Partido Comunista de Austria
Kommunistische Partei Österreichs
Partido político de Austria
Dirixentes e organización
LíderDirección conxunta de Melina Klaus e Mirko Messner
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación3 de novembro de 1918
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Eurocomunismo
Outros datos
SedeDrechslergasse 42
A-1140 Viena
Na rede
http://www.kpoe.at/

O partido publica un periódico chamado Volksstimmen (anteriormente Volksstimme) e preséntase ás eleccións, porén, non tivo representación parlamentaria federal dende 1959. Despois de perder o seu último representante no parlamento estatal, en Estiria en 1970, converteuse nun movemento marxinal con escasa importancia política. Nas eleccións celebradas o 22 de novembro de 2002 para o Consello Nacional, conseguiu só o 0.56% dos votos (27.568 dos 4.909.645), moi por debaixo do 4% mínimo para ter representación no Consello Nacional. Porén, conseguiu un 20% dos votos nas eleccións locais de Graz, no 2003, conservando esta fortaleza no 2012,[1] e no 2005 volveu por primeira vez en 35 anos ao parlamento estatal, despois de conseguir o 6.3% dos votos en Estiria.

Forma parte do Partido da Esquerda Europea.

Eleccións recentes editar

Resultados das últimas eleccións
Ano Localización Porcentaxe de votos recibidos
2006 Austria 1.01% (  0.45%)
2005 Viena 1.47% (  0.83%)
2005 Estiria 6.32% (  5.31%)
2004 Europa 0.78% (¿  ?)
2004 Carintia 0.6% (¿  ?)
2003 Alta Austria 0.80% (¿  ?)
2003 Baixa Austria 0.77% (¿  ?)
2004 Tirol 0.70% (¿  ?)
2002 Austria 0.56% (  0.08)

Despois de chegar ao seu mínimo histórico na maioría das eleccións da década de 1990, o KPÖ recuperou pouco a pouco. Dende o 2 de outubro de 2005, o partido está representado con catro escanos en Estiria. Debido a este éxito rexional e á repercusión que tivo nos medios de comunicación, o KPÖ logrou o 1.47% dos votos nas eleccións de Viena do 23 de outubro de 2005. Esta duplicación dos votos debeuse en parte en que se rebaixou a idade mínima para votar aos 16 anos, por primeira vez. O partido conseguiu de novo representación nos distritos, algo que non lograba dende 1991.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar