Parque Nacional das Tablas de Daimiel

O Parque Nacional das Tablas de Daimiel é un parque nacional español que protexe a zona húmida homónima, as Tablas de Daimiel. O parque nacional atópase situado nos termos de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Cidade Real, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É ademais zona de especial protección para as aves (ZEPA) e parte da Reserva da Biosfera A Mancha Húmida.

Néboa densa nas Tablas de Daimiel

As Tablas son un dos últimos representantes dun ecosistema denominado táboas fluviais que se forman ao desbordarse os ríos nos seus tramos medios, favorecidos por fenómenos de semiendorreísmo e a escaseza de pendentes. A zona húmida fórmase na confluencia do río Guadiana e o seu afluente Gigüela e é un dos ecosistemas acuáticos máis importantes da Península Ibérica pola variedade e calidade da fauna e flora que habitan nela, así como por aquelas aves que a empregan nos pasos migratorios.

Con todo, a supervivencia do parque periga debido á sobreexplotación dos acuíferos que provoca que sen achegue artificial de auga, a reserva sufra duras secas. Debido a esta degradación, o 22 de outubro de 2009 a Comisión Europea abre un expediente a España,[1] mentres que a UNESCO xa expresara con anterioridade a posibilidade de retirar a figura de reserva da biosfera.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar