Parques Nacionais da República de Irlanda

Os Parques Nacionais da República de Irlanda son seis e conforman unha rede de espazos protexidos de alto valor ecolóxico en Irlanda. Por data de nomeamento, o máis antigo deles é o de Killarney, establecido en 1932. Dende entón, outros cinco foron constituídos, sendo o máis recente o de Ballycroy. O máis pequeno é o coñecido como The Burren que conta con 15 km².

Localización dos parques nacionais en Irlanda.

Listaxe de parques editar

Nome Imaxe Condado Superficie Ano de constitución
Ballycroy   Condado de Mayo 110 km² 1998
Connemara   Condado de Galway 30 km² 1990
Glenveagh   Condado de Donegal 170 km² 1984
Killarney   Condado de Kerry 105 km² 1932
The Burren   Condado de Clare 15 km² 1998
Montañas Wicklow   Condado de Wicklow 205 km² 1991

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar