Os partenias ou partenios (en grego antigo οἱ Παρθενίαι, hoi Partheníai, literalmente «fillos de virxes», é dicir de mozas novas non casadas) foron na antiga Grecia unha clase da poboación espartiata de rango inferior, quen segundo as fontes gregas partiron para fundar a cidade de Tarento na Magna Grecia, na rexión actual de Apulia, en Italia. Trátase, pois, dos mozos nados fóra de matrimonio durante a primeira guerra mesenia e que dan nome á Revolta dos Partenias (-708 - -706), segundo a tradición recollida polos antigos historiadores gregos.

Orixe dos partenias editar

 
Murallas da cidade de Mesene, capital da antiga rexión de Mesenia.

Polo menos, tres fontes históricas distintas relatan a súa orixe:

  • A máis antiga corresponde a Antíoco de Siracusa (contemporáneo de Tucídides, e citado por Estrabón), segundo a cal, durante a primeira guerra mesenia (finais do século -VIII[1]), tacharon de covardes a aqueles que non combateran, e á súa descendencia. Antíoco refire que, «durante a guerra de Mesenia, os lacedemonios que non tomaran parte na campaña foron convertidos por lei en escravos e recibiron o nome de hilotas, en tanto que a todos aqueles nenos que naceran durante a expedición, os chamaron partenias e decretouse a privación dos seus dereitos cidadáns» [2].

Os partenias foron, por tanto, os primeiros tresantes (trementes), categoría que agrupaba aos covardes e aos que foran excluídos da comunidade dos Homoioi, «os Iguais». Máis adiante, os partenias conxuráronse contra os Iguais e, descubertos, serían expulsados de Esparta, de onde partiron para a fundación citada supra. O seu establecemento en Tarento —non desmentido pola arqueoloxía— datouse, tradicionalmente, no ano -706. Véxase infra, a sección sobre os detalles da Revolta dos partenias relatada por Estrabón.

  • Estrabón, cuxo testemuño recolle o de Éforo de Cumas (século -IV), é oposto ao de Antíoco[3], citado tamén por Polibio[4], Xustino [5] e Dionisio de Halicarnaso [6]. Segundo este último, os espartiatas xuraron, durante a citada guerra, non volver á casa ata que non lograsen a vitoria. A guerra se eternizaba e a demografía de Esparta estaba ameazada (oligantropía), polo que os espartiatas repatriaron aos guerreiros que non prestaran xuramento. Ordenáronlles unirse con todas as mozas novas. Os nenos que naceron destas unións foron designados co nome de partenias.
  • Por último, a terceira tradición mencionada por Mario Servio Honorato ou tamén polos Heráclidas, di que os partenias eran bastardos nacidos das unións de mulleres espartiatas durante as guerras de Mesenia, cos seus escravos. Esta información é idéntica á narración da orixe dos locrios da Magna Grecia.

Existen variantes a este tres tradicións: por exemplo, Mario Servio Honorato, durante a narración da segunda tradición, cualifícaos de pais de escravos. Aristóteles parece adherirse á primeira tradición: cando foi descuberto o complot foron enviados a Tarento[7]. Precisa que os partenias «son descendentes dos Iguais» (ἐκ τῶν ὁμοίων), pero a expresión non está clara. Parece que para Aristóteles fosen inferiores dentro da clase política dos homoioi, sen que se saiba a razón que, por outra banda, non esgrime. O mesmo motivo da conxura non está aclarado nas fontes. O historiador Paul Cartledge suxire que a repartición de lotes de terras (os kleros) de Mesenia podería ser desigual, feito que causaría o seu descontento. Finalmente, Xustino e Diodoro Sículo indican que os feitos tiveron lugar durante a segunda guerra mesenia (segunda metade do século -VII, e non na primeira[8]. En todas estas versións, o papel das mulleres é fundamental. Os partenios son en esencia os fillos das mulleres solteiras. Os pais, pola súa banda, xa fosen covardes, mozos espartiatas ou escravos... en calquera caso ocupaban nos polis un lugar marxinal. O seu mundo era, segundo, Pierre Vidal-Naquet, un «mundo investido».

Revolta dos partenias editar

Os fillos dos espartiatas que rexeitaran o combate na primeira guerra mesenia foron degradados na escala social. A Apella espartana (asemblea) decretou a privación dos seus plenos dereitos como Iguais.

Os partenias formaban un grupo numeroso —Estrabón non precisa a cantidade— e urdiron unha conspiración contra os Iguais (os cidadáns de pleno dereito). A continuación exponse o detalle dos sucesos narrados por este xeógrafo grego:

A fundación de Tarento editar

 
Estatero incuso de Tarento, c. -510 - -500.

Moitos autores dan por certo que os partenias foron expulsados e que non se lles encomendou o obxectivo de fundar unha colonia. Aristóteles indica que foron «enviados a fundar Tarento», conforme á tradición grega aconsellada por Platón, e que consiste, en caso de problemas políticos, en enviar aos sediciosos a fundar unha colonia ben lonxe da metrópole.[9] Ou a presenza dos partenias en Esparta causou un verdadeiro problema, xa fose debido a un complot, ou á súa existencia per se, perturbando o corpo social e cívil. Ademais, sábese que os fundadores de Tarento implantaron o culto de Apolo Xacinto (Hyakinthos), tradicionallmente celebrado en Amiclas. Segundo palabras de Paul Cartledge «un certo nacionalismo amicleo existiría entre os partenias», quen ademais sostén que a fundación de Tarento foi aprobada por Esparta a posteriori» .

Segundo a pasaxe estraboniano, os partenias foron conducidos por Falanto, o oikistés («fundador da cidade»), conforme ao consello do oráculo de Delfos, como era tradicional nun movemento de poboación en prol dunha colonización. Segundo certas versións, o oráculo sinalaría a localización de Satirio, situada a 12 km máis aló de Taras. O descubrimento de cerámica da época xeométrica tardía en Satirio acredita a tese dunha breve etapa nestes lugares antes da instalación de emigrantes de orixe grega de etnia doria en Tarento, que ocuparon unha posición xeográfica única. A área xeográfica ofrecía un porto ben protexido e con boas comunicacións terrestres. Os iapixios, poboación autóctona, foron expulsados antes do ano -700, se este suceso pode, de feito, sustentarse no descubrimento de cerámica laconia do xeométrico tardío na acrópole da cidade. Ademais, os lazos entre Esparta e Tarento foron moi estreitos. Era a única colonia lacedemonia, sen dúbida porque a conquista de Mesenia resultou inútil, polo menos temporalmente, até a procura de novas terras.

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. Estrabón, Xeografía vi.3.2. = fr. 13 Felix Jacoby
  2. Sobre o particular, véxase atimia
  3. Estrabón op. cit. vi.3.3
  4. Historias, xii.6b.5
  5. III, 4, 3
  6. XIX, 2–4
  7. Aristóteles, Política, 1306 b 28
  8. Diodoro Sículo, Biblioteca histórica viii.21.
  9. Platón, Leis, 735 f.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jean Bérard, La Colonisation de l'Italie méridionale et de la Sicile dans l'Antiquité, París, éd. de Boccard, 1957 (segunda edición), p. 162-175.
  • Paul Cartledge, Sparta and Lakonia. A Regional History 1300 to 362 BC, Routledge, Nova York, 2002 (primeira edición, 1979), ISBN 0-415-26276-3.
  • Simon Pembroke, « Locres et Tarente, le rôle des femmes dans la fondation de deux colonies grecques », en Annales. Économies, sociétés, civilisations, número 25 (1970), p. 1240-1270.
  • Bjørn Qviller, «Reconstructing the Spartan Partheniai: many guesses and a few facts», en Symbolæ Osloenses, núméro 71 (1996), p. 34-41.
  • Pierre Vidal-Naquet, «Esclavage et gynécocratie entre la tradition, le mythe, l'utopie », en Le Chasseur noir. Formes de pensée et formes de société dans le monde grec, La Découverte, coll. «Poche», 2005 (primeira edición 1981), ISBN 2-7071-4500-9, p. 278–281.
  • Pierre Wuilleumier, Tarente, des orixines à la conquête romaine, éd. De Boccard, París, 1939, p. 39-47.