Parque Natural da Serra de Andújar
Serra de Andújar | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural | ||
Ano de constitución: | 28 de xullo de 1989 | ||
Superficie: | 74.774 hectáreas | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | España | ||
Provincias: | Xaén | ||
Concellos: | Andújar, Baños de La Encina, Marmolejo, Villanueva de La Reina | ||
Ríos: | Jándula, Yeguas | ||
Picos | Serra Quintana (1290 metros) | ||
Direccións de interese: | Centro de Visitantes "Las Viñas de Peñallana". Estrada de Andújar - Santuario km 12,4. | ||
Teléfonos: | 953 54 90 30 |
O Parque Natural da Serra de Andújar atópase en Andalucía. Esténdese pola provincia de Xaén.
Flora editar
A formación forestal máis estendida é o bosque mediterráneo, dominado pola aciñeira, os carballos ananos e as sobreiras. Tamén se pode atopar o cerquiño e o Piñeiro manso.
Fauna editar
O mamífero máis importante é o lince ibérico, sendo o lobo, pola contra escaso. O gamo e o muflón son especies cinexéticas reintroducidas. Entre os réptiles salientar o lagarto ocelado e o lagarto Verdinegro.